xoves, 29 de xullo de 2010

Para gustos



Debo recoñecer que a voz da artista catalana Mónica Naranjo é unha das miñas debilidades. Certo é que a controvertida cantante está sempre no punto de mira da polémica polo seu xogo coas ambigüedades. A súa particular e potente voz é unha das máis destacadas e recoñecidas do panorama nacional.
Déixovos o videoclip "Chicas Malas" do ano 2002, un videoclip que aínda se fixo público hai relativamente pouco tempo pois no momento de publicitalo a Mónica non lle gustou como quedara e no seu lugar sustituiuse pola sesión de fotografías do disco.

Un saúdo

Xa está aquiiiiiiiiiii

O Concello de Sobrado acaba de facer oficial o programa de eventos da XI Feira da Troita que se celebrará os días 21 e 22 de agosto do presente ano.

Agardemos que a climatoloxía acompañe para estes días de troula.

Saúdos

P.D.: se queredes ver o cartel ampliado clickade sobre del.

mércores, 28 de xullo de 2010

Qué che suxire?

Logo de unhas semanas olvidado volve o "qué che suxire?", desta volta co controvertido piloto asturiano de Fórmula1 Fernando Alonso. Xa sabedes, unha soa palabra para describir ó personaxe en cuestión.

martes, 27 de xullo de 2010

A Feira da Troita de Sobrado xa ten blog oficial

Dende onte está habilitada na rede unha dirección de interese para a xente de Sobrado e alrededores, trátase do blog oficial da Feira da Troita de Sobrado dos Monxes. A dirección deste novo sitio é feiradatroita.blogspot.com alí se irán incluindo as novidades relativas a Feira da Troita que este ano cumple a súa XI Edición, así como fotografías e actividades.

Pasádevos a votarlle unha ollada.

Grazas

venres, 23 de xullo de 2010

Finde de sol e praia

Esta fin de semana toca sol e praia, algo que xa estaba desexando pois aínda non pisei ningún areal no que vai de verán (incrible en min) e o corpo xa pide tostarse (malo será que non me pille un pouco Lorenzo).
O destino elexido desta volta é Nigrán, como todos os veráns non lle perdoo un fin de semana nas Rías Baixas no mes de xullo (a gastronomía, a praia e o bo vivir mandan).
Puxenvos un par de fotos de Praia América, a praia máis coñecida de Nigrán xunto coa de Panxón, afortunadamente o hotel está ubicado a 200 metros polo que o camiño farase curto para darse un baño. A climatoloxía parece que vai responder polo que se nada se torce o finde promete.
Para ir abrindo boca deixovos de novo un video que xa andivo por eiquí nunha entrada anterior, o "Amazing" da rumana Inna, que vai moi relacionado co tema praia e sol.
Qué disfrutedes, unha aperta.



xoves, 22 de xullo de 2010

Flipando

Nin no mellor dos meus sonos me podía imaxinar que cando se me pasou pola cabeza facer este blog co agallo de compartir vivencias, falar de eventos, festas, diversións e coñas varias con quen quixese perder un anaco do seu tempo léndome ía acadar a cifra de visitas que este blog ten na actualidade.
Latosobrado.blogspot.com naceu no mes de xuño de 2007 pero non foi ata o 22 de xullo de 2008 (hai hoxe dous anos) cando me decidín a poñerlle un contador de visitas. A esta hora o marcador de visitas está en 80.051, unha cifra que me fai hinchar o peito e que a súa vez pareceme un halago para a miña persoa. Pero quero mellorar, non nas visitas, que me parece unha cifra incrible senón na calidade dos post e tamén teño a asignatura pendente de que os que vos pasades por eiquí comentedes máis os post. Quero agradecer as vosas visitas e de forma especial a aqueles e aquelas que comentades habitualmente.
Cando pase todo este apoxeo de agosto intentarei darlle nova vida o blog con temas inxeniosos e divertidos pois a esencia de este blog é o humor e tomar a vida de este xeito. Para ler cousas amargas e malos rollos xa están outros lugares cos que non me identifico.

Grazas a tod@s por estar ahí unha vez máis.

Sodes a caña!!!

mércores, 21 de xullo de 2010

Os burros eran os que castigaron ó animal

Boas amigos e amigas, tras o parón de estes días hoxe deixovos un post completamente indignado. Considerome un defensor a ultranza dos animais e o que fixeron uns mal nacidos (porque non poden ter outro nome) con un burro en Rusia non ten perdón de Deus. De verdade que a esta xente deberíana multar pero non con unha cifra simbólica, senón que lles sacudisen ben o bolsillo para que a vindeira vez que intenten facer unha campaña se poñan eles colgados das suas partes nobles nunha campana mentres esta repenica.
Pareceme repugnante, odioso, lamentable e detestable.

En fin, está claro que gilipollas hainos en todos os lados.

RUSIA

Consternación por un burro al que hicieron volar en paracaídas

Esta escena poco común llamó la atención de la policía regional, que abrió una investigación.


Los rusos que veraneaban la semana pasada en el pueblo cosaco de Golubitskaia, a orillas del mar Azov (suroeste), quedaron consternados cuando vieron a un burro planear en el cielo con un paracaídas sobre su lomo atado por un cable a un bote que lo traccionaba, indicó este martes la policía.
El burro, aterrado, fue tirado durante una media hora por el aire «antes de aterrizar en el agua y ser arrastrado durante varios metros», relató el canal de televisión Russia Today que mostró las imágenes (http://www.youtube.com/watch?v=hEep5BrexT0).
El animal gritaba del miedo mientras volaba en el cielo frente a una multitud de veraneantes congregados en la playa.
Según Larissa Tuchkova, vocera de la policía regional, el burro terminó en el aire por una campaña de publicidad improvisada en una playa privada. Russia Today indicó por su parte que los organizadores intentaban promover un paracaídas especial.
Esta escena poco común llamó la atención de la policía regional, que abrió una investigación. «Las autoridades estudian inculpar a los responsables por crueldad hacia los animales, (un delito) que puede ser sancionado con dos años de prisión», indicó Russia Today.
«El burro aterrizó de manera atroz: fue arrastrado durante varios metros en el mar antes de llegar, medio muerto, a la orilla», precisó la semana pasada el periódico local Taman.
El animal finalmente sobrevivió.

venres, 16 de xullo de 2010

Barricada hoxe en Teixeiro



Estes días e xa vai ser un sin parar ata que pase a XI Feira da Troita ando algo apurado co traballo polo que de pouco tempo dispoño para que o blog esté en funcionamento de xeito diario.
Resumindo moito direivos que hoxe temos un concertazo en Teixeiro, no comezo das festas da Xuventude, estará Barricada coma cabeza de cartel (será a cuarta vez que os vexo en directo e son espectaculares e moi profesionais que diría Manquiña en AirBag). De teloneiros estará Oath e Forraje.
Se o tempo acompaña a praza de Teixeiro promete cheo esta noite, agardemos que así sexa.
Un saúdo e que teñades unha plácida fin de semana.

* P.D: que concertazo de Ben Harper o mércores en Santiago, increible.

mércores, 14 de xullo de 2010

Ben Harper "In The Colors"



Ben Harper estará hoxe na Praza da Quintana en Santiago de Compostela a partires das 22.30 horas. Unha expedición de Sobrado desplazarase ata a capital galega para disfrutar deste pedazo de concerto para logo sair un ratiño pola sempre apetecible zona vella compostelá.
Deixovos o videoclip "In the Colors" para ir entrando en calor.

Unha aperta

luns, 12 de xullo de 2010

E o sono fíxose realidade...

Xa está, por fin, de unha vez por todas pódese dicir: son/somos CAMPIÓNS DO MUNDO DE FÚTBOL. Atrás quedan malas sensacións nos mundiais, derrotas inxustas, arbitraxes calamitosos (un deles foi o de onte da final, vergonzoso Howard Webb), a barreira dos cuartos de final que foi aniquilada de golpe e porrazo; primeira vez que España chega a final do mundial e título para a casa. O gol do home que non é mediático, o que non leva piercings, nin mechas, nin tatoos, o que leva o esférico pegado o pe e sufre mil e unha patadas sen rechistar e se levanta e segue xogando: o quixote da Mancha, Andrés Iniesta. Ese gol quedara grabado para sempre nas nosas retinas. Mención especial tamén para Iker Casillas, o mellor porteiro do mundo foi criticado inxustamente por novas que nada tiñan que ver co fútbol e conforme foi transcurrindo o Mundial deixou ben as claras que hai moitos "periolistos" que mellor era que se adicaran a outra cousa. Mereceo o igual que a súa moza, unha boa profesional que é críticada so por ser moza de..., unha inxustiza.
Este é o Mundial de todos, dos 23 xogadores, do corpo técnico, de todos os afeccioados o bo fútbol que onte dou un paso adiante. Amosouselle o mundo que se pode ser campeón do mundo e campeón de Europa facendo fútbol bonito e de toque. Onte tod@s o celebramos, foi un festón e aínda hoxe o ver as imaxes en televisión emocionome e pónseme a pel de galiña. Estou sen voz, pero mereceu a pena, foi moita a tensión acumulada, moitos nervos, penso que dende a final do Centenariazo en Madrid xamáis estiven tan nervioso por conta do fútbol, agora toca disfrutar, hoxe máis que nunca a cor vermella é o símbolo identificativo do noso país.

GRAZAS POR ESTES MOMENTOS INESQUECIBLES CAMPIÓNS!!!

venres, 9 de xullo de 2010

Primicia: xa está a venda a camiseta da Comisión de Festas Sobrado 2010


Dende hoxe xa está a venda a camiseta conmemorativa das festas na honra a Virxe dos Dolores, Sobrado 2010. A comisión acaba de facela oficial no seu facebook. O prezo da camiseta será de 10€ e todos aquel@s que desexedes mercala non tedes máis que dirixirvos a calqueira membro da comisión de festas ou ben solicitala no Facebook da comisión de festas.

xoves, 8 de xullo de 2010

A xeracíón do 78 terá un novo papá

Emilio Tato, amigo dende a infancia e compañeiro de xeración do 78 e a súa dona Ana serán papás dentro de uns meses.
O propio pai foi o encargado de comunicarmo antonte; sen lugar a dúbidas unha grandísima nova.

Parabéns os futuros papás e desexovos que todo vai segundo o previsto.

Unha aperta.

BOCELO



Grazas ó Facebook do Gran Maestro Riki de Melide descubrín este curto de 6 minutos e 52 segundos titulado Bocelo. Unha pequena historia que trata o doado que é perderse coas novas tecnoloxías. Neste curto sae moita xente coñecida de Sobrado.

Parece que o cine volve de novo...(e digoo con segundas pois en cuestión de un mes dareí unha primicia que ides flipar respecto ó cine e Sobrado).

Saúdos

martes, 6 de xullo de 2010

Los Suaves estarán en Sobrado







Desvelouse a incógnita, LOS SUAVES serán cabeza de cartel da XI Feira da Troita que se celebrará en Sobrado os días 21 e 22 de agosto do presente ano.
O sábado 21 de agosto terá lugar o VI Festival Musical Intercultural da Xuventude onde o ex-líder de Siniestro Total Miguel Costas será o encargado de abrir lume e quentar o persoal para que arredor das 00.00 horas salte o esceario sobrades a banda liderada polo carismático Yosi. Rock galego de alta calidade para o primeiro día da Feira da Troita, unha boa antesala para o día grande, o domingo día 22 que este ano ademáis da típica degustación de "troita á montañesa" e polbo a Feira, haberá coma sempre stands de artesáns, baixada de carrilanas no "circuito de Alvariza", deportes o aire libre, e música, moita música: o mediodía actuación do grupo de baile A Maristela de Sobrado e pola tarde-noite concertos con Festicultores e Güezos para poñer un fin de festa acorde con esta XI edición.
Especial ilusión me fai que pise Sobrado Los Suaves, un dos meus grupos favoritos do rock nacional, agardemos que o tempo acompañe, é o único que pido.

Os días 21 e 22 de agosto todos a Sobrado!!!

Unha maioría abrumadora rectificaría cousas do seu pasado

A enquisa do mes de xuño deixa ben as claras que unha gran maioría dos lectores de este blog, concretamente o 82% rectificaría algo do seu pasado se puidese volver atrás. Pola contra tan so un 17% opina que non rectificaría nada se volvese tempo atrás. (Esta enquisa ten un marxe de erro de un 1%).


Grazas a tod@s por participar.

luns, 5 de xullo de 2010

O Sobrado On Tour 2010 estivo onte nas festas de Présaras



Unha representación do Sobrado On Tour 2010 (Pazitos, O Muxico -o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón-, Truki, Álvaro e eu) estivemos onte a noite no peche das festas de San Pedro en Présaras. Moitas caras coñecidas, unha noite bastante agradable, moita xuventude pechando a festa e moita felicidade na xente ou polo menos esa era a impresión que daba ollando as caras dos alí presentes. Para amenizar todo esto estaban as orquestras Panamá e París de Noia.
Cada orquestra fixo un pase de 2.30 horas seguidas e foi a formación de Noia a encargada de pechar estas famosas festas.
Decir que a París de Noia, logo de varios anos dando tumbos, esta tempada sí que está a dar o Do de peito e as súas actuacións veñen sendo acordes o nome que acompaña a orquestra. Son moi mellorado, dúas voces femininas sensacionais xunto con un Christian Maya que parece que cada ano que pasa mellora enriba do esceario. Non me quero olvidar do todoterreo Blas, que segue o pé do cañón un ano máis e xa van...
Por suposto o elenco de músicos que acompañan a París de Noia son do mellorciño que hai na escea orquesteira galega, un músicos que lle dan moita viveza o espectáculo: Marcos Valcarcel, Wilson, Jeanette...
É moi boa nova que París de Noia esté a recuperar as sensacións como mellor orquestra de Galicia que foi. A nivel particular sígome quedando con Panorama pero esta tempada a cousa parece estar máis igualada. Do que vin ata o momento a decepción máis grande é unha das miñas favoritas: Olympus, que non me gustou nada de nada, o certo é que tan so tiven a oportunidade de vela unha vez (en Guitiriz), confío en que a próxima vez que a vexa a impresión sexa outra.

Hoxe algúns integrantes do Sobrado On Tour 2010 amenazan con ir a Oza dos Ríos e o que é máis amenazan con levarme polo civil ou polo criminal a ver a Panorama, pero hoxe o menda lerenda non sal.

xoves, 1 de xullo de 2010

Koruño, legado de Hércules



Tod@s ou case tod@s sabedes o que é o "Koruño", unha xerga (por chamarlle de algún modo) que se fala na cidade da Coruña e a súa área metropolitana. Deixovos unha parodia que conseguín grazas o Facebook do meu compañeiro de instituto Diego Dans. Parece que nun futuro haberá máis esceas coma estas.

Buuuu chorvo que movida!!!

Un pouquiño de bailoteo guapo



Teño a sensación de que hoxe é luns pero o caso é que estou nun erro. É xoves, volta a nocturnidade e a alevosía..., música movidiña do verán, "Bring on the night" de Elijah Feat. Estela Martin.

A disfrutar!!!

Pseudo volta á normalidade

Logo de 5 días sen deixar rastros da miña estancia por estes lares retómolle un pequeno pulso ó blog. Foron días atípicos, extranos..., raros en breves palabras.
Martes foi festivo local eiquí en Sobrado, un festivo que daba inicio a festividade de San Pedro, patrón do pobo e símbolo das primeiras festas importantes no que ó verán sobradense respecta.
Climatoloxía espectacular con un sol de xustiza e noites máis que agradables. A festa amenizouno no seu primeiro día a orquestra Tropicana de León. Decir que se xuntou un número importante de xente pola noite a pesares de que cadraba no medio da semana. Houbo festa por todo o alto ata altas horas da madrugada, primeiro na praza do Concello e a posteriori en diversos locais hostaleiros de Sobrado.
Onte mércores era o segundo e último día das festas do "San Peter", unhas festas para abrir boca nun verán que promete.
A orquestra encargada de poñer a música foi Delirio. Moi boa orquestra que seguro que a primeira vez que a vedes sorprenderavos musicalmente pois ten unha boa e variada oferta musical, bo son e actividade nos seus musicos.
Un chisquiño menos de xente na noite de onte e tamén un chisquiño menos de animación pois o persoal andaba cansado do largo festivo anterior.
Hoxe volta á normalidade pero para quen vos escribe mañá de novo haberá variacións no que a un venres normal respecta. Celebrase como cada ano a "Festa dos Maiores" no pavillón polideportivo e alí estaremos mañá e tarde axudando para que os nosos maiores disfruten de un gran día: o seu día.
Polo tanto mañá este blog estará inactivo no que a miña persona respecta.
Noutra orde de cousas decir tamén que o sábado e domingo son as festas do San Pedro na vila natal do meu pai, Présaras. Se vos queredes pasar por alí este é o cartel de orquestras: o sábado 3 de xullo as formacións que actuarán serán Grupo Tokio e a Orquestra da nosa amiga Rosalía Xente Nova.
Polo que respecta ó domingo 4 de xullo a música correrá a cargo da orquestra Panamá e como broche de ouro: París de Noia.
Unha París de Noia, por certo, que tras varios anos dando bandazos parece que esta tempada volveu a medrar e o venres puiden disfrutar coa súa actuación en Guitiriz, pola banda contraria decepcionoume moitísimo Olympus, agardo vela máis veces pois unha mala noite tena calquera pero non me pareceu nin a sombra do que foi anos atrás, agardo que tan so fora iso: unha mala noite.

Saudos xente!!!