venres, 4 de xuño de 2010

Comeza a temporada forte de festas


Comeza a tempada forte de festas e verbenas galegas con bo tempo. A verdade é que xa apetece logo do duro inverno que acabamos de pasar, e que mellor que poder ir de un lugar a outro vendo as moitas e grandes orquestas que temos en Galicia. Esta fin de semana en Sobrado temos doble cita de festas. As festas do Corpus Christi celebraranse nas parroquias de Cumbraos e de Grixalba.
En Cumbraos comeza hoxe a festa coa excelente orquestra Xente Nova no que a nosa amiga Rosalía de Teixeiro é unha das voces femininas. Mañá estará outra boa orquestra: Alarma, e o domingo haberá sesión vermú con un Dúo.
En Grixalba a festa comezará máñá con unha das orquestras que promete ser revelación neste verán 2010 e que estará aquí en Sobrado o mércores 30 de xuño (2º días das festas pequenas) para celebrar as festas do patrón da vila, San Pedro: trátase da Orquestra Delirio; quedádevos co nome porque falan maravillas dela. Eu aínda non a vin tan so por youtube pero teño moitas gañas. Para o domingo haberá o igual que en Cumbraos sesión vermú con un Dúo.
O dito, con moitas gañas de festa e máis con este tempo que incita a sair da casa sí ou sí.
Que teñades unha boa fin de semana.

Ningún comentario: