xoves, 28 de outubro de 2010

Seguinte parada: á Rioxa


Mañá as 15.00 horas adentrarémonos noutra trepidante viaxe de fin de semana. Desta volta o destino será á Rioxa e as súas bodegas.
Serán 3 días, 2 noites nas que estaremos hospedados na cidade de Logroño e visitaremos un lugar moi recoñecido dentro da Rioxa Alavesa como é Laguardia. Estaremos nas Bodegas Palacio onde se produce o viño "Glorioso", o igual que tamén vistaremos as Bodegas de Campo Viejo onde se elabora o viño "Azpilicueta", por suposto, non podían quedar sen ver as prestixiosas bodegas Franco-Españolas onde o viño Bordón é un dos seus emblemas. Domingo á tarde emprenderemos viaxe de volta e unha cousa teño por segura: haberá parada obligada en Vega de Valcarce!!! Non hai saida fora de Galicia que emprendamos que non paremos alí, agás cando imos cara Asturias ou Euskadi...
Mañá non estarei na miña cita semanal con vos por razóns obvias e o luns tampouco ó ser festivo. Que teñades unha feliz ponte de todos os santos e que disfrutedes a tope del.
Unha aperta moi forte, vémonos á volta.

mércores, 27 de outubro de 2010

Autobuses ou "Ferraris"?

Como moitos de vos sabedes, Alsa é unha das empresas de autobuses de liña regular máis importantes (por non decir a máis importante) de todo o Estado.
Fun usuario bastantes veces de esta empresa e sempre me dou a sensación como viaxeiro a que estes vehículos sempre foron a gran velocidade comparado con outras empresas da competencia..., ó límite de velocidade dos autobuses está en 100 km/h se non me equivoco.
Pero esto que vos estou contando non deixa de ser unha sensación miña, o que sí que xa non é sensación é cando vas pola autovía a 110 km/h, miras polo retrovisor e ves que un bus de Alsa está poñendo o intermitente para adiantarche, entón é cando un pensa "qué pasa aquí? ou o meu contakilómetros está moi mal ou estos buses andan por riba do límite cando se supón que teñen un "regulador" para non sobrepasar a velocidade..."
Quizais Esteban ou Josu coñecedores de primeira man de este caso coma conductores profesionais que son me poden aclarar estas dúbidas, o que está claro é que cando vexo un autobús (sexa de Alsa ou de outra compañía) todo escentallado non deixa de chamarme a atención...

martes, 26 de outubro de 2010

Volve a Porra con nova puntuación

Esta fin de semana comeza unha nova edición da porra de latosobrado.blogspot.com. Como ben sabedes Finito foi o campión da tempada pasada e seguro que o resto de participantes queren revancha.
Haberá novidades na puntuación, así polo tanto, o que acerte os 4 resultados da xornada levarase 10 puntos, o que acerte 3 levarase 7 puntos, o que acerte 2 levarase 5 puntos e o que acerte 1 resultado levarase 3 puntos. Ademáis cada xornada haberá "un partido da xornada" que puntuará con 6 puntos para o que o acerte sempre e cando non teña máis que ese acerto, do caso contrario puntuará da forma antes sinalada.

ESTES SON OS PARTIDOS DA XORNADA 1:

Hércules vs R. Madrid

Barcelona vs Sevilla (Partido da xornada)

Deportivo vs Espanyol

Atl. Sobrado vs Cerceda B

Sorte!!!

luns, 25 de outubro de 2010

Xa non sei se me chamo Víctor ou Javier...

De hai un tempo a esta parte recibo unha chamada cada dous ou tres días preguntando por un tal Javier de diferentes números telefónicos.., pola forma de falar parecen comerciais as persoas que me chaman. Algún incluso non me deixa nin falar e comeza con un rollo que "pá qué" antes de poder decirlles que eu non son o tal "Javier", o caso é que cando vexo un número raro xa me fai gracia e nese intre identifícome máis con "Javier" que con "Víctor". Supoño que o tal Javier ten un negocio non me digades de qué, e pasoulles o número a determinados proveedores que polo acento parecen valencianos ou cataláns pero este número ten un erro en algunha cifra.
En fin, que haberá que ter paciencia a ver se o tema se vai solucionando mentres tanto na vida real serei Víctor e por momentos Javier...

Unha aperta.

venres, 22 de outubro de 2010

O Waka Waka xa ten versión en galego



Así é amigos e amigas, o Waka Waka, a canción de Shakira xa ten a súa versión en galego..., unha versión moi especial feita polos "cracks" do programa da TVG "Land Rober".

Impresionante!

xoves, 21 de outubro de 2010

A comer castañas


Dende hai un par de semanas na nosa zona xa se poden ver no chan de moitos lugares onde abundan os castaños ourizos tirados co seu froito dentro. Certo é que os dous días de vento que viñeron hai un par de semanas fixo que moitos destes ourizos caeran antes de tempo. Comentan os que saben que este non é bo ano de castañas pero eso non quita que sexa un froito seco dos máis atraintes para os consumidores.
A nivel particular gústame comelas asadas, son coma as pipas: "desde que comezas non podes parar"...
Estiven votando unha ollada pola rede en diferentes webs e blogs sobre as súas propiedades e quedeime co post deste blog: "blogalimentos.com".
Copio e pego a entrada, que é moi breve pero moi descriptiva, especial atención as mulleres que están en estado de boa esperanza.
A castaña ten moitos beneficios como poderedes ler a continuación, ademáis a min este post serviume para quitarme unha cousa da cabeza na que estaba enganado..., pois sempre pensei que a castaña era alta en calorías e nada máis lonxe da realidade...
Sen máis lios aquí está a entrada:
Hoy le toca el turno a la castaña, presente a partir de octubre en nuestra mesa también nos aporta una serie de nutrientes muy interesantes para nuestro organismo.
De la familia de las Fagáceas suelen requerir un clima templado pero húmedo para su cultivo. Son los frutos menos calóricos de todos cuanto nos podemos comer. Curiosamente se parecen mucho en propiedades nutritivas a los cereales.
Original de Asia Menor se ha extendido su cultivo por diversos países. A la zona mediterránea no llegó la castaña hasta el siglo X. Hoy en día crecen de manera espontánea en varios países europeos y asiáticos.
El 50% de su contenido es agua, también contienen hidratos de carbono, muchísima fibra y muy pocas calorías. Ricas en vitaminas B3 y E son también una fuente de Fósforo, Magnesio, Calcio, Potasio, y Hierro. El ácido Fólico y el antioxidante son también propiedades de la castaña.
Mejoran el estrés, la depresión, para las embarazadas es un gran aliado por ayudar a la formación del feto y posteriormente a la lactancia. También ayuda con problemas cardiovasculares y degenerativos. Fomentan la memoria, protegen la próstata, evitan la anemia, son tónicas y reconstituyentes, mejoran las varices y se le ha encontrado un valor anticancerígeno.
Potente medicina que nos puede ayudar a mejorar muchísimo nuestra salud. A nivel de recetas es famoso el puré de castañas gallego. Se cuece la castaña en leche y se hace el puré. También se pueden comer glaseadas, marrón glacé, en licor o en infusión. De lo mejor que nos ofrece la naturaleza para que cuidemos de nuestro cuerpo.

mércores, 20 de outubro de 2010

Romanticada



Sabedor de que Emilio Tato é un gran seguidor de Chayanne
(canto suela dos zapatos ten gastado por Melide bailando o "Salomé" ou o "Torero") hoxe adícolle esta canción, a pesares de que non son un gran seguidor de Elmer Figueroa Arce, que ese é o verdadeiro nome do artista portoriqueño, sí debo recoñecer que para o meu gusto esta é a súa mellor obra: "y tu te vás" unha canción que data do ano 2002. Así de paso vario por unha vez o estilo de música, que non todo vai ser música electrónica...,

Saudos e que disfrutes a canción futuro papá!!!

martes, 19 de outubro de 2010

Un soño de un día

Corría o domingo 4 de febreiro de 2001, naquel entonces apostaba nas quinielas de xeito "reducido" (polos mesmos cartos tes máis opcións de poder facer apostas dobles ou triples pero ademáis de acertar os resultados logo débese cumplir unha táboa combinatoria).
Os 6 resultados disputados na tarde-noite do sábado fóranme favorables, esto fixo que albergara esperanzas de poder cobrar "algo" esa xornada.
Logo de sair o sábado de festa por Melide algo me fixo despertar antes de tempo, creo recordar haber chegado sobre as 7.00 AM a miña cama e as 11.00 horas xa estaba desperto sen poder durmir..., pensei que se non daba durmido tiña que ir ver o partido da mañá do domingo de Segunda División en Canal +: o SD Compostela - Racing de Ferrol que ademáis de ser un derbi galego entraba na quiniela e xa que estabamos en racha...
Na miña quiniela reducida tiña unha dobre X2, polo tanto valíame o empate ou a victoria dos ferrolans..., o resultado final foi 0-5, xa iban 7 acertados sen erro...
Cheguei para comer a miña casa todo contento explicándolle a meus pais e meus avós o que pasaba, meu pai lembroume que non me fixera ilusións pois non tiña nin a metade dos resultados acertados e seguro que ía fallar varios...
Chegaron os partidos das 5 da tarde polo que non puiden deixar de escoitar a radio..., os resultados ían caendo e todo seguía de cara, deron as 7 da tarde e o resumo era que tiña acertados 12 resultados e máis o pleno o quince, tan so quedaba por disputarse o Las Palmas - Oviedo as 19.00 horas e o Mallorca - Valencia as 21.00 horas, se os acertaba tiña os quince resultados acertados. A presión puido conmigo e logo de estar ata a finalización dos encontros das 5 da tarde en Ramiro tiven que marchar para a casa pois estaba tan nervioso que decidín irme para a miña habitación a escoitar o Las Palmas - Oviedo a ver se así me lograba calmar. A xente cercana non paraba de chamarme por teléfono sabedora do impresionante momento que estaba a vivir.
Para o citado partido so me valía un resultado: a victoria dos canarios. Pasaban os minutos pero o empate seguía no marcador..., ata que de repente, marcou Las Palmas e as pulsacións puxeronseme a mil..., ían pasando os minutos e segundo decían na radio o Oviedo buscaba o empate, o partido fíxoseme eterno pero chegou o final co resultado indicado polo que xa os 13 acertos máis o pleno o quince eran unha realidade. Tiña unha sensación no corpo de que me ía a ir mal como non calmase os nervios. Quedaba o partido de Canal + Mallorca - Valencia, eu tiña un doble, valiame a victoria balear ou o empate. Decidín baixar a Ramiro a ver o partido, non acougaba en ningún lado, o teléfono non paraba de soar, foi moita a xente que me acompañou vendo o partido en persoa e desde a distancia desexando que se dese algún deses dous resultados...
O pouco de comezar o encontro marcou o Mallorca e peguei un salto tan grande que supoño que non faltou nada para que pegase coa cabeza no teito..., nese intre tiña 15 acertos..., chegando o descanso empatou o Valencia, ese resultado tamén me valía pero xa estaba máis intranquilo pois outro gol dos chés deixabame sen o meu soño. O pouco de comezar a segunda metade de novo un Valencia que nese momento tiña un auténtico equipazo adiantouse no marcador e as esperanzas esvaeronse,...as voces máis críticas decían: "pero como pos o Valencia que non lle gaña ó Mallorca?" eu encollía os hombros sen articular palabra, pasaban os minutos e o empate non chegaba, o soño do pleno o 15 cada vez estaba máis lonxe. Chegouse o tempo de desconto, o colexiado decretou 3 minutos, aínda non pasara 1 minuto dende ese intre e Albert Luque enganchou un esférico o borde da área e clavoullo a Santi Cañizares por toda a escadra, creo que en Ramiro poucas veces se celebrou un gol tan o unísono, non mo podía crer..., cando me din conta estaba de rodillas no chan celebrando o gol, mirei para meu pai e vin que tiña uns nervos que ata ese día xamáis lle vira. Rematou o partido: 15 acertos, estaba flipando! o teléfono non paraba de soar con chamadas e sms. Era increible. Minutos máis tarde meu pai marchou ata O Real e chamoume decíndome que lle levase un momento a quiniela alí pois Toñito o pai do meu gran amigo Tato controla bastante co que respecta as quinielas reducidas e queríalle votar un ollo. Logo de revisarma e ver a táboa de combinacións que se tiñan que dar coas dobles díxome que me ía quedar en 13 pois se o resultado do SD Compostela - Racing de Ferrol fose un empate en vez de un 2 sí que tería o pleno o quince. A esperanza véuseme o chan pero aínda non o quería creer. Esa noite durmín pouco, moi pouco, dándolle voltas a cabeza. Fun moi cedo con meu pai a lugar onde sello as quinielas para quitarme esa intriga que me estaba a matar, o final o resultado: 13 acertos ou o que é o mesmo 32.000 das antigas pesetas. O soño durou ata ese intre...

Sigo facendo quinielas con toda a miña ilusión pero desde aquel día xamáis volvín a facer unha de xeito reducido.

venres, 15 de outubro de 2010

Subindo a temperatura



Non nos podemos queixar de como está a vir o mes de outubro; certo é que as noites comezan a caer frías (normal nesta época) pero da gusto levantarse estes días e ver os raios de sol entrando pola ventana. As tardes teñen unha temperatura máis que agradable polo que non se pode pedir moito máis polo que á climatoloxía respecta.
Co agallo da fin de semana e relacionado coa calor e a temperatura deixovos este videoclip de VinylShakerz versioando o clásico "One night in Bangkok" de Murray Head que data de 1984.

Que disfrutedes, bicos.

xoves, 14 de outubro de 2010

Hoxe é un día moi feliz


Sempre me gusta tratar temas alegres neste blog polo que hoxe non me podía olvidar do suceso máis importante acaecido nas derradeiras 48 horas a nivel mundial como foi o rescate dos mineiros chilenos soterrados na mina San José dende o pasado 5 de agosto.
Estes 33 heroes xa están de novo connosco, e tras pasar 69 días de verdadeira angustia por fin se recuperan satisfactoriamente no hospital isto fai que sexa unha nova do máis feliz. Todo Chile está de festa e é que non é para menos pois este é un momento histórico, xa se pode catalogar coma unha auténtica miragre que estén sans e salvos.
Sempre valorei o traballo dos mineiros, xente con un valor a proba de bomba, arriscando a súa vida día sí e día tamén para darlle de comer as súas familias. Un duro oficio no que sabes cando entras na mina, pero quen sabe se volverás a sair...
Dende eiquí quérolle mandar unha aperta moi forte a todos os mineiros, ex-mineiros do mundo así coma as súas familias, e tamén reivindicar que as condicións de traballo de esta xente teñen que mellorar o 100% en moitos aspectos. Son xa anos de loita e parece que lle temos que ver as orellas ó lobo para darnos conta do serio perigo que corren, correron ou correrán.
Coa salvación de estos 33 mineiros chilenos ábrese tamén unha porta a esperanza de que todo mellore.
Ogallá así sexa!!!

luns, 11 de outubro de 2010

Un antollo

Acabo de ver un correo que me envía a delegada en Santiago de Compostela de Carnicería San-Pen S.L. e por máis que o intento non logro quitarme as vagoas dos ollos, pero non de tristura, senón de partirme a caixa totalmente, é sinxelamente xenial. Leedeo a ver que vos parece...


Un día llegó el amor, encontré a un maravilloso caballero y nos enamoramos. Cuando se hizo evidente que nos casaríamos, hice el sacrificio supremo y dejé de comer fabes. Algunos meses más tarde,el día de mi cumpleaños, mi coche se estropeó de camino del trabajo a casa. Como vivía a las afueras llamé a mi marido y le dije que llegaría tarde porque tenía que ir andando a casa. De camino, pasé por un pequeño restaurante y el olor de la fabada fue mas fuerte que yo. Con varios kilómetros por delante para caminar, calculé que se me iría cualquier efecto negativo de les fabes antes de llegar a casa, por lo que entré y antes de que me diera cuenta, ya había tragado tres buenos platos de fabada. De camino a casa me aseguré de liberarme de TODO el gas. Cuando llegué, mi marido pareció excitado de verme y gritó con gran alegría: ¡" Querida, te tengo una sorpresa para la cena esta noche! " Él entonces me vendó los ojos y me condujo a mi silla en la mesa. Tomé asiento y cuando estaba a punto de quitarme la venda de los ojos, el teléfono sonó. Me hizo prometer no tocar la venda hasta que él volviera y se fué a contestar la llamada. La fabada que había consumido todavía me afectaba y la presión se hacía más y más insoportable, tanto que mientras mi marido estaba fuera, aproveché la oportunidad, me apoyé en una pierna y dejé caer uno. No era ruidoso, pero olía como un camión de fertilizante delante de una fábrica de pulpa de papel. Tomé la servilleta de mi regazo y abaniqué el aire alrededor de mí enérgicamente. Entonces, cambiando a la otra pierna, dejé escapar otros tres. ¡¡La peste era peor que la col cocinada!!! Manteniendo mis oídos atentos a la conversación de mi marido en la otra habitación, continué tirando unos cuantos durante otros pocos minutos. El placer era indescriptible. Cuando mas tarde la despedida telefónica señaló el final de mi libertad, rápidamente abaniqué el aire unas cuantas veces más con mi servilleta, la coloqué sobre mi regazo y doblé mis manos atrás sintiéndome muy aliviada y complacida conmigo misma. Mi cara debe haber sido la imagen de la inocencia cuando mi marido volvió, pidiendo perdón por tomar tanto tiempo. Él me preguntó si yo había echado una ojeada por debajo del vendaje de los ojos, y le aseguré que no. En este punto, él me quitó la venda de los ojos, y doce invitados a la cena sentados alrededor de la mesa cantaron a coro: ¡ Cumpleaños Feliz! Y... me desmayé !!!!!!!!!!!!!!

venres, 8 de outubro de 2010

Para rematar a semana, unha de anuncios...



Teño o pracer de compartir convosco o anuncio prohibido de Coca Cola. Meu primo Félix de Ponferrada que é un auténtico crack no tema dos correos electrónicos deixoume esta xoia!

Colosal para o meu gusto.

Que disfrutedes da fin de semana, e os que teñades ponte, que disfrutedes con ración doble.

Unha aperta.

Agora máis que nunca, Depor campeón!!!

Corren tempos difíciles para os que sentimos o Real Club Deportivo moi adentro. É tempo de apoiar, máis que nunca, a todos nos gusta gañar, celebrar títulos e éxitos pero o noso equipo cando máis nos necesita e neste intre, no intre no que non saen as cousas..., hai 3 tempadas estivemos nunha situación similar ou aínda peor..., o final saimos e incluso participamos na Copa da UEFA.
Debemos apoiar, non valen as excusas...

FORZA DEPOR!!!

xoves, 7 de outubro de 2010

Vacacións 2010 (1ª parte)

Como o prometido é deuda eiquí vos deixo a primeira parte das vacacións 2010. 6 días de duración que transcorriron polas provincias de Huelva (Ayamonte, Isla Canela, Isla Cristina, Islantilla, Moguer, Palos de la Frontera, La Rábida, Lepe -por certo, non me contaron ningún chiste, é máis, para encontrar un lugar decente para comer maldecin todo o habido e por haber cen veces-, e Huelva cidade), Sevilla e Salamanca. En vindeiros posts seguirei introducindo máis instantaneas. Se desexades ver as fotografía máis ampliadas clickade enriba delas. Muelle de las Carabelas, La Rábida (Huelva)
Casa das Cunchas (Salamanca)

Unha das entradas á Catedral de Sevilla


A Catedral de Sevilla e a Giralda




Catedral de Sevilla, coa Giralda e os cabalos (por certo moi recomendable a visita os lugares máis importantes da cidade no cochiño dos cabalos)



Catedral Nova de Salamanca





Centro Comercial ó aire libre en Islantilla (Huelva)







Igrexa de San Jorge, Palos de la Frontera (Huelva)






O soño feito realidade








A Giralda, Sevilla









A Torre do Ouro en Sevilla










Muelle das Carabelas, La Rábida (Huelva)











Paseo á beira do Guadalquivir, Sevilla












Outra vista do paseo nunha das marxes do Guadalquivir, e sí, Sevilla ten unha cor especial













Patio da Universidade de Salamanca















Praza de Ayamonte (Huelva)














Praza Mayor, Salamanca
















Porto Deportivo, Ayamonte (Huelva)

















Praia de Islantilla


















Outra vista do porto deportivo de Ayamonte (Huelva)



















Vista parcial de Sevilla desde a Giralda, Sevilla (moi a pesares do meu maldito vértixe)





















Con él perdeuse un Campión do Mundo

Hai uns días, en plena tertulia futbolística comentaba Pedino con gran acerto que a diferencia primordial entre os dous clubes máis grandes de España era que o Real Madrid non dispensaba o mesmo trato á canteira que o F. C. Barcelona, "e senón (dixo Pedino), mira Paquirrín"...
Supoño que moitos de vos xa sabedes que o fillo de Isabel Pantoja e Paquirri militou nas categorías inferiores do equipo merengue. Faime gracia cando Florentino Pérez comenta que no Real Madrid non pode xogar calqueira, senón so "os elexidos". Ben lle iría o bo de "Suplerfloren" votar a vista atrás da historia branca e ver algúns "elexidos" que pasaron por Concha Espiña, sen lugar a dúbidas que tería que rectificar nas súas verbas.

Logo do rexeite por parte dos técnicos da canteira branca a carreira futbolística de "Kiko" viuse truncada, téndose que adicar a outros menesteres. Quen sabe se con Paquirrín perdeuse un Campión do Mundo de fútbol..., imaxinádesvos o fillo da Pantoja levantando a Copa Jules Rimet no lugar de Iker Casillas?


mércores, 6 de outubro de 2010

O "semitemporal" do domingo fíxose notar en As Cruces

Así quedou unha das árbores do antigo campo da Feira de As Cruces na tarde-noite do domingo logo do pequeno pero intenso temporal de choiva e vento que azotou a zona Noroeste. Impresiona ver a foto feita por Juan González Ares "Karnotxo": nela vese a raiz acompañada do embelecedor de pedra que tiña arredor facendo circunferencia. Os efectos da caida da árbore puideron ser peores pero agraciadamente non houbo que salientar danos persoais nin materias (a pesares de que unha motoaniveladora estaba aparcada xusto o lado... "librouse por centímetros").

"California Gurls" Katy Perry feat. Snoop Dogg



Imoslle dar un pouquiño de vidilla a este mércores con este tema moi pegadizo de Katy Perry e coa colaboración do rapeiro Snoop Dogg. California Gurls é un dos temas que máis está a soar nas radiofórmulas neste comezo de outono. Cada vez que escoito esta canción produceme certo subidón.

Saudos.

luns, 4 de outubro de 2010

A pregunta da semana



Martes 28 de setembro, Esteban e eu quedamos en Ramiro para tomar algo mentres vemos o partido de Champions League entre o Auxerre e o R. Madrid, o pouco de comenzar o encontro chega un crack con barba, séntase nun taburete preto de nos, pide un "refrixerio" de laranxa, préndelle lume ó seu cigarro e comeza a contar chistes, igualiño, igualiño que Eugenio. Mentres tanto nos esmendrellabámonos pois esta actuación durou todo o partido..., quen era o personaxe en cuestión.

Asasino con tacos



Nigel de Jong, "futbolista" holandés do Manchester City volveu a facer das súas co consentimiento do xuíz da contenda.

Este "carniceiro", pois non se pode catalogar de outro xeito, logo de que entre outras andanzas lle metese literalmente a rodilla no peito a Xabi Alonso na final do pasado mundial de Sudáfrica 2010 e non ser castigada esta agresión debidamente polo controvertido Howard Webb. Esta fin de semana rompeulle a rodilla e Hatem Ben Arfa, ex-futbolista do Olympique de Marsella que actualmente milita no Newcastle United ingles, o equipo de Xisco, Coloccini e José Enrique entre outros. O curioso do caso é que de novo a arbitraxe volveu a estar do seu lado e non se sancionou nin con falta a acción.

No caso de De Jong chove sobre mollado, non son dous casos aislados senón que desde que se deu a coñecer no fútbol profesional destacou sempre pola súa agresividade rozando case a violencia que polo seu toque de balón. Creo firmemente que todo aquel que lesiona a outro xogador a proposito debería ter a mesma sanción que o futbolista perxudicado esté de baixa, así protexeríase máis a todo aquel que intenta agradar co seu fútbol e que fai que millóns de afeccioados de todo o mundo sintamos verdadeira paixón por este deporte.

Aproveito dende aquí para darlle a noraboa a Bert Van Malwijk por deixar fora da convocatoria da selección holandesa a este energúmeno logo de cortarlle de raiz a progresión a un rapaz, Ben Arfa, que promete ser nun periodo curto de tempo, unha das estrelas do fútbol europeo.

Deixovos o video coas entradas a Xabi Alonso e Ben Arfa, os dous "hits" máis importantes na carreira do leñador De Jong.

O coche segue sendo o medio favorito para viaxar

Con un 29% dos votos totais (24) o coche segue sendo o medio favorito para viaxar. Segueo moi de preto a motocicleta con un 25% (algo que me sorprendeu), en terceira posición quedan empatados o avión e "outros" con un 20%. O tren tan so o elexiu un 4% dos enquisados mentres que ninguén elixiu o barco como medio favorito.

Unha vez máis grazas a tod@s por participar

venres, 1 de outubro de 2010

Volta á normalidade

1 de outubro e polo tanto comezo de traballo para quen vos escribe logo de un mes "sabático". A verdade é que xa parecía que o corpo pedía volver á normalidade habitual.
De todos modos será un día atípico pois retorno a finais de semana e ata o luns non me sentirei aínda integrado de novo no traballo. Pouco a pouco como diría o outro.
E polo de agora pouco máis que contar, ando poñéndome o día co traballo atrasado.

Bicos, abrazos e boa fin de semana.