luns, 31 de maio de 2010

Enquisa: resultados moi axustados

Andivo a cousa moi apretada nos resultados da enquisa do mes de maio na que se preguntaba "se te considerabas unha persoa afortunada no amor". 10 persoas (52%) considéranse afortunadas mentres que 9 persoas (48%) non se consideran afortunadas. Andivo a cousa moi xustiña..., grazas a tod@s por participar. Axiña estará a enquisa do mes de xuño.

A pregunta da semana


Quen dixo o sábado de madrugada "eu tranquilo e ela quieta?"

venres, 28 de maio de 2010

Qué che suxire?





Hoxe nova entrega do "que che suxire?" co polifacético "Rolling Stone" Mick Jagger. Xa sabedes un adxectivo ou ben un sustantivo para definir á persoa en cuestión.

Saudos e boa fin de semana.

Unhas risas nunca veñen mal



Necesitaba rirme, rirme de verdade, desto que che can as lágrimas coa risa e este video conseguiuno. Do mellor que vin pola rede ultimamente, os comentarios sublimes (visionadeo máis de unha vez porque o documento é dos bos) e por suposto, o plato forte chega ó final coa actuación do neno pequeno. Creo que no vindeiro día de troula forte vou cambiar o "a robar carteras" por todo "esto".

Saudos.

mércores, 26 de maio de 2010

GRAZAS


Grazas a todos e a tod@as por acordarvos de min e darme ánimos nestes días un pouco menos felices do habitual.

Unha aperta.

martes, 25 de maio de 2010

Xogaremos os acertixos (2)



Pista número 2 para atinar quen será o grupo ou solista cabeza de cartel da XI Edición da Feira da Troita. Hoxe..., FANGORIA

A pregunta da semana

Quen confesou o pasado domingo que lle gusta comer a lasagna con patacas fritas?

sábado, 22 de maio de 2010

Xogaremos os acertixos



O cartel da XI Feira da Troita de Sobrado está a piques de pecharse e as negociacións avanzan no bo camiño pero aínda é segredo o grupo ou solista que actuará de cabeza da cartel.
Eu irei dando pistas falsas e so duas verdadeiras ó longo de estas semanas mentres non se produza de maneira oficial a presentación dos carteis a ver se atinades que artista ou artistas estarán en Sobrado o 21 de agosto.
Hoxe a primeira pista, ALEX UBAGO.

venres, 21 de maio de 2010

Unha finde para disfrutar da climatoloxía

Por fin chegou o sol e o calor; parece que a climatoloxía nos vai seguir acompañando estes días (polo menos ata luns). A xente tiña moitas gañas de praia e no momento en que comezaron a aparecer os primeiros síntomas de calor os areais comezáronse a encher de bañistas ansiosos de bo tempo.
De seguro que mañán as praias de todo o país van a estar a rebosar de xente: calor, bo tempo e por riba sábado..., apetecible, moi apetecible... peroooo, polo que a min respecta non me collerá esa breva (non por que non queira) senón porque mañá comezamos o Camiño Norte por tramos divididos en diversos sábados cara a Santiago (que por certo igual nos vai vir a vista con este solano...).
Eso sí, o domingo e o luns (en Sobrado é festivo local) será outra historia e poida ser que comece a miña rápida e intensa carreira-habilidade para poñerme "moreno-xitano" (como di a gran Maricarmen -miña nai-) en 0.5 ou en menos tempo aínda.

QUE DISFRUTEDES DO FINDE, A PASALO COMO A OCASIÓN SE MERECE!

Hoxe Festa do 5º Aniversario do "Pub Kemais?"

Un dos pubs referencia na movida melidense, o Pub Kemais? celebra na noite de hoxe unha macrofesta como conmemoración dos 5 anos de gran atención o público que leva o establecemento. O xerente do pub Alberto e a súa xente convídanvos a tod@s a que vos pasedes hoxe por alí, a diversión está garantida, haberá festa por todo o alto e acabará moi, moi tarde.
Ademáis ó "Kemais" estrea sistema de iluminación, haberá festa de Ron Brugal e Coca Cola, agasallos personalizados para todos os asistentes, Azafatas, Go-go´s, Drag Queens, Choiva de Cd´s, sorteo sorpresa e un SUPER SORTEO DE 300€ EN EFECTIVO.
Non tedes excusa para non ir, estades tod@s convidad@s.

P.D: FELICIDADES A XERENCÍA E PERSOAL DO PUB KEMAIS POLO SEU BO FACER Ó LONGO DE ESTES 5 MARAVILLOSOS ANOS. E QUE CUMPLADES MOITOS MÁIS!!!

Remember "deluxe"



Quen non recorda o fermoso verán do ano 2000? moitos e bos temas sairon nesa primaveira-verán. Un deles foi este, un auténtico temazo da música electrónica que aínda hoxe se pode escoitar en diversos lugares de ocio e segue a soar así de ben. Deixovos co "Sandstorm" de Darude, unha canción que a pesares de non ter letra calou moi fondo na xente pois a música resulta moi pegadiza e o ritmo vertixinoso que adquire a canción segundo vai evolucionando fai que ninguén se poida olvidar do repetitivo pero contaxioso son.

Comeza o finde amigos...

xoves, 20 de maio de 2010

Se non o fago revento

Coñecía dende hai algún tempo o maravilloso funcionamento do Spotify (ese espectacular adianto tecnoloxico que nos permite escoitar millóns de cancións sen ter que descargalas). Pero como toda maravilla sempre hai un "pero" e ese "pero" en cuestión é que para poder acceder a este programa alguén QUE XA SEXA USUARIO DE SPOTIFY te ten que invitar a acceder, ademáis cada usuario tan so ten 10 prezadas invitacións (coma se de pases VIP para a Sensation de Amsterdamm se tratase). Grazas a Sandra, a xogadora do Atlético Sobrado que as veces tamén xoga coma porteira (Sandra, tiña que dicilo..., jajaja) adentreime no maravilloso mundo Spotify. Unha das cousas que chama a atención é que entre canción e canción hai anuncios relacionados con este programa, e ahí é onde quero chegar. Nada máis oir o primeiro anuncio dunha voz masculina, moi pegadiza e que soa a seguridade dixen: "j...., este tío é o do Corte Inglés!"
Polo tanto e sen pensalo moito dixen: "esto merecese un grupo en Facebook", e así foi que me decidín a crealo, o grupo chámase "Creo que el Voz en Off del Spotify y El Corte Inglés son la misma persona".

Xa sabedes, se desexades formar parte de este grupo o sentirvos identificados/as coa voz escribide en "buscar" do voso Facebook e unidevos.

En breves días: primicia

Está a piques de sair a luz o diseño da primeira camiseta identificativa latosobrado.blogspot.com, xa case está listo o diseño e en breves días teredes aquí xa o boceto que agardo que sexa do gusto de tod@s, xa me comentaredes que vos parece. Acepto críticas de todo tipo, faltaría máis.
Por suposto que un dos slogans que leva a camiseta non vai ser este que vedes no debuxo por razóns evidentes, tomeino de referencia para ilustrar o post porque me fixo graza o slogan.

En canto a empresa gráfica me mande o correo de inmediato o teredes en forma de post.

GRAZAS POR ESTAR AHÍ DÍA SI E DÍA TAMÉN!!!

mércores, 19 de maio de 2010

"Como me voy a olvidar, que el Deportivo ganó la Liga..."

Para todos os deportivistas o 19 de maio é unha data especial, nesa data, nunha tarde de venres do ano 2000 o Real Club Deportivo firmaba a páxina máis brilante da historia do deporte en Galicia o alzarse campión da Liga de Fútbol. Hoxe cúmplense 10 anos daquela verdadeira fazaña, un sono feito realidade que perdura na retina de todos os que seguimos a vivira a "Deporpaixón". Recordo o mal que o pasei vendo o partido, o penalti de Djukic contra o Valencia 6 anos atrás aínda estaba presente nos peores pesadelos branquiazuis..., pero desta volta ía ser distinto, primeiro Donato con un remate de cabeza que nos fixo berrar gooooooooooooooooooooool como nunca na nosa vida e logo Makaay aínda na primeira metade co 2º tanto que nos daba a tranquilidade necesaria para vernos campións sen sobresaltos. A 2ª metade foi pasando ata que chegado o pitido final Riazor, A Coruña, Galicia e moitas partes de España e do Mundo saltaron de xúbilo o ver o triunfo de un equipo humilde. Un triunfo do que so poden falar 9 equipos en España, un triunfo da cidade máis pequena en habitantantes (apenas 275.000) en acadar unha Liga. Quédome sen palabras.
Por momentos do partido notaba unha presión moi forte no peito que parecía que me ía dar un infarto (de feito incluso me cheguei a asustar). Cando se chegou o final do encontro sentín unha liberación..., non sei, supoño que so os que sodes deportivistas e estades a ler esto o podedes entender. Para nós non é doado gañar un título, e esa época foi máxica, irrepetible.

So dar as grazas o Presi Lendoiro por conseguir todo o que conseguimos, a Javier Irureta, que aínda que xamáis foi santo da miña devoción débenselle recoñecer o seu bo facer co Depor, e por suposto a Songo´o, M. Pablo, Romero, Naybet, César, Don Mauro Silva, Makaay, o "Mago" Djalminha, Pauleta, Fran, Turu Flores, Scaloni, Kouba, Jokanovic, Iván Pérez, Flavio Conceiçao, Manel, Víctor, Fernando, Donato, Ramis, Schurrer, Jaime, José Manuel, José Ramón e Dani Mallo.
Como non, o resto dos que formamos parte "de fora", socios, afeccioados e simpatizantes.

GRAZAS DEPOR E FELICIDADES POR ESTOS 10 ANOS

O Xacobeo 2010 e Galicia non se merecen esto

Estou a facer un curso no Centro Coordinador de Xuventude e Voluntariado de Galicia en Santiago de Compostela. Hoxe cando cheguei a capital galega puiden ver cos meus propios ollos o lamentable estado no que se encontra a cidade compostelá a estas horas. A cousa anda quentiña por Santiago pois unha folga de Urbaser, a empresa encargada da recollida de lixo en toda a cidade ten en "xaque" a todos os que viven ou visitan a cidade.
Xa se fala de que son 600 as toneladas que se acumulan por todos os recunchos da cidade sen recoller por mor de que ninguén quere dar o brazo a torcer; o peor de todo é que as negociacións están moi enturbiadas e polo de agora non hai nin principio de posible reunión para poñerse a falar. Tan so uns estamentos acusan a outros e pouco máis...
Eu non sei de quen será a culpa nin me importa, o que sí que me importa é a imaxe que está a vender Galicia de cara a fora co lixo tirado polo chan e o que é peor, un olor insoportable (por riba os días de calor chegaron co inicio da folga). Alguén ten que facer algo: 1º polos cidadáns santiagueses que pagan as súas cuotas do lixo relixiosamente e non están a ter o servizo. 2º Porque parece canto menos "oportuno" que agora que comeza o punto álxido do Xacobeo 2010 se poñan en folga para reclamar algo que parece ser que xa ven de moito tempo atrás. 3ºporque Santiago soe amosar un aspecto limpo e pulcro nas súas rúas e a imaxe que temos estes días non se corresponde para nada co que estamos acostumados a ver e 4º os peregrinos que sexa a primeira vez que visitan Galicia (na súa maioría europeos e que en temas de ecoloxía e reciclaxe lévannos anos luz) poden levar unha imaxe moi mala de que un dos centros de peregrinaxe máis importantes do mundo esté co lixo polo chan (se a eso lle sumamos as interminables obras do túnel da Circunvalación cara ó Sur a imaxe pode ser canto menos patética).

Penso que xa non pode pasar un día máis sen que todas as partes implicadas senten a negociar e todos cedan un pouquiño pois de verdade que cando cheguei hoxe a Compostela sentín tristura de ver un casco antigo máxico vestido de lixo incontrolado. Ogallá a cousa se amañe axiña e todas as partes poidan quedar máis ou menos contentas.

Deixovos a nova de El Correo Gallego dixital de hoxe:

Unas 600 toneladas de basura se acumulan en la calle

El comité de empresa de Urbaser, empresa concesionaria del servicio de limpieza y recogida de basura de Santiago, denunció hoy, cuando se cumple el décimo día de huelga, la "campaña de acoso" que, según resaltó, mantiene el Ayuntamiento contra los trabajadores y ratificó que continuará el paro indefinido "hasta la resolución del conflicto".

En rueda de prensa, el presidente del comité de empresa, Valentín Pereira, insistió en que las reivindicaciones de los trabajadores en la negociación del nuevo convenio colectivo se centran en tres medidas sociales y afirmó que el incremento salarial y el periodo de vigencia del convenio "no serían obstáculo para la consecución de un preacuerdo". De este modo, explicó que reclaman librar un fin de semana cada quince días, en la actualidad sólo lo hacen los domingos, trabajando las mismas horas a la semana; la cobertura de vacantes; y la promoción de ascensos.

Al respecto, registraron en el Ayuntamiento un escrito para explicar al gobierno local estos aspectos sociales, según expusieron, que piden que vayan recogidos en un reglamento que concrete también las rotaciones por las diferentes rutas y demarcaciones y la estabilidad en el empleo, entre otros, con el objetivo de que la empresa "no siga incumpliendo" lo que, precisaron, consta en el convenio vigente. Lo fundamental son los temas sociales, que la empresa no quiere negociar para nada", afirmó el presidente del comité de empresa tras "desmentir" lo expresado por el Ayuntamiento en varias ocasiones en relación a que "el problema era la subida salarial". "Desde el primer día dijimos que no sería un inconveniente para resolver el conflicto", sostuvo. De este modo, consideró "falsas" las "acusaciones" del Ayuntamiento de que la huelga se sustenta en una subida salarial. "Es increíble que por tres temas sociales no se sienten a escucharnos", lamentó.

"Innegociable"

En esta línea, Alfredo Santomil, integrante del comité de empresa, resaltó que los aspectos sociales son "innegociables" y criticó la "cerrajón" de la empresa, con la que mantuvieron la última reunión el sábado, a abordar estos aspectos. Además, insistió en que el "tema económico no va a ser obstáculo para llegar a acuerdo". "La empresa en ningún momento entró a negociar", comentó Santomil y apuntó que únicamente les ofreció un cambio del ámbito temporal del convenio de tres a cuatro años de vigencia. "Da la impresión de que hay intereses externos y que a alguien le interesa que sigamos el más tiempo posible de huelga", apuntó.

También criticó la "publicidad" que el Ayuntamiento, a su juicio, hace a la empresa concesionaria del servicio. "Va con él, que es el cliente que paga y nunca se puso en contacto con nosotros. Da por hecho y válido lo que le contaba la empresa", dijo.

Incidentes

En relación con los incidentes registrados desde el inicio de la huelga, como la quema de un centenar de contenedores, el presidente del comité de empresa expresó su "condena rotunda" a todos los actos vandálicos, mientras que su compañero indicó que aspectos como estos "hacen daño" a la imagen de los trabajadores e incidió en que "no interesan por estrategia" estos incidentes porque lo que quieren, según matizaron, es que "no haya recogida" como medida de presión.

En cuanto a la identificación de un trabajador de Urbaser cuando portaba unos 10 litros de gasolina en una garrafa, aclararon que había parado a coger el combustible porque al día siguiente "pensaba cortar la hierba" en su casa. "Si supieran quien está detrás -de las quemas- ya lo habrían detenido", consideró. "El comité de empresa no tiene información de que compañeros o personal relacionado con el conflicto esté detrás de la quema de contenedores", comentó, al tiempo que añadió que no ponen "la mano en el fuego" por nadie. "No me extraña que haya gente que se caliente, pero no lo justifico", apostilló.

Incumplimientos

Con todo, reiteraron las críticas a los "incumplimientos" que, a su juicio, hace la concesionaria de lo recogido en el convenio y añadieron que no descartan acudir a la vía legal para poder denunciarlos. "La empresa incumple y ahorra dinero", dijeron y añadieron que cuenta con 32 trabajadores menos de los establecidos -13 conductores y 19 peones-, lo que supone un 25 por ciento menos de plantilla.

También denunciaron que se hizo inversión en maquinaria que "está tirada en la nave desde hace cinco años". "Eso lleva consigo, como no hay personal, problemas con los días libres", aseveró Santomil, que justificó que durante la huelga se recojan menos contenedores porque los operarios de servicio mínimo "tienen que parar más tiempo".

Asimismo, apuntó que la empresa "está montando contrapiquetes" porque, explicó, la jefatura de Urbaser "está a pie de camión todos los días" y comentó que para la compañía el paro "supone ganar más dinero" porque "ahorra en salarios". Por todo ello, recalcaron que la huelga continuará "hasta la resolución del conflicto".

martes, 18 de maio de 2010

Paffendörf "Where are you"



Un dos pubs que catapultou definitivamente a Melide na cúspide da marcha en Galicia a primeiros deste século foi o Versus. Destacaba por ser diferente os demáis pubs que nesa época estaban ubicados na zona de copas melidense; sobre todo pola súa coidada decoración e a súa música, polo xeral totalmente apartada do "pachangueo" habitual que era o denominador común na noite melidá. O Versus tiraba máis cara a música alternativa e electrónica, unha música que é a miña auténtica debilidade. Se hai duas cancións que me recordan a ese pub unha é o archicoñecido "Hey Boy, Hey Girl" dos grandiosos Chemical Brothers e a outra é este estupendo "Where Are You?" dos alemáns Paffendörf. Momentos incribles e inesquecibles os vividos nese máxico lugar que dende hai un par de anos doulle paso ó Cult Room (moi ben xestionado por certo).
Para nostalxicos e nostalxicas que recordan esta canción coma unha das bandas sonoras da súa vida...

VAI POR TOD@S VOS!

Comeza un novo entretemento no blog, comeza o "Que che suxire?"

Hoxe estreamos unha nova seccion en latosobrado.blogspot.com. A seccion en cuestion denominase "Que che suxire?". Esta nova idea de opinion e valorar a diferentes famosos cun sustantivo ou cun adxetivo, o primeiro que se vos ben a cabeza cando oides falar del ou dela. Cantos mais opinemos mais diversidade de calificativos tanto bos coma malos teremos do /a suxeito/a.

O primeiro persoaxe en opinar sobre el vai a ser Bill Gates, asi que se desexades podedes dar a vosa opinion sobre este primeiro "que che suxire?"

A PORRA: Finito Campión

Finito gañou con xustiza a I Edición da Porra de latosobrado.blogspot.com o que lle permite conseguir un vale para dúas persoas nos circuitos termais do Balneario Hesperia Guitiriz así coma tamén unha camiseta de diseño exclusivo latosobrado.blogspot.com

O seu máis inmediato perseguidor Esteban atinou o Atl. Sobrado - Vizoño B pero a suma de un punto non lle serviu para alcanzar ó líder.

Os resultados foron:

Atl. Sobrado 4 - Vizoño B 2
Athletic 2 - Deportivo 0
Málaga 1 - R. Madrid 1
Barcelona 4 - Valladolid 0

CLASIFICACIÓN FINAL:

Finito 13
Esteban 10
Pitus 7
Lato 6
Emilio 2
Ferreiro9, Antón 1
Alberto, Petete 0

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR, EN SETEMBRO VOLVE A PORRA!!!

NORABOA FINITO, A REMOLLARSE BEN!

venres, 14 de maio de 2010

Señores periodistas, teñan coidado cos micros...



Nas últimas horas vense falando da patética imaxe que dou Telecinco encabezada por J.J. Santos na retransmisión da Europa League que o mércores enfrontou o Atlético de Madrid e o Fulham inglés con victoria final para os colchoeiros.
J.J. Santos foi pillado en algunha das conexións facendo xestos de enfado, así como casi non deixando falar o invitado especial que tiñan para a ocasión que non era outro que un dos mitos vivos do clube do Manzanares: Enrique Collar. O bo de Don Enrique apenas se lle puideron escoitar dúas frases ó longo dos 120 minutos que durou o encontro..., afortunadamente J.J. deixoulle cantar o himno do "Atleti" ó proclamarse campións...
Pero esta non é a primeira vez que lle sucede ó periodista nesta tempada e noutro partido de Europa League baixaba todos os santos polo mal traballo dos técnicos de son xa que non podía falar coa bela Sara Carbonero que se achaba a pé de céspede debido a "uns parece ser insufribles ruidos". O caso é que foi pillado en directo e difundiuse por todo o país.
Agora navegando polo youtube acabo de encontrar esto..., que xamáis vira nin oira ou lera nada o respecto. Trátase dos especialistas na NBA de Canal +, David Carnicer e o ex-baloncestista Nicola Loncar. O tema é que estaban a retransmitir en directo un partido da mellor liga de basket do mundo. Nunha desconexión os micrófonos quedaron abertos e pasou isto que ides ver de seguido...

NON TEN DESPERDICIO, SEGURO QUE ALGÚN TIVO QUE RENDIR CONTAS Ó CHEGAR A CASA...

E chegou a Ponte das Letras Galegas



Como todos sabedes o luns 17 de maio os galegos celebramos o Día das Letras Galegas que nesta ocasión está adicado o escritor de Parada do Courel, Uxío Novoneyra. Polo tanto teremos festivo autonómico o que fará que esta fin de semana sexa máis longa do habitual.

Por suposto e o ser venres déixovos música movida para que comecedes a sentir de cerca que achegan días de troula. Nesta ocasión tócalle o turno a "Sweet Cherry", un tema moi pegadizo de Frank Caro feat. Amanda que podedes encontrar no Anual 2010; un Anual que por certo vai camiño de convertirse nun dos mellores recopilatorios da música dance dos últimos anos porque está plagado de temazos.

Que disfrutedes da ponte @s que estades aquí en Galicia e @s que me ledes máis aló dos Ancares que teñades boa fin de semana. Polo que a min respecta toca de novo visita a veciña Castela e León, xa vos contarei como foi por alí a cousa.

Bicos e abrazos.

xoves, 13 de maio de 2010

Se bebes non uses bermudas



Meu primo Félix de Ponferrada que é un auténtico crack no mundo dos correos electrónicos mandoume este curioso video de un home un pouco perxudicado á beiriña do mar. O documento é sensacional e seguro que en canto o vexades darédelles de novo ó Play para volver a velo porque realmente merece a pena ver as hazañas "do colega".

Cóidenseme moito!

O meu nome é Fog, Willy Fog

O Turismo é un dos meus hobbies, pero tamén a miña vida e a miña paixón (sen obviar os deportes e a festa claro está) e sempre que podo aproveito para facer pequenas excursións ben sexa cos amigos, por temas de traballo ou en parella.
Desta volta surxiu a idea de ir esta fin de semana (aproveitando que o luns é o Día das Letras Galegas, polo tanto festivo en Galicia) a Ávila e a Segovia, dúas das 3 cidades de Castela e León Patrimonio da Humanidade.
O sábado emprenderemos cedo a viaxe de aproximadamente 5 horas cara a Ávila e alí pasaremos a xornada. O domingo será o turno de Segovia aínda que voltaremos para pernoctar en Ávila que é onde teremos a base central de operacións, ou o que é o mesmo (o Hotel).
Luns será o día do regreso pero tamén se aproveitará para ver a sempre bela e apetecible Astorga, onde xa hai moitos anos que teño gañas de ver o Palacio Gaudí pero por unha cousa ou por outra o tempo foi pasando e a pesares de pasar (e incluso parar) decenas de veces pola capital maragata nunca tiven a oportunidade de poder admirar a obra do artista catalán. Ademáis Astorga tamén ostenta un Museo do Chocolate polo que seguro que non imos ter tempo a aburrirnos.
Un saudiño e a coidarse

mércores, 12 de maio de 2010

Restablecéndose

Cos "32"xa o lombo andamos restablecéndonos logo do día de troula de onte. Primeiro de cañas e tapas polo Franco compostelán e logo cea na mesma zona para pasar posteriormente ó copeteo. Evidentemente o corpo nota os excesos e hoxe andamos algo cansados... pero andamos a fin de contas, que é o que realmente importa.
A imaxe que tedes é a do netbook Samsung N150, curiosamente desde o que vos estou a escribir e por conseguinte estreando o super regalazo que me fixo Noe.

Ando algo espeso polo tanto e se me disculpades hoxe serei parco en palabras. Por último quero agradecer a toda a cantidade de xente que me felicitou o cumple, ben sexa de maneira persoal, por teléfono, vía sms, polo blog, Facebook e Tuenti. Houbo moitos para todos os gustos.
De verdade, moitas grazas por acordarse de un día tan especial para min.

Sodes a auténtica caña!!!

MILLÓNS DE GRAZAS!



luns, 10 de maio de 2010

Mañá este blog tomarase o día "festivo"

Mañá será día festivo para latosobrado.blogspot.com; neste día tan especial para quen vos escribe, farase sabático a partires das 14.30 horas.
Mañá toca cea en Compostela acompañado de unhas copas aproveitando que o mércores ata a tarde non se traballa.
A ver que tal me sentan os 32...

Saudiños, vémonos o mércores.

Cris e Txente xa son papás

Onte pola tarde Alberto dábame unha boa nova: Cris e Txente, uns bons amigos que temos en Barakaldo xa son papás, ademáis Alberto amosoume unha foto de Cris co bebé en brazos como mostra da recén estreada maternidade.
Parabéns para os dous e dende eiquí desexovos que o voso bebé saia san e forte.

Un abrazo.

A PORRA: xornada 29 e ultima...

Tan so Esteban lle pode arrebatar o título a Finito e para iso ten que facer unha verdadeira proeza, será quen de conseguilo? Mentres tanto o resto intentaremos sumar o máximo de puntos posibles para aparecer ubicados en boa posición.

Estes son os encontros:

Atl. Sobrado - Vizoño B
Athletic - Deportivo
Málaga - R. Madrid
Barcelona - Valladolid *(Partido estrela)

MOITA SORTE!!!

A PORRA: a vida segue igual...

Non houbo acertantes na Porra esta semana polo que todo segue igual que estaba, con Finito como líder sólido e máximo aspirante a levarse o premio final "un vale para duas persoas en Circuitos Termais do Balneario Hesperia - Guitiriz". Pero para acadar este premio terá que agardar á derradeira xornada da porra que se disputará a vindeira fin de semana.

Estes foron os resultados:

Pontecarreira 4 - Atl. Sobrado 4
Deportivo 1 - Mallorca 0
R. Madrid 5 - Athletic 1
Sevilla 2 - Barcelona 3 * (Partido estrela)

sábado, 8 de maio de 2010

A Mike fóiselle a cousa das mans...



Un día calqueira, un lugar calqueira e unha hora calqueira, dous mozos transitan a modo de paseo en coche por un vecindario cando de repente ven a Mike en extranas circunstancias..., non vos perdades o video nin tampouco a risa de un dos "espectadores".

Tremendo!

venres, 7 de maio de 2010

Vamos que nos vamoooooooooooooos



Por fin é venres, e como é habitual neste blog o venres hai cita ineludible coa música de baile na honra a fin de semana. Hoxe déixovos o "Zumbale" de Marsal Ventura & Surrender Dj. Un temazo moi fresco que podedes conseguir mercando o "Anual 2010".

P.D: en Salamanca é todo un exitazo, a disfrutala.

Este "peque" está hoxe na Coruña

Hoxe pola mañá funlle facer unha visitiña a miña avóa o Hospital Abente y Lago (afortunadamente o mediodía déronlle a alta e xa descansa por fin na súa casa); levei unha agradable sorpresa cando o chegar a zona do Porto da Coruña vin a maravilla que vos deixo arriba en foto atracado. Trátase do Cruceiro Norwegian Sun e a verdade é que impresiona o velo, xa non so pola súa lonxitude senón que pola súa altura. Ademáis ten unhas cores moi chamativas e alegres que provocan que un non poida quitar a vista de este pedazo de barco. Non puiden contar canta xente estaba nos arredores da embarcación quitandolle fotos a tan colosal maravilla pero creedeme que moitos coruñeses e coruñesas xa gardan entres os seus archivos persoais unha foto do Norwegian Sun. Andiven vendo fotos do seu interior pola rede e a verdade é que debe ser unha auténtica pasada facer un cruceiro neste "bicho". A ver se hoxe nos tocan os Euromillóns (77 millóns de €) e nos podemos permitir o luxo de viaxar neste "peque". Debe ser bestial!!!

Deixovos as características do Norwegian Sun que extraín de unha web especializada en cruceiros:

El crucero Norwegian Sun fue considerado en su momento como la embarcación más innovadora de la flota de Norwegian Cruise. Este crucero destaca por los atractivos colores brillantes que posee y por lo espacioso que es su interior.

Cabe destacar muy positivamente la amabilidad de toda su tripulación, según destacan varios de sus pasajeros este es uno de los aspectos más interesantes de navegar con Norwegian Sun.

Norwegian Sun se encarga de transportar a los pasajeros por las zonas más exóticas del mundo como; el Caribe, Cozumel o las islas Caimán entre otros lugares, luego en el verano realiza itinerarios por zonas más frías como Alaska.

Si el Norwegian Sun destaca por su espacio, sus camarotes no iban a ser menos, aparte de grandes están muy bien equipados con colores muy llamativos. Los armarios y estanterías son lo suficientemente espaciosas como para poder almacenar toda la ropa que lleves. En muchos de estos camarotes existe una pequeña consola con una máquina de cafe, además de tener un frigorífico de pequeño tamaño y una mini caja fuerte.

Existen un total de 368 camarotes con balcón, un balcón muy espacioso que sitúan entre las cubiertas 9 y 10. Aún que no elijas un camarote con balcón existen más de un 60% de camarotes que son exteriores.

Hay 52 suites, también clasificadas por categorías, desde las más simples que cuenta con detalles como bañeras lujosas hasta las más caras que tienen todos los privilegios además de contar con un servicio de mayordomo las 24 horas de día. También hay provistos camarotes para personas con discapacidades.

Como restaurantes tenemos al Freestyle Cruising, un restaurante que se puede comer a cualquier hora del día, con servicio de habitación las 24 horas del día. Después también se encuentra el Pacific Heights, este restaurante requiere de una reserva previa, ofrecen gastronomía con platos muy equilibrados. Garden Café es un restaurante de tipo bufet, posiblemente sea el restaurante con los mejores desayunos de a bordo. En el Great Out Door Café se dedica más a la comida rápida, para algunos comida basura; hamburguesas, pizzas, perritos calientes, etc. En todo estos barcos no nos cobrarán ningún suplemento.

Si elegimos un restaurante con recargo tenemos las opción de escoger a Le Bistro, un restaurante de gastronomía francesa. El Adagio, de especialidad italiana o el Ginza de comida japonesa.

  • La embarcación tiene las siguientes características:
    - Capacidad: 1936 pasajeros
    - Tripulación: 968 tripulantes
    - Peso total: 78309 toneladas
    - Manga: 33 metros de longitud
    - Eslora: 260 metros de longitud
    - Velocidad : 23 nudos

mércores, 5 de maio de 2010

A Pantoja esbandállase!



A III Gala contra o Cáncer que fai a Orquestra Panorama todos os anos en Ordes (A Coruña) irá ligada inevitablemente o nome de Isabel Pantoja. A cantante andaluza meteuse un bo "zambombazo" mentres estaba a interpretar "Con un olé". A nai de Paquirrín quixo facer un xiro no estribillo da canción e tan so puido decir "con un..." pois o que lle saiu foi un auténtico churro..., fóiselle o pé de apoio e douse "unha" de campionato. Logo da "hostia" (disculpas pola expresión) seguiu cantando dende o chan -algo que a dignifica-. Non me quero imaxinar se chegamos a estar por aqueles lares o venres porque as risas podían ser moi pero que moi grandes o ver unha das máis famosas tonadilleiras españolas revolcarse polo chan do esceario de Panorama.

* Gustaríame saber que problema había co vestido o principio do video pois non para de tocalo: algún fío? estaría descosido? a cremalleira? quitaríanlle a etiqueta? Eso pasa por non traelo a arreglar a "Maricarmen, costura e confección" (tamén lle hai que facer algo de publicidade a miña nai), jajaja.

martes, 4 de maio de 2010

O alcohol "deshinibidi"



Hacheino onte por casualide no youtube e a verdade é que visualiceino 4 veces repetidas e saltáronseme as bagoas coa emoción de saber que "o alcohol desinhibidi", que hai unha moza que "está borrachísima que o pasa ben pero non tanto como parece..." e por suposto que "a mesma rapaza traballou en Cruz Roja en TOXICOMANÍA..."

O do colega tamén chamado "Ogro" xa non ten nome...

Para mexar e non botar gota...

A pregunta da semana



Caballero, ¿ como encaramos el mes de enero?

Buenooooooooooo, a roba caltela... (xesto incluido), que no hay pata pá comellllllllll

Glglglglglglglglglglglglglglglglglgl (xesto tamén incluido)

CANTAS VECES PUIDEN REPETIR ESTE DIÁLOGO NA FIN DE SEMANA EN SALAMANCA?

luns, 3 de maio de 2010

A televisión segue a ser o Medio máis utilizado para seguir a actualidade

Máis da metade dos usuarios de este blog que opinaron na enquisa do mes de abril seguen a informarse do "que acontece no mundo" a través da televisión; concretamente un 52%. Eso sí, as novas tecnoloxías non pasan desapercibidas e internet xa é o segundo medio máis utilizado con un 23% seguíndolle a prensa con un 17%, a radio parece que perde seguidores e quédase nun pobre 5% mentres que pola súa banda ninguén votou pola opción do teletexto.

Grazas por participar nesta enquisa.

A PORRA: xornada 28

Penúltima xornada da porra con encontros apaixoantes:

Pontecarreira - Atl. Sobrado
Deportivo - Mallorca
Sevilla - Barcelona * (Partido estrela)
R. Madrid - Athletic

SORTE!

A PORRA: Pitus recurta distancia

Pitus aínda ten algo que dicir na clasificación final da Porra, foi o único que atinou algún resultado nesta 27ª xornada. O partido do acerto en cuestión foi o Atlético Sobrado - Laracha B.
Quedan dúas xornadas para que remate a competición e o líder Finito segue a ter un sólido colchón de puntos para acadar o título e levarse o "vale para dúas persoas en circuitos termais no balneario Hesperia -Guitiriz"

Resultados:

Atl. Sobrado 2 - Laracha B 2
Deportivo 0 - Zaragoza 1
R. Madrid 3 - Osasuna 2
Villarreal 1 - Barcelona 4* Partido Estrela

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 13
2. Esteban 9
3. Pitus 7
4. Lato 6
5. Emilio 2
6. Ferreiro9, Antón 1
7. Alberto, Petete 0

Qué piezas!!!

Voltamos de Salamanca sans e salvos e o máis importante, sen mancarse que diría o outro. Nestes 3 días que durou a viaxe dounos para ter como unhas 85 preguntas da semana, 8000 anécdotas e cen mil historias máis que non vou entrar a comentar porque tería que estar escribindo 4 ou 5 horas sen parar para facer o resumo. Esta foto é do sábado pola tarde onde aparecemos os integrantes da expedición agás Borja que nese momento estaba "apagado ou fora de cobertura". De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Chino, Nando, Truki, Esteban, Jose Luis, Pazitos, Josu, Lato (co teléfono a pleno rendemento), Pirulo, Pedino, Pichi e Luis.

Chavales, acordadevos que queda pendiente unha percebada.

P.D: buenoooooo, a robá carteraaaaaaa