martes, 1 de xuño de 2010

Aviso: no kilómetro 471 da Autovía A6 dirección A Coruña a altura de Lugo hai radar

Así o puiden constatar este mediodía cando cheguei de traballar. Unha flamante carta me agarda encima do moble da sala decíndome que o luns 17 de maio (cando volvía de pasar a ponte das Letras Galegas) pasei por ese punto kilométrico a 139 km/h as 17.35 horas. Na foto de unha calidade exquisita pódese ver a totalidade do meu coche na parte traseira (por certo, que limpiño iba...), e outra foto co obxectivo fixado na matricula. O prezo da instantanea son 100€ que me quedarán en 70€ coa reducción do 30%. Ten gracia pois toda a viaxe de ida e volta fun pendiente de non pasar de 135 km/h sabedor de que a A6 está infestada de radares e a verdade é que en ningún momento me dou conta de haber acadado esa velocidade, pero se os "recaudadores" o din será verdade, ou polo menos terei que creelos. A única boa nova é que non me quitan puntos. É a primeira multa da miña vida e agardo que non cheguen máis aínda que con despistes así calqueira cousa pode pasar. Xa tedes un punto kilómetrico máis para apuntar na vosa axenda de ruta, recordade, 471 dirección A Coruña.

Como diría o outro: "buenoooooo, a robar carteras!"

4 comentarios:

Anónimo dixo...

É que se cadra non ías a 139 nin de coña pero, ¿como o demostras?
A meu pai pasoulle que lle multaron indo para Santiago (en Marquiño, concello de O Pino se non recordo mal) a 72 km/h (nun tramo limitado a 50) coa mesma multa que a ti, e dase a casualidade de que sabía onde estaba o radar e íame avisando a min de onde estaban para que no sucesivo non me emplumasen a min... e zas!!!! E podo asegurar, porque ía con el no coche, que nin de broma pasou por alí a 72 km/h, pero... reclámalle algo á maquinita a ver que che di! A pagar toca...
E coma a el a máis veciños nosos que, oh casualidade!, multáronos no mesmo sitio, supostamente á mesma velocidade, e coa mesma multa... que pasa, que todos vamos a 72 por ali? Non hai ningún que vaia a 73? Eu xa estou por pensar que as maquinitas esas están programadas para multarnos a todos igual e pista... non che sacan puntos, porque non era infracción para tanto, pero jódenche os cartos...(con perdón).
Esto so é o afán recaudatorio da DXT!!

Unknown dixo...

Moi boas: vaia..., acabo de alucinar o ler o teu documento. Coñezo a zona do Marquiño e sei onde está o radar, según vas de Curtis cara a Santiago na man dereita o lado das bandas rugosas. Polo que ti transmites aquí o tema este das multas a 72 km/h é canto menos sospeitoso pois como ben dis, podería que algúen pasase a máis velocidade ou a algo menos... pero non, todos a mesma velocidade..., e digo eu, o "cacharriño" funcionará correctamente ou ben terá o MODO ON automático para que cada "X" coches "unha foto de regalo".

Saudos e grazas por comentar este curioso e interesante tema.

Anónimo dixo...

É incríble o que pasa neste país cos radares fixos, de verdade. Son unha auténtica estafa!! E tamén, curiosamente, na carta que che envían coa multa, pon que foi revisado e posto a punto recentemente (pouco antes do dia que te empluman, vaia). Que raro que sempre que multa a alguén acaba de ser revisado...

O dito, era pouco ir alí e darlle cun pico!!

Anónimo dixo...

si hai radar e un kilometro antes xa che estan avisando cun cartel grande a altura de Sobrado jejeje.....RADAR....e ti claro a tua puta bola falando con Noe de cousas ou co ruido do pum pum pum nin te enteras e zasssssssssssss

saludos-----Fer-Nando