xoves, 28 de outubro de 2010

Seguinte parada: á Rioxa


Mañá as 15.00 horas adentrarémonos noutra trepidante viaxe de fin de semana. Desta volta o destino será á Rioxa e as súas bodegas.
Serán 3 días, 2 noites nas que estaremos hospedados na cidade de Logroño e visitaremos un lugar moi recoñecido dentro da Rioxa Alavesa como é Laguardia. Estaremos nas Bodegas Palacio onde se produce o viño "Glorioso", o igual que tamén vistaremos as Bodegas de Campo Viejo onde se elabora o viño "Azpilicueta", por suposto, non podían quedar sen ver as prestixiosas bodegas Franco-Españolas onde o viño Bordón é un dos seus emblemas. Domingo á tarde emprenderemos viaxe de volta e unha cousa teño por segura: haberá parada obligada en Vega de Valcarce!!! Non hai saida fora de Galicia que emprendamos que non paremos alí, agás cando imos cara Asturias ou Euskadi...
Mañá non estarei na miña cita semanal con vos por razóns obvias e o luns tampouco ó ser festivo. Que teñades unha feliz ponte de todos os santos e que disfrutedes a tope del.
Unha aperta moi forte, vémonos á volta.

Ningún comentario: