venres, 26 de novembro de 2010

Conseguirémolo outra vez?

A tempada pasada Esteban, Chino, Isaac, Pirulo e eu decidimos embarcarnos con Alvaro, Pichi, Diego Gemelo, Cachi, Diego Alto e Víctor Gómez na aventura de xogar federados a fútbol sala co Pub Kemais? en Liga de Salesianos da Coruña. A experiencia non puido ser mellor e acadamos o ascenso de categoría. Este ano incorporamos a Cuadrado e ademáis estamos a ter a colaboración de Omar e Saul e a cousa ata o de agora non vai nada mal. Coa victoria de onte puxémonos momentaneamente segundos aínda que con un partido máis, esta segunda praza outorga o ascenso directo a División de Honor, a cúspide do fútbol sala coruñés. Queda moita liga e debemos seguir mellorando para poder alcanzar algo que sería un auténtico soño. En defensa andamos de cine, en ataque un pouco escasos, eso sí, rentabilizamos os goles a máis non poder senón non se explica de tendo "+8" de coeficiente levemos 21 puntos en 11 partidos xogados.

Hai que seguir currando para presentar batalla ata o final...
VAMOS CHAVALES!!!

* Clasificación actualizada a día de hoxe, 26 de novembro:

1ª División, Grupo 1

Equipo Ptos PJ PG PE PP GF GC San.

--------------------------------------------------------------------------------
1 Mirador San Pedro 25 10 8 1 1 43 26 0
2 Pub Kmais 21 11 6 3 2 26 18 0
3 Transportes Dicarpe 19 10 6 1 3 40 24 0
4 Óptica Souto 16 10 4 4 2 28 22 0
5 Sole L'Sportif 16 10 5 1 4 29 25 0
6 INK 15 10 4 3 3 25 25 0
7 Churrería Núñez 14 9 4 2 3 19 16 0
8 Funziona F.S. 13 10 4 1 5 33 23 0
9 Mel da Anta A 12 10 4 0 6 27 32 0
10 Fycal - Aroma 12 9 4 0 5 23 33 0
11 Bosco Miguel Rúa 12 10 4 0 6 21 31 0
12 Joyería A. Carrodeguas 10 10 2 4 4 27 27 0
13 Bricoking Atlético 7 11 1 4 6 21 31 0
14 Náutico Langosteira 6 10 2 0 8 16 45 0

Ningún comentario: