martes, 8 de xuño de 2010

Quentando motores para o Mundial 2010

Apenas faltan 3 días para que dé comezo o Mundial de Fútbol de Sudáfrica. O venres terá lugar o inicio de un apaixoante mundial onde quen vos escribe ten postas moitas esperanzas na "Roja" e que nos dé unha alegría como ocorreu hai dous anos na Eurocopa 2008 que trouxo para España o segundo entorchado europeo da súa historia.
O partido inaugural terá lugar no Soccer City de Johanesburgo a partires das 16.00 horas e enfrontará os anfitrións Sudáfrica co México de Javier Aguirre, e o deportivista Andrés Guardado entre outros. Neste estadio tamén se xogará a final o domingo 11 de xullo.
Polo que respecta a España, o seu comezo no Mundial de Sudáfrica terá lugar o Mércores 16 de xuño a partires das 16.00 horas fronte a Suiza. España está encadrada no Grupo H, ademáis de Helvéticos e Españois tamén están as seleccións de Chile e Honduras, (un grupo doado a priori...)
A día de hoxe as dúbidas cérnense sobre 3 pilares básicos do cadro de Vicente Del Bosque: Fernando Torres, o goleador na final da Eurocopa fronte a Alemaña, que foi operado de menisco hai 9 semanas e chegará moi xustiño o Mundial; Cesc Fábregas, o capítán do Arsenal londinense tamén andivo aqueixado de diversas lesións e aínda lle falta un puntiño para dar o seu mellor nivel; e por suposto, Andrés Iniesta, que no primeiro amistoso que xogou fronte Emiratos Arabes erixiuse coma o mellor xogador español tras sair de unha importante lesión que lle fixo perderse os derradeiro enfrontamentos ligueiros do seu equipo, o F.C. Barcelona. Ademáis de estos 3 xogadores David Villa pasou aqueixado parte da segunda volta da Liga das Estrelas aqueixado de un hombreiro, haberá que ver como evoluciona a flamante nova fichaxe blaugrana.
Está claro que gañar un Mundial, por moi bo plantel que haxa depende de moitos factores (de feito se España non andivese atinada nos penalties en Cuartos de Final fronte a Italia na Euro 2008, estaríamos falando que unha vez nos houberamos volto para a casa na maldita ronda). as lesións e os arbitraxes (sempre controvertidos e baixo o acuso de sobornos nos Mundiais) están a orde do día.

Hoxe propoñovos que dedes a vosa opinión sobre as seguintes cuestións para ver o que pode deparar o Mundial de Sudáfrica:

1. Quen cres que vai gañar o Mundial?
2. Cal pensas que vai ser a Selección Revelación?
3. Que Selección pensas que será a decepción do Campionato?
4. Cal será o mellor xogador de Sudáfrica 2010?
5. Máximo goleador do Mundial?

GRAZAS POR PARTICIPAR, COMO AMANTE DO FÚTBOL ESTOU DESEXANDO QUE CHEGUE XA A HORA DE INICIO, NON ME VOU CANSAR DE VER PARTIDOS!

2 comentarios:

Unknown dixo...

1. Campeona: España
2. Selección Revelación: Chile
3. Selección Decepción: Italia
4. Mellor xogador: Andrés Iniesta
5. Máximo Goleador: David Villa

vero86 dixo...

Qué optimista!! Dios te escoite...