luns, 28 de febreiro de 2011

A Porra: xornada 18 (mércores 2 e xoves 3 de marzo)

Sen case descanso entre unha xornada e outra de liga temos Porra entre semana. O partido da xornada será o apaixoante Valencia - Barcelona que se disputará o mércores en Mestalla. Non vos despistedes a facer os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

Valencia - Barcelona * PARTIDO DA XORNADA

Osasuna - Deportivo

R. Madrid - Málaga

Getafe - Atlético

A Porra: Alberto está en racha e xa se ubica na segunda plaza

Tan so Alberto foi quen de sumar puntos na xornada 17 da porra logo de acertar o resultado Athletic - Valencia. Con estes 3 novos puntos Alberto suma 18 e sitúase na segunda plaza da clasificación empatando a puntos con quen vos escribe.

ATENCIÓN: ESTE MÉRCORES E XOVES HAI NOVA XORNADA DE LIGA POLO TANTO HABERÁ PORRA

RESULTADOS:

Deportivo 0 - R. Madrid 0 * PARTIDO DA XORNADA
Mallorca 0 - Barcelona 3
Athletic 1 - Valencia 2
Atl. Sobrado 1 - Larín B 0

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 23
2. Alberto, Lato 18
3. Esteban 17
4. Pitus 14
5. Emilio 9
6. Ferreiro9 3
7. Gadel 0

venres, 25 de febreiro de 2011

A Lei Antitabaco no punto de mira



Vinlle ó gran Riki de Melide este video no seu Facebook polo que non dubidei un segundo en que tamén debería estar neste blog. O entrañable Don Pedro deixanos a súa particular versión controvertida Lei Antitabaco en Codigo TV.

Saudos

xoves, 24 de febreiro de 2011

O pelo é o primeiro



De novo a web da revista El Jueves ponnos na pista dos intríngulis do fútbol. Desta volta descubrimos o porqué dunha acalorada discusión que tivo o hoxe xogador do Besiktas turco José María Gutiérrez "Guti" no Sánchez Pizjuan de Sevilla cando aínda vestía a camisola do R. Madrid.

Grazas a Vero86 por compartir o enlace.

mércores, 23 de febreiro de 2011

Dani Aranzubía entra con letras de ouro na historia do R.C. Deportivo



Supoño que veríades unha e mil veces o gol que marcou o porteiro do Deportivo Dani Aranzubía á U.D.Almería pasados 4 minutos dos 90 regulamentarios e que a postre lle dou un punto ó equipo branco e azul.
Este gol supón o primeiro da historia da Liga Española no que un porteiro marca coa cabeza. A nivel personal queríalle rendir unha pequena homenaxe a Dani, non so polo gol do outro día (un gol que como dixen o domingo no momento de marcar, parece o guión de unha película americana) senón por todo o que está a parar desde que chegou a Coruña. É un dos pilares fundamentais deste Deportivo actual. A portería está ben gardada, temos porteiro!
Déixovos este video que me pon a pel de galiña.

Grande Dani!

"Estes" atrévense con todo

Chámame poderosamente a atención a nova que sae hoxe na Voz. Como ben sabedes o vindeiro domingo celébrase unha nova edición dunha das festas gastronómicas galegas máis importantes: o Cocido de Lalín.
Destaca sobremaneira que un restaurante chino da capital do Deza ofrecerá tamén os seus clientes o archiconocido "Cocido de Lalín" pero desta volta non lle darán o seu toque persoal senón que contarán con unha cociñeira da zona que xa solicitou os productos necesarios para facer un manxar como Deus manda...
E a miña pregunta é: HAI ALGO QUE SE LLES RESISTA OS CHINOS?

Deixovos a nova completa:

CURIOSIDAD

El restaurante chino de Lalín se atreve con el cocido
Xiao Nam Guo comenta que hay que atender a lo que el cliente demanda.

El domingo Lalín será una fiesta y el cocido el rey de la mesa en la inmennsa mayoría de los hogares y en los restaurantes. Tanto es así que en los últimos días a los establecimientos que ofrecen este reputado plato se unió City Chino, el único restaurante oriental con el que cuenta la capital dezana, y que el domingo ofrecerá también cocido. Xiao Nam Guo comenta que hay que atender a lo que el cliente demanda y además de buffet libre el establecimiento ofrece el tradicional cocido lalinense. El precio. 25 euros por persona. Pero que no se preocupen los más puristas, por que en este cocido no habrá fusión con la cocina oriental sino de un cocido gallego en toda regla. Xiao Nan explica que cuentan para tal tarea con una experta cocinera de la zona que de momento ya les mandó una lista detallada de todos los ingredientes que necesitan y en la que se encuentran cacheiras, rabos, orejas, lacones o chorizos, entre otros muchos. El pedido de la carne lo hará a Embutidos Lalinense y esta cocinera se encargará también de dirigir las labores de desalado y posteriormente todo el proceso del cocido que servirán el domingo. El restaurante cuenta con unas 130 plazas.

martes, 22 de febreiro de 2011

Aínda estou flipando!



Quedei coa boca aberta cando vin este video que me mandou por correo electrónico meu primo Félix de Ponferrada. Sen lugar a dúbidas que ver este espectáculo en directo ten que ser o "non vai máis".

Disfrutadeo!

Como cambia a vida...



Se hai algún tempo me preguntan cal artista ou formacións musicais xamáis tería en conta no meu blog ou o que é o mesmo, que me negaría a insertar un video deles ademáis de Camela (por supostísimo) eu diría a Britney Spears. Nunca me foi a súa música (e mira que son de bo dente que me gusta case de todo) nin a súa posta en escea.
Por eso, aínda non saio do meu asomo co novo tema que acaba de quitar para este 2011 "Hold It Against Me" que desde a primeira vez que a escoitei enganchoume. E quedei a cuadros o día que me enterei que esta canción que a miña cabeza tarareaba e necesitaba saber o nome da súa autora non era outra que Britney Spears.
Eu penso que parte de culpa ten o seu ritmo discoqueteiro, alonxado do que antes a "rubiales" nos tiña acostumados. Vai ser un dos temas referencia de esta primaveira-verán e cansarémonos de oilo ata a saciedade. Por incrible que parece aquí vos deixo a Britney Spears co seu novo hit.

Saudos

luns, 21 de febreiro de 2011

Os cans falan



Ollade este video e veredes que é certo o que digo. Terei que practicar co meu Toby para comezar a ter unha conversa como Deus manda...

Que teñades bo comezo de semana.

A Porra: xornada 17

Na vindeira xornada da Porra destaca sobremaneira o Deportivo - R. Madrid que se xogará o sábado as 22.00 horas no Estadio de Riazor. Será o partido da xornada. Volverá o Deportivo a victoria fronte o R. Madrid ou volverán a gañar os merengues na cidade herculina logo de 18 anos sen facelo?
Ide facendo os vosos pronósticos:

PARTIDOS:

Deportivo - R. Madrid * PARTIDO DA XORNADA

Mallorca - Barcelona

Athletic - Valencia

Atl. Sobrado - Larín "B"

Sorte!



A Porra: xornada movida

Xornada moi rica en acertos onde ata 4 participantes tivemos a fortuna de atinar con algún dos resultados dos partidos que estaban en xogo. De novo e unha xornada máis, o líder Finito, que está intratable acertou o resultado do Almería - Deportivo polo que se vai ata os 23 puntos na clasificación xeral abrindo marxe co resto de perseguidores. Seu primo Pitus non quixo ser menos e acertou o R. Madrid - Levante xogado na tarde-noite do sábado. As máximas puntuacións de esta xornada tivemolas Alberto e "o menda" que acertamos o Barcelona - Athletic que era o partido da xornada co cal nos permite sumar 6 puntos que veñen realmente ben.

Estes foron os RESULTADOS:

Almería 1 - Deportivo 1 (grande Dani)
R. Madrid 2 - Levante 0
Barcelona 2 - Athletic 1 * PARTIDO DA XORNADA
Mesía 0 - Atl. Sobrado 0

A CLASIFICACIÓN queda tal como segue:

1. Finito 23 puntos
2. Lato 18 puntos
3. Esteban 17 puntos
4. Alberto 15 puntos
5. Pitus 14 puntos
6. Emilio 9 puntos
7. Ferreiro9 3 puntos
8. Gadel 0 puntos

venres, 18 de febreiro de 2011

ULTIMA HORA: descuberto o porqué da mala racha do F.C. Barcelona no mes de febreiro



Este documento pode ser definitivo para saber o porqué da "minicrise" blaugrana.

Friday Music



Por variar hoxe que é venres toca poñer música animada. Desta volta trátase de un dos "hits" que está pegando forte na actualidade; non é outro tema que "Higher" de Taio Cruz e por suposto a gran Kylie Minogue.

P.D: nótase moito que a australiana é unha das miñas favoritas?

Qué disfrutedes a tope e xa sabedes, vémonos o luns tod@s por este humilde espazo (a vosa casa cibernética).

Graciñas por estar sempre ahí. Bikasos e abrasos.

xoves, 17 de febreiro de 2011

Risas Mil



Tricicle é unha grupo de teatro catalán recoñecido a nivel internacional. Como moitos de vos sabedes este trío de grandes artistas son capaces de quitarnos o sorriso sen decir unha palabra. Déixovos un fragmento da súa obra "Sit". A min encantoume.

mércores, 16 de febreiro de 2011

Chiste visual

Alberto Pedino que para o humor ten un don especial amosoume hai unhas datas este chiste que cada vez que o vexo vaime mal coa risa. Logo de moito buscar pola rede hoxe atopeino no seu Facebook e quero compartilo con vos. Está claro: "a cabeza non para!"

Emilio Tato xa é papá

Un gran amigo desde a infancia como é Emilio Tato e que agora é a representación de Sobrado en Viladecans (Catalunya) tivo na tarde de onte a experiencia de ser pai por primeira vez. A muller de Emilio, Ana e a súa filla que se chamará Vera están perfectamente segundo palabras do propio pai da cativa. Vera naceu as 20.00 horas e pesou 3,400 kg. Desde aquí querolle dar a miña expresa noraboa a Emilio e Ana ademáis de desexarlle a Vera que medre sa e forte. Seguro que en pouco tempo a vemos correndo por Sobrado.

Parabéns!!!

martes, 15 de febreiro de 2011

A cociñar con Miguel Liboreiro

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


O noso gran amigo, xogador do Atlético Sobrado e Chef de profesión Miguel Liboreiro dounos hai un par de semanas no programa "A revista" da TVG unhas clases prácticas de como se fan uns raviolis moi característicos. Miguel traballa no restaurante O Curro da Parra de Compostela www.ocurrodaparra.com e a verdade é que o manxar non ten mala pinta. Felicitalo ademáis polo seu gran dominio de un galego máis que correcto xa que soese expresar en castelán.

Grande Miguel, en la próxima cena cocinas tu!!!

luns, 14 de febreiro de 2011

Un ano máis hoxe é "San Corte Inglés"


Por qué para amosarlle amor a unha persoa non hai que facer regalos cando os comercios de turno nolo digan. Paréceme de moi mal gusto por parte deles!
Pouco máis que decir
A pasar bo día!

A Porra: xornada 16

Dos partidos da vindeira xornada sobresae o F.C. Barcelona vs Athletic Club que será o partido da xornada. Dous dos mellores equipos da competición fronte a fronte nun partido que promete emocións fortes.

ENCONTROS:

Almería - Deportivo
R. Madrid - Levante
Barcelona - Athletic* PARTIDO DA XORNADA
Mesía - Atl. Sobrado

Qué haxa sorte!

A Porra: Emilio e Finito acertan o Sporting - Barça

2 madridistas ata a médula, Emilio e Finito foron os únicos acertantes na porra da xornada 15. Ambos acertaron o Sporting 1 - Barcelona 1. Este acerto permite a Finito poñerse líder en solitario da Porra con 20 puntos. Emilio pola súa banda ascende un posto e sitúase na 5ª posición empatado a 9 puntos con Alberto.

Estes foron os RESULTADOS:

Deportivo 1 - Villarreal 0

Sporting 1 - Barcelona 1

Espanyol 0 - R. Madrid 1 * PARTIDO DA XORNADA

Atl. Sobrado 0 - Vilamaior 1

A CLASIFICACIÓN XERAL queda do seguinte xeito:

1. Finito 20 puntos

2. Esteban 17 puntos

3. Lato 12 puntos

4. Pitus 11 puntos

5. Alberto/Emilio 9 puntos

6. Ferreiro9 3 puntos

7. Gadel 0 puntos

venres, 11 de febreiro de 2011

Refraneiro popular para xente moi culta

Por enésima vez, Félix de Ponferrada sérveme de óptima fonte de datos para insertar un novo post. Desta volta un correo que me enviou onte tíveno a ben compartir con tod@s vos; trátase do refraneiro popular pero con un mátiz, escrito en versión moi culta.

A ver que vos parece:

Refranes sólo para gente culta.



El que necesite ver la traducción entre paréntesis, es que no entendió nada, es decir, un INCULTO.





Más vale plumífero volador en fosa metacarpiana, que segunda potencia de diez pululando por el espacio.

(Más vale pájaro en mano, que cien volando)



Crustáceo Decápodo que pierde su estado de vigilia, es arrastrado por el ímpetu marino.

(Camarón que se duerme, se lo lleva la corriente)



Relátame con quién deambulas y te manifestaré tu idiosincrasia.

(Dime con quién andas y te diré quién eres)



A perturbación ciclónica en el seno ambiental, rostro jocundo.

(Al mal tiempo, buena cara)



H2O que no has de ingurgitar, permítele que discurra por su cauce.

(Agua que no has de beber, déjala correr)



Ocúpate de la alimentación de las aves córvidas y estas te extirparán las estructuras de las fosas orbitarias que perciben los estímulos visuales.

(Cría cuervos y te sacaran los ojos)



El globo oftálmico del poseedor torna obeso el bruto vacuno.

(El ojo del amo, engorda el ganado)



Quien a ubérrima conífera se adosa, óptima umbría le entolda.

(El que a buen árbol se arrima, buena sombra le cobija)



A equino objeto de un obsequio, no se le aquilatan las piezas odontoblásticas.

(A caballo regalado, no se le mira los dientes)



El rumiante cérvido propende al accidente orográfico.

(La cabra tira al monte)



Las exequias con candeal son más tolerables.

(Las penas con pan son menos)



No existe adversidad que por sinecura no se trueque.

(No hay mal, que por bien no venga)



La ausencia absoluta de percepción visual torna insensible al órgano cardíaco.

(Ojos que no ven, corazón que no siente)



Al andar maltrecho aplicarle premura.

(Al mal paso, darle prisa)



Cavidad gástrica satisfecha............Víscera cardíaca eufórica....

(Barriga llena, corazón contento)



Existe un felino en cautiverio.

(Aquí hay gato encerrado)

xoves, 10 de febreiro de 2011

Despedida en Gijón

Logo de unha cea-reunión do "Comité de Sabios" para ultimar os preparativos de unha das dúas despedidas que se lle farán a Javi decidiuse que de novo "Asturies" será o destino elexido.
Quedou bo sabor de boca (e non falo so da sidra máis das abundantes viandas que nos metimos entre peito e espalda) da despedida de Pirulo que fixemos a cabalo entre Oviedo e Gijón. Desta volta eleximos única e exclusivamente Gijón. Serán dúas noites as que pernoctaremos na fermosa cidade asturiana e estamos acabando de configurar o listado de personaxes que estarán na próxima aventura que se vaticina trepidante.

Non faltará a sidra (como grandes amantes que somos dela) no barrio pescador de Cimadevilla, a excelente comida astur, as copichuelas de rigor, a marcha que rodea a praia de San Lorenzo (na que máis de un xa quixo hai un par de anos disputar un partido de fútbol praia a primeiras horas da mañá nada máis sair da Otto) e algunhas "sorpresiñas" para o noivo..., jajaja. Javi, preparate chaval, e vaite poñendo a remollo...
Saudos


mércores, 9 de febreiro de 2011

Parécesevos esta música a de Paulina Rubio?



Non sei se é algo que me pasa sólo a min ou tamén vos ocurre a vos pero canto máis escoito a texana Selena Gómez máis me recorda as cancións de Paulina Rubio. É máis xuraría que a música e clavada a algunha das cancións da mexicana. Non sei se comparten productor ou ben é unha casualidade pero ando coa mosca detrás da orella.

Seguirei investigando...

martes, 8 de febreiro de 2011

O novo dos Pichel Brothers



En posts anteriores xa insertei varios videos dos Pichel Brothers. Xa sabedes, estes cracks que lle dan a "súa particular traducción do galego" a películas e actores emblemáticos. O novo traballo dos Pb chámase "Bud Spencer na cidade da cultura". Non volo perdades, sae ata Schuster...

luns, 7 de febreiro de 2011

Ninguén pode cos galegos



Parece unha boa idea comezar cun sorriso a semana por eso me decidín a colgar este video extraido do Facebook de Toño de Teixeiro porque me parece que merece a pena que lle votedes un ollo. Un aviso importante, non é un chiste, é unha historia real!!!

A Porra: xornada 15

O partido destacado da xornada 15 da porra será o Espanyol - R. Madrid que puntuará como ben sabedes con 6 puntos agás que o participante en cuestión teña máis de un acerto. Que haxa sorte que a cousa está moi emocionante.

PARTIDOS:

Deportivo - Villarreal
Espanyol - R. Madrid* PARTIDO DA XORNADA
Sporting - Barcelona
Atl. Sobrado - Vilamaior

A Porra: Finito empata no máis alto da clasificación

O campión da Porra da tempada pasada, Finito, quere repetir título este ano e tan so necesitou unha semana para volver a empatarlle a Esteban no máis alto da clasificación. Se ben Esteban a semana pasada marcou distancia atinando dous resultados Finito non lle foi á zaga dando no clavo nos encontros R. Madrid - R. Sociedad e Sp. Bergondo - Atl. Sobrado. A cousa está moi emocionante e co sistema de puntuación que estreamos esta tempada o abano de posibilidades aumenta.

RESULTADOS:

Getafe 4 - Deportivo 1
Barcelona 3 - Atlético 0* PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid 4 - R. Sociedad 1
Sp. Bergondo 1 - Atl. Sobrado 5

CLASIFICACIÓN:

1. Esteban/Finito: 17 puntos
2. Lato: 12 puntos
3. Pitus: 11 puntos
4. Alberto: 9 puntos
5. Emilio: 6 puntos
6. Ferreiro9: 3 puntos
7. Gadel: 0 puntos

venres, 4 de febreiro de 2011

As 7 cidades galegas

Para rematar a semana quérolle rendir un pequeno tributo á nosa Comunidade Autónoma. Concretamente as 7 cidades principais que conten Galicia. Esto é por orde de habitantes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. 7 cidades distintas pero 7 cidades fermosas (cada unha ten os seus propios encantos), 7 formas de vida, 7 maravillas..., déixovos estas instantaneas para recrear a vista. Vigo 297.124hab (INE 2010)
A Coruña 246.056hab (INE 2009)

Ourense 108.674hab (INE 2010)


Lugo 97.365hab (INE 2010)

Santiago de Compostela 94.824hab (INE 2010)

Pontevedra 81.981hab (INE 2010)

Ferrol 73.638hab (INE 2010)

xoves, 3 de febreiro de 2011

Non poido deixar de escoitala



Xuntáronse duas auténticas estrelas da música trance a de pop-dance para facer este temazo. Estou a falar do holandés Armin Van Buuren, mellor dj do mundo nos anos 2007,2008,2009 e 2010 segundo a prestixiosa revista DJ Magazine e a británica Sophie Ellis-Bextor e a súa (para min) grandiosa voz. O tema é superpegadizo, chámame a atención o guapa que está Sophie neste video pois parece que é coma o bo viño e co paso dos anos mellora.

Que disfrutes do día, antesala do ansiado venres para moit@s.

Saudos

Bondades do limón


Recibín un correo electrónico de Vero86 bastante interesante sobre as bondades do limón e tiven a ben compartilas con vos para quen lle poida interesar. Que cada un saque as súas propias conclusións.

BONDADES DEL LIMÓN



El Limón (Citrus limonun Risso, Citrus limon (L.) Burm., Citrus medica) es un producto milagroso para matar las células cancerosas. Es 10,000 veces más potente que la quimioterapia. ¿Por qué no estamos enterados de ello? Porque existen organizaciones interesadas en encontrar una versión sintética, que les permita obtener fabulosas utilidades. Así que de ahora en adelante usted puede ayudar a un amigo que lo necesite, haciéndole saber que le conviene beber jugo de limón para prevenir la enfermedad. Su sabor es agradable. Y por supuesto no produce los horribles efectos de la quimioterapia. Y sí tiene la posibilidad de hacerlo, plante un árbol de limón en su patio o jardín. Todas sus partes son útiles.


La próxima vez que usted quiera beber un jugo, pídelo de limón natural sin preservantes.


¿Cuántas personas mueren mientras este secreto ha estado celosamente guardado para no poner en riegos las utilidades multimillonarias de grandes corporaciones?


Como usted bien lo sabe el árbol de limón es bajo. No ocupa mucho espacio, Se le conoce con el nombre de Limonero, limón, lima, limoeiro (gal.), llimoner (cat.), limoiaritz (eusk.).


La fruta es un cítrico que viene en diferentes presentaciones su pulpa se la puede comer directamente o se la emplea normalmente, para elaborar bebidas, sorbetes, dulces etc.



El interés de esta planta se debe a sus fuertes efectos anti cancerígenos. Y aunque se le atribuyen muchas más propiedades, lo más interesante de ella es el efecto que produce sobre los quistes y los tumores. Esta planta es un remedio de cáncer probado para los cánceres de todos los tipos. Hay quienes afirman que es de gran utilidad en todas las variantes del cáncer.


Se la considera además como un agente anti-microbial de amplio espectro contra las infecciones bacterianas y por hongos; es eficaz contra los parásitos internos y los gusanos, regula la tensión arterial alta y es antidepresiva, combate la tensión y los desórdenes nerviosos.


La fuente de esta información es fascinante: procede de uno de los fabricantes de medicinas más grandes del mundo, quien afirma que después de más de 20 pruebas de laboratorio, realizadas a partir de 1970 los extractos revelaron que:


Destruye las células malignas en 12 tipos de cáncer, incluyendo el de colon, de pecho, de próstata, de pulmón y del páncreas…


Los compuestos de este árbol demostraron actuar 10,000 veces mejor retardando el crecimiento de las células de cáncer que el producto Adriamycin, una droga quimioterapéutica, normalmente usada en el mundo.


Y lo que es todavía más asombroso: este tipo de terapia, con el extracto de limón, destruye tan sólo las malignas células del cáncer y no afecta las células sanas.

Instituto de Ciencias de la Salud, L.L.C. 819 N. Charles Street Baltimore, MD 1201

mércores, 2 de febreiro de 2011

Zapateiro ós teus zapatos

Creo que a día de hoxe a ninguén se lle escapa que non todos os famosos son Eduardo Punset. É innumerable a cantidade de futbolistas, cantantes, frikis varios ou xente do corazón que teñen un don especial para meter o zoco ata o fondo, falar de cousas que nin lles vai nin lles ven meténdose en terreos fangosos.
Operación Triunfo foi cuna de moitos destes "ilustrados" e un dos seus mellores representantes é David Bisbal que fixo no seu Twitter un desacertado e innecesario comentario sobre Exipto e todo o que alí está a acontecer. As críticas non tardaron en chegar ó seu propio Twitter e os vaciles de centos de persoas fóronse acumulando ata que o almeríense borrou as entradas logo de pedir perdón. Ademáis acabouse picando respondendo con un "el insulto es lo único que os queda... además de tiempo libre". Queda moi claro que a xente ten moito inxenio, e senón lede algunha das frases que lle deixaron a "riciños de ouro" no seu Twitter.
Eu onte no meu Facebook bauticeino coma "David Berenxenal" pola súa facilidade para meterse en camisas de once varas.
Deixovos aquí un comentario de opinión de hoxe de La Voz de Galicia (moi acertado ó meu entender)

El desliz de Bisbal en Twitter

Atrapado en la Red. Bisbal comenta siempre lo que hace en Twitter y se atreve con todo. Sobre Egipto, con altura de miras, dijo: «Nunca se han visto las pirámides de Egipto tan poco transitadas. Ojalá que pronto se acabe la revuelta». El error egipcio de Bisbal pronto fue objeto de chanza por miles de twitteros. Los comentarios crueles batieron récords. A los españoles, a ingenio e ironía no nos gana nadie. Así, sobre su dominio internacional, le dijeron perlas como que Bisbal «sigue buscando un Corte Inglés en Inglaterra». O «fui a Nueva York y no vi la gran manzana. ¿Se la habrán comido los gusanos?». O «cuando viajo en avión no se ven las líneas que separan los países. Deberían de pintarlas de nuevo». O «viendo en Londres el Big-Ben, es increíble que de ahí se formase un universo». O «estoy en Orlando y no encuentro la fábrica de tomate por ningún lado». O «con razón se llama Sudán, con el calor que hace». O «pienso, luego Egipto». Hay cientos, y muchos le sacarían los colores a los mejores guionistas. Bisbal reaccionó y demostró que quien se pica ajos come. Soltó caliente a los twitteros: «El insulto es lo único que os queda y también mucho tiempo libre». Es el riesgo de ser un cantante, y no dedicarte solo a cantar.

P.D: cada un que atenda ó seu, que penso que ben lle chega...

martes, 1 de febreiro de 2011

Sobrado na tv

O programa "Desde Galicia para el mundo" (TVE), "Desde Galicia para o mundo" (TVG2) estivo hai un par de semanas por Sobrado para facer unha reportaxe que saiu este sábado. Os que non tivestes a oportunidade de velo e queredes facelo remítovos a súa web www.galiciaparaelmundo.com tedes que baixar ata o final da páxina e na marxe dereita hai 3 videos relacionados con Sobrado titulados do seguinte xeito: "Sobrado", "Sobrado al pie del camino" e "A la sombra del monasterio". Comentar que me tocou chupar cámara e tamén micro. O da cámara estaba pactado, o do micro pilláronme "de estrangis" e o que so ían ser un par de frases pasou a ser todo o día rodando en galego e en castelán con un frío e unha choiva que non paraban os demos ( hai momentos no Bocelo e no Campelo que case non dou nin articulado -había -2º alí arriba-). Graciñas a directora Rocío Rodríguez e a cámara Marta Ares que se portaron de cine ó longo de todo o día e que fixeron un traballo colosal o enfocar o noso pobo de cara a rutas de natureza.

Frases que fan especial gracia

As veces hai frases que che impactan e outras que perduran na cabeza de un; ben sexa polo sorprendentes, por como sonan ou neste caso, que é o meu, pola gracia que che producen o oilas ou leelas.
Onte atopabame en www.marca.com lendo unha nova sobre as fichaxes de inverno do Depor: Pepe Sand, Xisco e Javito. Sabedes que en moitas webs dos xornais podes opinar se estás rexistrado na páxina en cuestión. Lendo as opinións dos lectores de marca.com houbo unha que espertou o meu interés e nada máis leela comecei a rir. Un usuario tivo o "valor" por chamalo de algún xeito de soltar esta perla: "Javito será buen jugador pero es más feo que una nevera por detrás". Non puiden evitar as bágoas da risa por un par de minutos. Calqueira que me vira pensaría que estou máis tolo do que realmente estou. Non a poido olvidar e desde onte oficialmente a frase queda incorporada o meu vocabulario. Vaia crack o foreiro...

Máis da metade dos lectores son "non fumadores"

A primeira enquisa do ano, a do mes de xaneiro revelou que un 57% dos lectores de este blog son "non fumadores". Pola outra banda está o 42% que sí admiten ser fumadores. Esta enquisa ten un marxe de erro do 1%.

Grazas por participar, axiña estará a enquisa do mes de febreiro activa.