luns, 9 de agosto de 2010

Otra Historia "Efecto Mariposa"



Principio de unha semana logo de un finde que veu cargado de bombo: eu a antibióticos dende venres (ando a ver se recupero a voz que hai 3 semanas que perdín, o proceso vai lento pero parece que vai por bo camiño), festas en Pousada, en Foxado, os Botes de Arzúa, Pardiñas, a Carballeira de Zas..., moitas actividades...

Onte en Pousada por fin puiden ver a Orquestra Marbella por primeira vez neste ano logo da súa gran "restructuración" e so poido darlle un calificativo: ORQUESTÓN.

Impresionante Irene, moi ben Kristie, o novo vocalista masculino moi dinámico, os metais do mellorciño de Galicia..., de impresión. Parrafeando un pouco co seu director e cantante Víctor confesoume estar moi entusiasmado nesta tempada e a verdade é que non é para menos pois vaia "Dream Team" que montou, moitos dos mellores músicos e cantantes de Galicia agrúpanse en Marbella nesta tempada. Alégrome un montonazo por Víctor xa que sei que o currou moito e o ano pasado tivo moitos atrancos para seguir co proxecto Marbella adiante. A solvencia e as gañas de agradar deste orquestón sen lugar a dúbidas que agradarán a milleiros de afeccioados as verbenas galegas. Darlle a noraboa a Comisión de Festas de Pousada por permitirnos disfrutar de Marbella pois sabemos que as festas non son baratas e ogallá todo vos saise fructiferamente.

Deixovos un videoclipo de Efecto Mariposa, "Otra Historia", unha das miñas favoritas do grupo malagueño.

Saudos

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Gracias Lato, a verdade eu non puiden disfrutar moito da orquesta pero o fin de festa foi espectacular, como se enrollaron os tipos.
Un bikiño
Laura de Pousada

Unknown dixo...

Non se merecen Lauriña, fixestes unhas festazas!!! Marbellá é puro espectáculo e portáronse de cine. Son uns cracks.

Bicos.

vero86 dixo...

Eu vina fai unha semana en Salto - Oza dos Ríos e gustoume moito, tiña ganas de volver ver a Kristie logo de que deixara a Olympus e a Irene e gustoume moito o resultado coas dúas xuntas na mesma formación.

En canto ó vocalista masculino novo, eu prefería que falase menos, cantase máis e lle deixara o rollo de animador da noite a Víctor, que para o meu gusto faino moito mellor. Non sei, cando canta semella que está acatarrado, ou que quere poñer voz de falsete sempre... igual son paranoias miñas, pero gústame moito máis Víctor.

Polo demáis, unha orquesta moi animada que fai unha festa ben boa ela soa sen necesidade de acompañarse da Paría de Noia, Panorama, etc. Chapó por eles!!