mércores, 7 de abril de 2010

Fangoria: "No sé que me das"



Fangoria é un dos grupos de música españois que máis me gusta, quizais polo "toque" electrónico da súa música. O caso é que hoxe dende que me levantei non me quito da cabeza esta canción que xa ten 8 anos, efectivamente, data do ano 2002, aiiii, como pasa o tempo...
A decir verdade é que a Alaska ou Olvido Gara como vos prefirades chamarlle, acompañana sempre boas críticas musicais coas que habitualmente estou de acordo pero sí debo confesar que en persoa pareceume bastante borde e chula. Foi durante a grabación de unha das series de "Os Tonechos" da TVG, nese programa as actuacións eran El Fary (D.E.P), Xil Ríos e Fangoria; pois ben, durante o playback que estaban a facer falloulles a música e Alaska colleu un rebote do quince, mirando de brazos cruzados para o rexidor do programa con cara de desafío e golpeando constantemente con un pe no esceario, pola contra Nacho Canut estaba calado e a súa faciana parecía querer dicir que tampouco era para tanto. Arranxado o problema seguiu a música e a actuación pero a cara de Alaska era de unha desgana total en plan que estaba desexando acabar, cobrar e pirarse. A miña opinión de Alaska é: como artista excepcional, como persoa teño as miñas dúbidas..., ogalla me equivoque.

A disfrutar con este pedazo tema!

Ningún comentario: