mércores, 2 de febreiro de 2011

Zapateiro ós teus zapatos

Creo que a día de hoxe a ninguén se lle escapa que non todos os famosos son Eduardo Punset. É innumerable a cantidade de futbolistas, cantantes, frikis varios ou xente do corazón que teñen un don especial para meter o zoco ata o fondo, falar de cousas que nin lles vai nin lles ven meténdose en terreos fangosos.
Operación Triunfo foi cuna de moitos destes "ilustrados" e un dos seus mellores representantes é David Bisbal que fixo no seu Twitter un desacertado e innecesario comentario sobre Exipto e todo o que alí está a acontecer. As críticas non tardaron en chegar ó seu propio Twitter e os vaciles de centos de persoas fóronse acumulando ata que o almeríense borrou as entradas logo de pedir perdón. Ademáis acabouse picando respondendo con un "el insulto es lo único que os queda... además de tiempo libre". Queda moi claro que a xente ten moito inxenio, e senón lede algunha das frases que lle deixaron a "riciños de ouro" no seu Twitter.
Eu onte no meu Facebook bauticeino coma "David Berenxenal" pola súa facilidade para meterse en camisas de once varas.
Deixovos aquí un comentario de opinión de hoxe de La Voz de Galicia (moi acertado ó meu entender)

El desliz de Bisbal en Twitter

Atrapado en la Red. Bisbal comenta siempre lo que hace en Twitter y se atreve con todo. Sobre Egipto, con altura de miras, dijo: «Nunca se han visto las pirámides de Egipto tan poco transitadas. Ojalá que pronto se acabe la revuelta». El error egipcio de Bisbal pronto fue objeto de chanza por miles de twitteros. Los comentarios crueles batieron récords. A los españoles, a ingenio e ironía no nos gana nadie. Así, sobre su dominio internacional, le dijeron perlas como que Bisbal «sigue buscando un Corte Inglés en Inglaterra». O «fui a Nueva York y no vi la gran manzana. ¿Se la habrán comido los gusanos?». O «cuando viajo en avión no se ven las líneas que separan los países. Deberían de pintarlas de nuevo». O «viendo en Londres el Big-Ben, es increíble que de ahí se formase un universo». O «estoy en Orlando y no encuentro la fábrica de tomate por ningún lado». O «con razón se llama Sudán, con el calor que hace». O «pienso, luego Egipto». Hay cientos, y muchos le sacarían los colores a los mejores guionistas. Bisbal reaccionó y demostró que quien se pica ajos come. Soltó caliente a los twitteros: «El insulto es lo único que os queda y también mucho tiempo libre». Es el riesgo de ser un cantante, y no dedicarte solo a cantar.

P.D: cada un que atenda ó seu, que penso que ben lle chega...

2 comentarios:

vero86 dixo...

Onte lin no xornal este mesmo artículo que puxeches na entrada e pareceume boísimo! Encántanme os artículos que escribe César Casal e este é un dos mellores.

A pesares de todo, teño que romper unha lanza en favor de David. Os comentarios que lle puxeron son moi inxeniosos, pero é ben sabido que a ingnorancia é moi mala. E seguro que el puxo esa frase coa mellor intención e sen saber realmente nin de que vai a revolta, nin que é o que pasa. Iso quedou ben ás claras, pero xa digo que a ignorancia é moi mala e a súa metedura de zoca non deixa de ser unha anécdota un tanto desafortunada. Non sexades tan duros con el jeje.

P.D.: Que ninguén pense con isto que o defendo porque son unha fan acérrima e non vexo por outro ollo que non sexa Bisbal eh! Que nada máis alonxado da realidade jaja.

Unknown dixo...

Seguro que non o fixo con mala intención pero as veces as cousas hainas que analizar un par de veces antes de expoñelas en público..., en fin el que se adique as súas "bulerías" e seguro que lle irá mellor.