venres, 19 de novembro de 2010

Homenaxe ó botelo

Hoxe ó xantar tiven a oportunidade de degustar Botelo ou "Botillo" do Bierzo (xa sabedes, ese manxar que inclue os despeces do porco recuberto pola pel do intestino) e queríalle rendir unha pequena homenaxe.
Digo "manxar" porque eu son dos que adoro o Botelo, é un alimento que non deixa indiferente a ninguén "ou che gusta moito ou non che gusta nada" a min particularmente encántame.
O Botelo é orixinario da zona do Bierzo leonés pero tamén nas zonas de montaña limítrofes a Galicia se pode atopar.
Deixovos un enlace da wikipedia para @s que queiran indagar máis sobre este embutido: http://es.wikipedia.org/wiki/Botillo

Por último darvos dous consellos:

1. O Botelo é unha comida bastante pesada, polo tanto é aconsellable comelo ó mediodía e non a cea pois o estómago non é de pedra e o mellor se vos pasades coa cantidade inxerida podedes ter unha noite de cans.
2. Este alimento é rico en sal, polo tanto, non vos fiedes da sede..., se comedes con viño moito ollo (non vaia ser que a cousa se vai das mans...)

Nada máis polo de agora, que teñades unha feliz fin de semana.

Unha aperta

Ningún comentario: