martes, 1 de febreiro de 2011

Sobrado na tv

O programa "Desde Galicia para el mundo" (TVE), "Desde Galicia para o mundo" (TVG2) estivo hai un par de semanas por Sobrado para facer unha reportaxe que saiu este sábado. Os que non tivestes a oportunidade de velo e queredes facelo remítovos a súa web www.galiciaparaelmundo.com tedes que baixar ata o final da páxina e na marxe dereita hai 3 videos relacionados con Sobrado titulados do seguinte xeito: "Sobrado", "Sobrado al pie del camino" e "A la sombra del monasterio". Comentar que me tocou chupar cámara e tamén micro. O da cámara estaba pactado, o do micro pilláronme "de estrangis" e o que so ían ser un par de frases pasou a ser todo o día rodando en galego e en castelán con un frío e unha choiva que non paraban os demos ( hai momentos no Bocelo e no Campelo que case non dou nin articulado -había -2º alí arriba-). Graciñas a directora Rocío Rodríguez e a cámara Marta Ares que se portaron de cine ó longo de todo o día e que fixeron un traballo colosal o enfocar o noso pobo de cara a rutas de natureza.

3 comentarios:

vero86 dixo...

E fai una horiña ou así, sacaron Oza dos Ríos e algúns dos seus veciños na Solaina da TVG jeje. A un km da casa, e eu véndoos pola tele jaja.

vero86 dixo...

A todo isto, Sobrado precioso eh! Menudo paseo te debiches pegar "monte a través" coa néboa que había e co frío que papaches. É que tamén, para haber -2º, non ías un pelín desabrigado? Facíache falta unha bufanda! jeje
Que mágoa que non fixeran a reportaxe en primaveira ou verán, así os nenúfares da lagoa aparecerían floreados! Encántanme ;) (E tampouco pasarías tanto frío...)

Unknown dixo...

Ía moi desabrigado pero por obligación, tiña que aparecer con esa roupa..., menos mal que a camiseta térmica salvoume un pouco a papeleta..., aínda así temblaba e iso que non son nada frioleiro.
Estou de acordo en que o paisaxe en primaveira sería estupendo, os nenúfares con flor da Lagoa de Sobrado son todo un espectáculo que hai que ver en vivo e en directo.

Saudos