venres, 5 de novembro de 2010

Non podía faltar un dos mellores



Normalmente o venres coa chegada da fin de semana soe aparecer por eiquí algún videoclip de música electrónica e as súas variantes. A día de hoxe o poderio do francés David Guetta é indiscutible, afianzándose coma un dos mellores deejais do mundo: as colaboracións que recibe nas cancións de diferentes artistas, a producción tanto das súas cancións coma de outras formacións, a súa música cargada de positividade e alegría..., para min esta canción "Gettin´ Over You" é unha das mellores do seu último traballo One Love.
Disfrutade este auténtico temazo e que teñades boa fin de semana.

Bicos e apertas.

Ningún comentario: