xoves, 23 de decembro de 2010

Boas festas xente!

Quero expresar os meus mellores desexos para todos vos nestas festas e no ano que axiña comeza. Ogallá todos os bos propósitos se fagan realidade e por suposto que o 2011 veña cargado de saude, ilusións e sonos cumpridos.
Hoxe comeza a previa do Nadal pois hai xente que mañá non se ten que incorporar o seu posto de traballo. En Sobrado o día de noiteboa moitos de vos xa sabedes como "funciona", desde a hora do café varios "personaxes" baixamos para o bar a xogar as cartas e tomar café con algunha saborosa brevaxe galega. Para a continuación comezar a ronda por todos os bares do pobo (nalgúns incluso se repite volta), conforme van pasando as horas vaise incorporando máis xente ó rebaño provocando discuscusións do típo: "aghora pagho eu, non pagho eu que aínda non paghei nada" xa tradicionais. Total o resumo dos desperfectos da primeira etapa do día sáldase con unha alegría incontida polos integrantes, os bares cheos ata as 21.30-22.00 horas e chegada a cea tarde, mal e arrastro.
A segunda etapa do día comeza trala cea, é moi tradicional en Sobrado baixar o pobo despois de cear, varios locais abren as suas portas para dar renda solta a celebración de un día tan especial. Algúns prefiren quedar na casa, outros polo contrario optamos por baixar e compartir en amor e compañía dos nosos amigos unhos brindis polo Nadal, pola camarera ou camarero, porque o Deportivo lle gañou a copa do Centenariazo o Madrid, pola caida de Pazitos no 2002 na cea do Atlético Sobrado ou por que eu estou a fumar un puro... (calqueira excusa é valida).
Finalmente e cando o corpo xa non pode máis, toca subir a repousar e cargar pilas para o día seguinte.

O dito, que pasedes unhas felices festas e que para min é un orgullo que veñades a visitarme habitualmente a este ciberespazo.

Un auténtico pracer.

Bicos e apertas.

4 comentarios:

vero86 dixo...

Bo Nadal a tod@s!!!!! E a ti Víctor, grazas unha vez máis por facer este blog tan ameno.
Espero seguir léndote moitos anos jeje.

Unha aperta a todos os que tamén o ledes e que estas festas sexan do mellor! Bicos para todos!

Suso dixo...

¡¡Ola Víctor!!
Aínda que sexa un plaxio fago como meu o comentario de vero86...
¡¡Sigue así!!!!
Unha aperta

Álvaro dixo...

A por una!!!!!!

Unknown dixo...

Grazas Vero e Suso, un honor.¨
Álvaro: "a por una", "a por dos" y a por tres" (se fai falta)... pfffff, jajajaja.