martes, 28 de setembro de 2010

Operación Retorno 2010

Moi boas compañeir@s, xa volvemos a andar por estes lares. Onte regresamos de uns días de ocio nas provincias de Huelva, Sevilla e Salamanca.
Os primeiros días de estancia en terras andaluzas tiveron lugar na provincia de Huelva onde se me teño que quedar con algo son as súas belas praias, Ayamonte (que ten un casco antigo fermosísimo) e o museo onde está a réplica dos barcos que levaron a Cristóbal Colón a América, chamado "Muelle de las Carabelas" en La Rábida, pegadiño a cidade de Huelva. O sábado foi o turno de Sevilla onde houbo a oportunidade de visitar os seus principais recursos turísticos a cabalo, ver a impresionante catedral sevillana, subir á Giralda, pasear ó borde do Guadalquivir coa Torre de Oro coma gardiana do paseo e adestrarme no máxico parque de María Luisa, xa de tarde tiven a oportunidade de coñecer a Alameda de Hércules que está poboada de terraciñas onde saciar a sede e o apetito de aquel que se acerque por alí. Por suposto de noite tocaba visita obligada a famosa Calle Betis, un dos referentes de marcha na cidade e como da outra vez que estivera en Sevilla quedei maravillado da terraza Puerto de Cuba ubicado nunha paraxe auténticamente espectacular decidín repetir experiencia e sen lugar a dúbidas que non me defraudou.
O domingo foi o turno de Salamanca (unha vez máis), e onte pola mañá puiden disfrutar das maravillosas obras de arquitectónicas que ofrece a cidade castelá. Foron 6 días bastante ben aproveitados onde a praia, as visitas culturais e o tempo para "tomar algo" estivo repartido equitativamente no tempo.

En breves poñerei fotos tanto eiquí coma no Facebook.

Saudos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Bien venido compañeiro!! que vidorra te pegas!! fas ven disfruta que para eso estamos aquí.

Sara

Unknown dixo...

Gracias, se hace lo que se puede..., jajaja. Está claro que esta vida es para disfrutarla, es lo que nos va a quedar.

A cuidarse.