luns, 19 de abril de 2010

Annagrace "Love Keeps Calling"



Se vos falo de "AnnaGrace" quizais non vos diga moita cousa. Pero se vos falo de Ian Van Dahl, grupo de dance belga dos anos 90 con temazos como "Castles in the Sky", "Try" , "Reason", "I can´t let you go" ou "Will I" seguro que moitos e moitas de vos bailantes, tarareastes e saltastes coas súas cancións. Ian Van Dahl dou paso a Annagrace que así se chaman estes belgas dende o ano 2006. Deixovos este temazo "Love Keeps Calling". Se non me engano vai ser un dos temazos deste verán 2010 que xa estamos desexando que chegue para disfrutalo a tope.

Saudos

Ningún comentario: