xoves, 10 de febreiro de 2011

Despedida en Gijón

Logo de unha cea-reunión do "Comité de Sabios" para ultimar os preparativos de unha das dúas despedidas que se lle farán a Javi decidiuse que de novo "Asturies" será o destino elexido.
Quedou bo sabor de boca (e non falo so da sidra máis das abundantes viandas que nos metimos entre peito e espalda) da despedida de Pirulo que fixemos a cabalo entre Oviedo e Gijón. Desta volta eleximos única e exclusivamente Gijón. Serán dúas noites as que pernoctaremos na fermosa cidade asturiana e estamos acabando de configurar o listado de personaxes que estarán na próxima aventura que se vaticina trepidante.

Non faltará a sidra (como grandes amantes que somos dela) no barrio pescador de Cimadevilla, a excelente comida astur, as copichuelas de rigor, a marcha que rodea a praia de San Lorenzo (na que máis de un xa quixo hai un par de anos disputar un partido de fútbol praia a primeiras horas da mañá nada máis sair da Otto) e algunhas "sorpresiñas" para o noivo..., jajaja. Javi, preparate chaval, e vaite poñendo a remollo...
Saudos


3 comentarios:

vero86 dixo...

Pola última frase... o novio xa pode porse a tremer! jeje

Unknown dixo...

E tanto que sí Vero, hoxe tiven a oportunidade de falar con él vía telefónica e a súa voz delataba que xa se vai dando conta que o día achégase..., jejeje.

vero86 dixo...

jeje pobriño, metédeslle presión ata por teléfono para poñelo nervioso, vaia amigos!! jaja