luns, 29 de novembro de 2010

Din que hoxe hai un partido de fútbol...

Escribo por oidas pois como estes días os medios de "desinformación" non se encargaron de informarnos que hoxe as 21 horas xoga un equipo que viste de azul e grana chamado F.C. Barcelona dirixido por un tío que viste caro, que é moi correcto falando e que ten barba de 3 días contra outro equipo que viste de branco, que son da capital, do mesmo centro de Madrid, que os adestra un portugués con cara de cabreado e polémico, pois xa volo digo eu para quen lle interese.

Ironías fora, a pesares de que son un gran amante do fútbol, que é a miña verdadeira paixón, creo que nos estamos a pasar co trato a estes dous clubes. Chegou un momento no que so interesa o que fagan "os personaxes" de ambos clubes. Hai uns anos o fútbol era eso: fútbol. A día de hoxe é outra cousa, parece que o resto de equipos xa non pintan nada na Liga, as televisión "regalan" todo o seu "arsenal eurístico" a estes dous clubes para potencialos máis (nin que tiveran falta) quitandollo os que máis o necesitan (o resto de clubes)... é coma a historia de Roobin Hood pero o revés.

Existen dúas ligas, a do Barcelona e R. Madrid por un lado e a dos outros 18 equipos por outro. Esto vai camiño de converterse nunha Liga Escocesa onde so gañan Celtic ou Rangers e o resto de clubes son meras comparsas. Eu creo que xa que tan importantes son os "dous titáns" deberían facer unha liga a súa medida; é dicir, que xoguen 38 partidos un contra o outro, 19 no Camp Nou e 19 no Bernabeu e o resto de equipos unha liga aparte. Xa verás ti o interese que vai ter a xente en ver un Barcelona - R. Madrid cando sexa a 3ª vez que xogan en tres semanas, igual moitos prefiren ver un Hércules - Levante con todos os meus respetos para os estes dous equipos. Aquí parece que o resto de equipos xa non pintan nada, nin se valoran, nin interesan, nin nada de nada, pois ben, non nos engañemos, esto á larga irá en detrimento do fútbol español en competicións europeas, e senón ó tempo.

O meu entender a solución é o tope salarial que impera na NBA polo que os equipos non se poden pasar de un presuposto. Así os xogadores están máis repartidos e máis equipos poden competir por acadar títulos. Hai uns anos Valencia, Atlético, Deportivo, Villarreal, Athletic, Zaragoza, Real Sociedad, Betis ou Sevilla presentaban batalla, hoxe en día, nin por asomo. É máis, como sigamos así co reparto televisivo, os demáis equipos nin están nin se lles esperan, eso sí, todos adoraremos a flamante moza de CR7 ou o cochazo que luce Messi...

Saudos e que gañe o que o mereza (se é que realmente o merece algún)...

Ningún comentario: