mércores, 19 de maio de 2010

"Como me voy a olvidar, que el Deportivo ganó la Liga..."

Para todos os deportivistas o 19 de maio é unha data especial, nesa data, nunha tarde de venres do ano 2000 o Real Club Deportivo firmaba a páxina máis brilante da historia do deporte en Galicia o alzarse campión da Liga de Fútbol. Hoxe cúmplense 10 anos daquela verdadeira fazaña, un sono feito realidade que perdura na retina de todos os que seguimos a vivira a "Deporpaixón". Recordo o mal que o pasei vendo o partido, o penalti de Djukic contra o Valencia 6 anos atrás aínda estaba presente nos peores pesadelos branquiazuis..., pero desta volta ía ser distinto, primeiro Donato con un remate de cabeza que nos fixo berrar gooooooooooooooooooooool como nunca na nosa vida e logo Makaay aínda na primeira metade co 2º tanto que nos daba a tranquilidade necesaria para vernos campións sen sobresaltos. A 2ª metade foi pasando ata que chegado o pitido final Riazor, A Coruña, Galicia e moitas partes de España e do Mundo saltaron de xúbilo o ver o triunfo de un equipo humilde. Un triunfo do que so poden falar 9 equipos en España, un triunfo da cidade máis pequena en habitantantes (apenas 275.000) en acadar unha Liga. Quédome sen palabras.
Por momentos do partido notaba unha presión moi forte no peito que parecía que me ía dar un infarto (de feito incluso me cheguei a asustar). Cando se chegou o final do encontro sentín unha liberación..., non sei, supoño que so os que sodes deportivistas e estades a ler esto o podedes entender. Para nós non é doado gañar un título, e esa época foi máxica, irrepetible.

So dar as grazas o Presi Lendoiro por conseguir todo o que conseguimos, a Javier Irureta, que aínda que xamáis foi santo da miña devoción débenselle recoñecer o seu bo facer co Depor, e por suposto a Songo´o, M. Pablo, Romero, Naybet, César, Don Mauro Silva, Makaay, o "Mago" Djalminha, Pauleta, Fran, Turu Flores, Scaloni, Kouba, Jokanovic, Iván Pérez, Flavio Conceiçao, Manel, Víctor, Fernando, Donato, Ramis, Schurrer, Jaime, José Manuel, José Ramón e Dani Mallo.
Como non, o resto dos que formamos parte "de fora", socios, afeccioados e simpatizantes.

GRAZAS DEPOR E FELICIDADES POR ESTOS 10 ANOS

2 comentarios:

vero86 dixo...

GRANDE DÉPOR!!!!

E si, entendo a sensación esa que tiñas pola que chegaches a asustarte jeje. Eu non cheguei a tanto, pero a noite do Centenariazo arrefrioume a cea no prato, non apartaba a vista da tele! jeje

Cantos anos pasarán para que a historia se repita?

Unknown dixo...

Buff, a do Centenariazo foi outra..., que sempre recordo cada 6 de marzo aquí no blog (o arquivo de post me remito). Foi impresioante, non sabes o moito que me alegro de habelo vivido alí, in situ, no Santiago Bernabeu, na festa do R. Madrid, todo preparado para eles. Creo que xamáis chorei con tanta ledicia na miña vida. Ese día quedará grabado na miña vida para sempre. SOUBOME TANTO OU MÁIS QUE A LIGA POR TODO O QUE SIGNIFICOU.