xoves, 10 de xuño de 2010

O cartel do San Pedro 2010 xa é oficial


A Comisión Organizadora das festas de Sobrado 2010 xa está a publicitar as festas na honra o patrón do pobo San Pedro.
Este é o cartel dos dous días de celebración das festas "pequenas" do pobo de Sobrado dos Monxes onde como é habitual celebrarase os días propios de San Pedro e San Pablo.
O primeiro día Martes 29 de xuño (festivo local no Concello), a festa comezará cedo co pasarrúas a cargo da Banda de Música Santiago de Arteixo. As 13.00 horas haberá misa solemne na Igrexa de San Pedro de Porta para pasar de seguido a sesión vermut que correrá a cargo da Orquestra Espectáculo TROPICANA de León.
Pola noite foliada ata altas horas da madrugada a cargo de novo da Orquestra TROPICANA.
O mércores 30 de xuño (segundo e último día das festas) terá o seu inicio as 13.00 horas coa misa solemne na Igrexa de San Pedro de Porta. De seguido sesión vermut con unha das orquestras que seguro vai dar moito que falar, e para ben neste verán galego 2010, a Orquestra DELIRIO. Xa pola noite esta mesma orquestra será a encargada de pechar as festas na honra a San Pedro que serven de aperitivo para as festas grandes do pobo, a Virxe dos Dolores que terán lugar os días 17,18 e 19 de setembro.
Tamén cabe recordar que en Sobrado haberá outros importantes eventos coma o Día da Familia o sábado 10 de xullo (comidas campestres na área recreativa de Pontapedra ó lado do río Tambre amenizadas con música), ou a XI Edición da Feira da Troita que se celebrará os días 21 e 22 de agosto. Como é habitual o primeiro día estará adicado os máis xoves con concertos de importantes grupos nacionais e o segundo día será o momento da degustación de "Troita á Montañesa" e polbo, haberá mostras de artesanía, grupos de baile rexional, Baixada de Carrilanas polo xa recoñecido "Circuito de Alvariza" coa participación estelar das Carrilanas de Esteiro (Muros), e concertos musicais pola noite.
Ademáis de todo esto haberá diversas actividades culturais coma teatro, música clásica, contacontos, Cine o aire libre.
Tamén contaremos coas diversas festas parroquiais que se extenden dende o mes de abril ata outubro, polo tanto este verán en Sobrado, racharase máis coa pana que nunca!!!

2 comentarios:

Raquel dixo...

Qué bien suena todo eso! qué ganas de verano, de sol, de fiestas y de vacaciones!!!!!!!! qué lleguen ya por dios!!!!!!

Unknown dixo...

Sí suena bien, sí! y puestos a pedir, por favor que no parezca que estamos en noviembre!