mércores, 31 de marzo de 2010

Santa Semana



Hoxe á noite será o pistoletazo de saida para moitos e moitas (entre os que me incluo) das minivacacións de Semana Santa. Unhas vacacións que polo que respecta a Galicia prevense chuviosas e tan so parece que o sábado e o domingo o tempo dará unha tregua (que asco de inverno, de verdade!).
Para amenizar este post busquei unha música que se adaptase o tema en cuestión polo que non podían faltar os franceses "Enigma" cos seus famosos cantos gregorianos. Uns cantos, os gregorianos, que os habitantes de Sobrado fánsenos de sobra coñecidos pois os monxes cistercenses do Mosteiro de Santa María practícanos nas misas que celebran tantos nestes días tan sinalados coma nas celebracións que habitualmente teñen todos os domingos a partires das 11.00 horas.

Estimados lectores e lectoras, que teñades unha Santa Semana ou unha Semana Santa, cada un que elixa o que mellor lle conveña ou prefira..., ah!, recordade que o venres é vixilia...

Bicos e abrazos.

Ningún comentario: