martes, 6 de xullo de 2010

Los Suaves estarán en Sobrado







Desvelouse a incógnita, LOS SUAVES serán cabeza de cartel da XI Feira da Troita que se celebrará en Sobrado os días 21 e 22 de agosto do presente ano.
O sábado 21 de agosto terá lugar o VI Festival Musical Intercultural da Xuventude onde o ex-líder de Siniestro Total Miguel Costas será o encargado de abrir lume e quentar o persoal para que arredor das 00.00 horas salte o esceario sobrades a banda liderada polo carismático Yosi. Rock galego de alta calidade para o primeiro día da Feira da Troita, unha boa antesala para o día grande, o domingo día 22 que este ano ademáis da típica degustación de "troita á montañesa" e polbo a Feira, haberá coma sempre stands de artesáns, baixada de carrilanas no "circuito de Alvariza", deportes o aire libre, e música, moita música: o mediodía actuación do grupo de baile A Maristela de Sobrado e pola tarde-noite concertos con Festicultores e Güezos para poñer un fin de festa acorde con esta XI edición.
Especial ilusión me fai que pise Sobrado Los Suaves, un dos meus grupos favoritos do rock nacional, agardemos que o tempo acompañe, é o único que pido.

Os días 21 e 22 de agosto todos a Sobrado!!!

4 comentarios:

Raquel dixo...

Estaremos!

Unknown dixo...

Biennnnnnnnnnnnn

SILVIA dixo...

NO ME LO PUEDO CREER!!
CADA AÑO ME PASA LO MISMOOOO, CREO QUE NO PODRE ESTARRRRRR..... ESTO ES UNA MI...

Unknown dixo...

Intenta hacer por estar! que viene Yosi a darlo todoooooo, jajaja.