mércores, 3 de febreiro de 2010

O ascenso faise agardar

Como xa contei nalgún post anterior este ano temos un equipo de fútbol sala na liga federada da cidade da Coruña: Salesianos. O noso nome de guerra é Pub Kemais e dende eiquí teño que felicitar os meus compañeiros de equipo xa que as cousas están saindo moito mellor do que todos agardabamos nun principio. O certo é que onte perdimos un partido que nos daba o ascenso, tamén é certo que contabamos con importantes e numerosas baixas, pero teremos unha segunda oportunidade: nun principio o partido fronte ó Crunia FS (partido que foi aplazado no seu día e que será o derradeiro da liga) íase xogar hoxe, pero por motivos da folga dos empleados das instalacións deportivas non se poderá disputar e aínda non ten data, barallase a opción de xogar sábado á tarde ou para a vindeira semana..., hoxe as 20.00 horas saberémolo. O caso é que onte levamos bastante rabia logo de perder 1-2 pero tennos que valer para correxir os erros, gañar o último partido e celebrar o ascenso a 1ª División. Deixaremos a pel no campo!

FORZA KEMAIS?

Ningún comentario: