mércores, 23 de febreiro de 2011

Dani Aranzubía entra con letras de ouro na historia do R.C. Deportivo



Supoño que veríades unha e mil veces o gol que marcou o porteiro do Deportivo Dani Aranzubía á U.D.Almería pasados 4 minutos dos 90 regulamentarios e que a postre lle dou un punto ó equipo branco e azul.
Este gol supón o primeiro da historia da Liga Española no que un porteiro marca coa cabeza. A nivel personal queríalle rendir unha pequena homenaxe a Dani, non so polo gol do outro día (un gol que como dixen o domingo no momento de marcar, parece o guión de unha película americana) senón por todo o que está a parar desde que chegou a Coruña. É un dos pilares fundamentais deste Deportivo actual. A portería está ben gardada, temos porteiro!
Déixovos este video que me pon a pel de galiña.

Grande Dani!

Ningún comentario: