mércores, 7 de abril de 2010

"Messihibición"



Tituladeo como queirades, "Messihibición", "Inmessionante", "De outra dimessión"..., o nome de Leo da moito xogo, e xogo é o que ten nas súas botas e na súa cabeza. Impresionante o que o mellor xogador do mundo na actualidade nos ofreceu a todos os que amamos este belo deporte que é o fútbol. Xa non son os 4 goles nuns cuartos de final de Champions League fronte a todo un Arsenal; senón que esa maneira de "gambetear", de esquivar rivais, de recibir patadas sen protestar..., fano o mellor xogador do mundo. Penso que xa non se lle pode chamar "Messidona" porque Diego é Diego e Leo é Leo. Diego foi o máis grande pero Leo vai camiño de superalo, ollo, é moi xove e xa gañou moitas cousas.
Eu non son do Barcelona, pero a día de hoxe esta claro que se queres disfrutar do fútbol tes que ver o Barcelona ou no seu defecto a Selección Española (que é o máis parecido ó fútbol blaugrana).
Atisbase xa a semifinal Inter - Barça, todo un partido e xa no horizonte asoma a idea da final no Bernabeu onde os culés estarían presentes, imaxinadesvos un Bernabeu vestido de azul e grana, e por riba con unha final contra o Olympique de Lyon...? podería ser demasiado forte para Florentino.

Teremos que estar atentos.

Ningún comentario: