venres, 14 de maio de 2010

Señores periodistas, teñan coidado cos micros...



Nas últimas horas vense falando da patética imaxe que dou Telecinco encabezada por J.J. Santos na retransmisión da Europa League que o mércores enfrontou o Atlético de Madrid e o Fulham inglés con victoria final para os colchoeiros.
J.J. Santos foi pillado en algunha das conexións facendo xestos de enfado, así como casi non deixando falar o invitado especial que tiñan para a ocasión que non era outro que un dos mitos vivos do clube do Manzanares: Enrique Collar. O bo de Don Enrique apenas se lle puideron escoitar dúas frases ó longo dos 120 minutos que durou o encontro..., afortunadamente J.J. deixoulle cantar o himno do "Atleti" ó proclamarse campións...
Pero esta non é a primeira vez que lle sucede ó periodista nesta tempada e noutro partido de Europa League baixaba todos os santos polo mal traballo dos técnicos de son xa que non podía falar coa bela Sara Carbonero que se achaba a pé de céspede debido a "uns parece ser insufribles ruidos". O caso é que foi pillado en directo e difundiuse por todo o país.
Agora navegando polo youtube acabo de encontrar esto..., que xamáis vira nin oira ou lera nada o respecto. Trátase dos especialistas na NBA de Canal +, David Carnicer e o ex-baloncestista Nicola Loncar. O tema é que estaban a retransmitir en directo un partido da mellor liga de basket do mundo. Nunha desconexión os micrófonos quedaron abertos e pasou isto que ides ver de seguido...

NON TEN DESPERDICIO, SEGURO QUE ALGÚN TIVO QUE RENDIR CONTAS Ó CHEGAR A CASA...

Ningún comentario: