xoves, 14 de outubro de 2010

Hoxe é un día moi feliz


Sempre me gusta tratar temas alegres neste blog polo que hoxe non me podía olvidar do suceso máis importante acaecido nas derradeiras 48 horas a nivel mundial como foi o rescate dos mineiros chilenos soterrados na mina San José dende o pasado 5 de agosto.
Estes 33 heroes xa están de novo connosco, e tras pasar 69 días de verdadeira angustia por fin se recuperan satisfactoriamente no hospital isto fai que sexa unha nova do máis feliz. Todo Chile está de festa e é que non é para menos pois este é un momento histórico, xa se pode catalogar coma unha auténtica miragre que estén sans e salvos.
Sempre valorei o traballo dos mineiros, xente con un valor a proba de bomba, arriscando a súa vida día sí e día tamén para darlle de comer as súas familias. Un duro oficio no que sabes cando entras na mina, pero quen sabe se volverás a sair...
Dende eiquí quérolle mandar unha aperta moi forte a todos os mineiros, ex-mineiros do mundo así coma as súas familias, e tamén reivindicar que as condicións de traballo de esta xente teñen que mellorar o 100% en moitos aspectos. Son xa anos de loita e parece que lle temos que ver as orellas ó lobo para darnos conta do serio perigo que corren, correron ou correrán.
Coa salvación de estos 33 mineiros chilenos ábrese tamén unha porta a esperanza de que todo mellore.
Ogallá así sexa!!!

Ningún comentario: