luns, 13 de decembro de 2010

A Porra: Finito atina o partido da xornada e xa lidera en solitario

O flamante campión da tempada pasada da Porra de latosobrado.blogspot.com Finito volveu a amosar unha vez máis as súas dotes adivinatorias no que a resultados futbolísticos se refire (ogallá fose así na lotería que xa lle estabamos preguntando o número premiado). O "torero" de Vilariño atinou o resultado da xornada, na derrota do Deportivo na noite do sábado do madrileño estadio Vicente Calderón. Con este acerto Finito suma 6 valiosos puntos que o aupan o liderato da porra. Polo que respecta ó resto dos participantes da xornada ningún de nós foi quen de atinar algún pronóstico.

Estes foron os resultados:

Atlético 2 - Deportivo 0
Barcelona 5 - R. Sociedad 0
Zaragoza 1 - R. Madrid 3
Poulo 1 - Atl. Sobrado 0

CLASIFICACIÓN XORNADA 7

1. Finito: 9 puntos
2. Esteban, Alberto: 6 puntos
3. Pitus: 5 puntos
4. Emilio, Lato: 3 puntos
5. Ferreiro9: 0 puntos

Grazas a todos por partipar, ogallá se anime máis xente

Saudos

Ningún comentario: