venres, 26 de febreiro de 2010

Agardemos que desta vez "o vento" non se leve nada...

Esta fin de semana prevese marchosa, moi marchosa, pero non me refiro á "movida". "rumba" ou demáis senón pola ALERTA VERMELLA que está declarada en Galicia mañá a partires das 15 horas e que se supón que remitirá na mañá do domingo. Prevese que os ventos alcances velocidades de 150 kilómetros por hora, polo que este temporal xa bautizado coma Xinthia ten moitas probabilidades de que lle quiten puntos do carnet de conducir. Dende latosobrado.blogspot.com aconsellamos que extremedes as precaucións e fagades os mínimos desplazamentos posibles (non saiades do bar para afora), por suposto tedes que ter precaución con estar cerca de cornisas ou tellados perigosos, casas vellas, árbores, etc, etc, etc (o dito, non saiades dos bares agás sexa extrictamente necesario) se na casa vos votan en falta unha chamadiña a tempo para quitar preocupacións agradecerase de xeito satisfactorio.

Que teñades un finde o máis levadeiro posible..., nos bares.

Ningún comentario: