venres, 26 de febreiro de 2010
Remember: Bryan Adams & Chicane "Don´t Give It Up"
A ninguén se lle escapa que Bryan Adams é un pedazo de músico. No seu grandes éxitos (plagado de excelentes cancións que xa forman parte da historia da música) deixou ó mundo coa boca aberta xunto co grupo Chicane con esta pedazo de versión. A canción chámase "Don´t Give It Up". Seguro que a todos nos trae uns grandes recordos.
Disfrutadea!
Agardemos que desta vez "o vento" non se leve nada...
Esta fin de semana prevese marchosa, moi marchosa, pero non me refiro á "movida". "rumba" ou demáis senón pola ALERTA VERMELLA que está declarada en Galicia mañá a partires das 15 horas e que se supón que remitirá na mañá do domingo. Prevese que os ventos alcances velocidades de 150 kilómetros por hora, polo que este temporal xa bautizado coma Xinthia ten moitas probabilidades de que lle quiten puntos do carnet de conducir. Dende latosobrado.blogspot.com aconsellamos que extremedes as precaucións e fagades os mínimos desplazamentos posibles (non saiades do bar para afora), por suposto tedes que ter precaución con estar cerca de cornisas ou tellados perigosos, casas vellas, árbores, etc, etc, etc (o dito, non saiades dos bares agás sexa extrictamente necesario) se na casa vos votan en falta unha chamadiña a tempo para quitar preocupacións agradecerase de xeito satisfactorio.
Que teñades un finde o máis levadeiro posible..., nos bares.
Que teñades un finde o máis levadeiro posible..., nos bares.
xoves, 25 de febreiro de 2010
2 velas negras para Rosinha Díez
Dúas velas negras enormes para a política??? Rosa Díez de UPyD por ningunear nunha entrevista con Iñaki Gabilondo a Galicia e os Galegos.
TODOS OS GALEGOS E AQUELES QUE AMAN GALICIA RECLAMAMOS UNHA RODA DE PRENSA DE ROSINHA PEDINDO DISCULPAS E RECTIFICANDO OS SEUS NEFASTOS COMENTARIOS. AHH, UNHA COUSIÑA, POR FAVOR NON VEÑAS PEDIR VOTOS POR ESTAS TERRAS!!!
ADEUS ROSINHA, EN GALICIA XA NON ERES BENVIDA
TODOS OS GALEGOS E AQUELES QUE AMAN GALICIA RECLAMAMOS UNHA RODA DE PRENSA DE ROSINHA PEDINDO DISCULPAS E RECTIFICANDO OS SEUS NEFASTOS COMENTARIOS. AHH, UNHA COUSIÑA, POR FAVOR NON VEÑAS PEDIR VOTOS POR ESTAS TERRAS!!!
ADEUS ROSINHA, EN GALICIA XA NON ERES BENVIDA
mércores, 24 de febreiro de 2010
Importantísimo evento en Facebook
Comezou a andar dende hai dous días por Facebook un evento que non quero pasar por alto. A idea de este evento saiu do Concello de Mesía, concretamente da población de Cabrui e a cabeza pensante desta xenial acción foi Patricia Miguez. O evento chámase: "Para que Pazitos se deje bigote a lo Pancho Villa".
Sen ningún tipo de dúbidas que vai a triunfar, de feito xa o está a facer, en dous días xa ten 31 persoas agregadas ó grupo e seguro que chegarán moitas máis. O que está moi claro e que o bigote co que nos sorprendeu Pazitos no Entroido que rematou hai hoxe unha semana non quedou no olvido do persoal senón que a xente pídelle que o volva a deixar, veremos se o personaxe en cuestión fai caso as peticións do respetable ou polo contrario pecha os ollos e tapa os oidos coma quen non quere a cousa.
Xa sabedes, se queredes unirvos a este evento non tedes máis que escribir na barra do buscador de Facebook a frase que escribín entrecomillada e resaltada en branco; alí poderedes acceder se desexades que Pazitos volva a amosar o mundo ese lustroso mostacho co que nos agasallou no Entroido.
Saúdos e mil grazas por estar ahí un día máis, sodes xeniais!!!
martes, 23 de febreiro de 2010
A PORRA: xornada 17
A PORRA: xornada productiva unha vez máis
A xornada 16 o igual que a anterior deparou moitos puntos nos que participamos desta xeira. Os 3 primeiros clasificados: Finito, Esteban e quen vos escribe puntuamos así como tamén Emilio que puntúa por segunda semana consecutiva. Finito e Emilio acertaron o resultado do Deportivo - Xerez, Esteban pola súa parte acertou o resultado na goleada do equipo dos seus amores: o F.C. Barcelona, mentres un servidor acertou o Valencia - Getafe.
Estes foron os resultados:
Deportivo 2 - Xerez 1
Estes foron os resultados:
Deportivo 2 - Xerez 1
Barcelona 4 - Racing 0
R. Madrid 6 - Villarreal 2
Valencia 2 - Getafe 1
CLASIFICACIÓN XERAL:
1. FINITO:8
2. ESTEBAN:6
3. LATO:5
4. PITUS, EMILIO:2
5. FERREIRO9:1
6. ALBERTO, PETETE, ANTÓN:0
animádevos a participar pois aínda queda moita liga, un circuito termal para dúas persoas e unha camiseta exclusiva de latosobrado.blogspot.com pode ser vosa
luns, 22 de febreiro de 2010
Circo Sobrado: actuación do sábado de Entroido
venres, 19 de febreiro de 2010
xoves, 18 de febreiro de 2010
O número que catapultou a unha estrela
O Circo Sobrado deixou moi bos recordos durante os días que actuou no noso pobo. Seguro que a moitos de nos quedaranos no noso maxín historias que recordaremos por sempre. Un dos números máis espectaculares viuse pola tarde na Praza do Concello onde o equilibrista Pazitos o home que vedes con bigote, barra en man e suadoiro azul amosou do que é capaz enriba dun esceario e ante a presión de numeroso público..., un resbalón, un mal paso... e adiós (imaxe 1)
Como vemos na (imaxe 2) o equilibrista tiña que sortear primeiro a paiaso Charly River e despois a un león adestrado para a ocasión co público expentante e mudo...
Peeeeeeeeero, pasou o que non tiña que pasar e o pé dereito do artista non foi quen de soportar a presión e foise de cheo o vacío (eso sí sen soltar a barra de equilibrio) (imaxe 3), mais...
cando parecía que todo estaba perdido, un Pazitos áinda aturdido pola caida oiu o sonoro e unánime aplauso de todo o respetable. Un público que o gañou logo de esa impresionante caida acompañada do tembleque previo. (Imaxe 4)
Dende eiquí so me queda dicir:
BRAVO MAESTRO!
Como vemos na (imaxe 2) o equilibrista tiña que sortear primeiro a paiaso Charly River e despois a un león adestrado para a ocasión co público expentante e mudo...
Peeeeeeeeero, pasou o que non tiña que pasar e o pé dereito do artista non foi quen de soportar a presión e foise de cheo o vacío (eso sí sen soltar a barra de equilibrio) (imaxe 3), mais...
cando parecía que todo estaba perdido, un Pazitos áinda aturdido pola caida oiu o sonoro e unánime aplauso de todo o respetable. Un público que o gañou logo de esa impresionante caida acompañada do tembleque previo. (Imaxe 4)
Dende eiquí so me queda dicir:
BRAVO MAESTRO!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)