venres, 12 de marzo de 2010

Viernessssssssssssssssss

object width="425" height="344">

Chegou o finde, parece que a cousa pinta ben: hoxe hai festa en Curtis co magnífico Grupo América, coa orquestra portuguesa Funçao Publica (que teño gañas de vela e tamén curiosidade polo ben que oín falar dela) e Alcotán (que sona a alquitrán..., a saber...), mañá temos un apaixoante Sevilla - Depor onde se gañas os coruñeses durmen mañá en zona Champions (quen nolo ía dicir cando comezou a tempada aló polo mes de agosto) e o domingo comeza o Mundial de Formula 1 que promete emocións fortes logo da fichaxe de Fernando Alonso pola escudería das escuderías: Ferrari (agora acórdome dalgúns "personaxes" cando estivemos en Poggio Bustone que nos decían: Alonso, Ferrari, Alonso, Ferrari..., e tamén pola volta os circuitos de alguén que xamáis se debeu ir, o Kaiser Michael Schumacher, emoción garantida un ano máis onde a voz de Lobato nos amenizará os mediodías dos domingos.

Nunha intensa semana onde tivemos "desváns dos monxes", Lyons que se comen "merengues" e onde a moda do bigote chega con forza a ameaza con ser a sensación do verán, o pasado sábado puidemos disfrutar en Arzúa co brutal concerto de Rinocerose e algúns coma quen vos escribe nada máis rematar o concerto desplazaronse ata Touro para ver en directo a Sash! (que máquinas o tío..., había dous anos que non o vía pero segue sendo a caña de España). Déixovos un video de un dos seus temas máis coñecidos "Stay" de 1996, os anos pasan pero a música ben feita segue soando ben e actual.

Un inciso: o domingo é un día importante pois meu pai cumple 55 "tacos", que vello vas..., jajaja. A ver se se quita a amargura da eliminación da Champions con un bo doce, que falta lle fai!!!

A CUMPLIR MOITOS MÁIS!

2 comentarios:

Unknown dixo...

FELICIDADES PARA OVIDIO!!!!e q cambie de equipo...jeje

vero86 dixo...

Vello con 55 aniños? Anda anda...!!! jeje

Moitos parabéns para el.

Saudiños!