xoves, 22 de abril de 2010

3 anuncios que me marcaron

Os publicistas día tras día intentan superarse e non cabe ningunha dúbida que de vez en cando consiguen sorprendernos a todos os televidentes con anuncios do máis estrambólico que so cabezas pensantes coma eles poden ofrecer. Seguro que hai centos de anuncios que recordades aínda que pasaran varios anos, así como tamén hai moitos outros que pasaron inadevertidos e ninguén ou case ninguén recorda. Hoxe quixen rescatar 3 que persoalmente a min me marcaron pola súa significación:



MARTINI: quen non recorda a guapa sudafricana Charlize Theron e o home das gafas de sol que marcaron unha época así coma a "pasada de dedo" polos labios?



NIKE FOOTBALL: logo do incrible anuncio de Eric Cantoná loitando contra o demo, Nike obsequiunos coa "Xaula" na que unha agrupación de estrelas do fútbol mundial de finais dos 90 e principios do século XXI xogan en 3 para 3 baixo a atenta mirada de L´Enfant Terrible Eric Cantona



HEINEKEN: diferencia entre mulleres e homes. Os publicistas de Heineken quixeron ir máis aló nas diferencias extremas entre o sexo feminino e masculino. Así mentres as mulleres emocionanse por ver o incrible armario-vestidor da nova casa da súa amiga os homes celebran por todo o alto a mastodóntica neveira do seu amigo no novo fogar; unha neveira na que por suposto a Heineken non pode faltar e está repleta de botellas.

Opinade sobre estes e outros anuncios que recordedes con cariño.

Grazas por estar ahí.

2 comentarios:

vero86 dixo...

O mellor o último sen dúbida!!! jaja boísimo!!

Moi bo post, si señor!!

Unknown dixo...

O da Heineken é espectacular,o do Martini recordo a todo o mundo facendo o xestiño dos labios e aínda de vez en cando se ve a alguén a altas horas co "aceno". Pero o de Nike causou sensación en todos os futboleiros, andabamos todos flipadillos intentando facer algunha das cousas co balón das que se ven no anuncio.

Saudos.