luns, 22 de marzo de 2010

Este venres tute en Sobrado

A Comisión de Festas Sobrado 2010 organiza un Campionato de Tute este venres 26 de marzo e repartirá 1120€ en premios. Ademáis haberá trofeo para os 4 primeiros clasificados e pinchos en abundancia.
Xa sabedes, se lle queredes vir votar unha partidiña e de paso levarse uns euros que seguro que veñen ben agora que chegamos a finais de mes pasádevos polo Edificio de Usos Múltiplos "Casa da Irmandade" a partires das 22.00 horas.

Ningún comentario: