venres, 18 de marzo de 2011

Hoxe comezan as Festas de San Xosé en Teixeiro

Na tarde-noite de hoxe comeza unha das primeiras festas populares galegas do ano na nosa zona; antesala do que será o "On Tour 2011" que nos permite disfrutar de diversos e variopintos lugares dunha ampla zona que sobresae pola súa gran calidade no que a festas e orquestras se refire.
Para ir abrindo boca as 20.00 horas haberá unha churrascada popular para de seguido dar paso á verbena coa orquestra SAMBA. Unha vez rematada a actución desta formación tomará o esceario DJ GUELEZ para amenizarlle a noite a tod@s aqueles que aínda non se queiran ir para a casa.
Xa no metidos no mediodía de mañá DÍA DE SAN XOSÉ logo da misa solemne haberá sesión vermouth a cargo da orquestra MARFIL. Pola noite de novo a orquestra MARFIL será a formación encargada de facer bailar os asistentes á festa. Como broche de ouro a 2 días de música será MAGICK DJ o encargado de pechar as festas de San Xosé 2011.

A organización encargada da elaboración destas festas é a Comisión de Festas Xuventude 2011 os cales informan que o campo estará cuberto con carpa para evitar posibles adversidades meteorolóxicas.

Boa fin de semana e se vos apetece pasádevos por Teixeiro.

Ningún comentario: