xoves, 18 de febreiro de 2010

O número que catapultou a unha estrela

O Circo Sobrado deixou moi bos recordos durante os días que actuou no noso pobo. Seguro que a moitos de nos quedaranos no noso maxín historias que recordaremos por sempre. Un dos números máis espectaculares viuse pola tarde na Praza do Concello onde o equilibrista Pazitos o home que vedes con bigote, barra en man e suadoiro azul amosou do que é capaz enriba dun esceario e ante a presión de numeroso público..., un resbalón, un mal paso... e adiós (imaxe 1)
Como vemos na (imaxe 2) o equilibrista tiña que sortear primeiro a paiaso Charly River e despois a un león adestrado para a ocasión co público expentante e mudo...
Peeeeeeeeero, pasou o que non tiña que pasar e o pé dereito do artista non foi quen de soportar a presión e foise de cheo o vacío (eso sí sen soltar a barra de equilibrio) (imaxe 3), mais...
cando parecía que todo estaba perdido, un Pazitos áinda aturdido pola caida oiu o sonoro e unánime aplauso de todo o respetable. Un público que o gañou logo de esa impresionante caida acompañada do tembleque previo. (Imaxe 4)

Dende eiquí so me queda dicir:

BRAVO MAESTRO!

Ningún comentario: