xoves, 17 de marzo de 2011

Dámoslle a benvida a Primavera



Achégase o cambio de estación e parece que ven acompañada de sol e altas temperaturas (polo menos iso é o que din diversas webs de contido meteorolóxico). Voulle dar unha especial benvida a estación do ano que máis me gusta (igual é porque foi na que nacín) con un tema fresquiño fresquiño que ten uns pequenos "samplers" da mítica lambada pero con un toque actual da man da incombustible Jennifer López e de Pitbull (que ultimamente está nunha parte importante de colaboracións musicais).

En 4 días estreamos estación e seguro que tamén tremendas e positivas sensacións, que vos divirtades.

Sede bos!

1 comentario:

vero86 dixo...

Esta canción pégaseche e non a das sacado da cabeza, gústame!