martes, 7 de decembro de 2010

A festa do ascenso

Como as veces somos demasiado tranquilos, aínda tiñamos pendente a celebración do ascenso de categoría en fútbol sala que xa acadamos hai uns cantos meses. Que mellor data que hoxe, véspera de festivo, na metade da ponte da Constitución para celebrar tan magno evento...
A cea e posterior festa será na Coruña e por suposto non faltarán as visitas obligadas os locais máis carismáticos da cidade. Baixaremos uns cantos desde "a montaña" para unirnos ó "clan coruñés" e alí xuntar as nosas forzas para facer desta noite algo inesquecible.
Por se a alguén do equipo aínda non lle quedara claro: XA SOMOS DE PRIMEIRA!!! ah, e por certo, que ninguén descarte de novo o ascenso este ano...

P.D: HOY BAJAN LOS MONTAÑESES CHORVO!

Ningún comentario: