xoves, 14 de xaneiro de 2010

Para días tristes, cancións cañeiras



Hoxe pídeme o corpo música cañeira, Eurotrance dos anos 90, quizais porque xa aburren tantos días de inclemencias meteorolóxicas ou quizais porque xa está cerca o fin de semana e o pasado foi de relax ou quizais porque onte sain de Riazor colorado coma unha fresa de tanto berrar e eufórico da xesta do Depor (aínda teño o sorriso na cara). O caso é que vos deixo esta canción de Unlimited Nation, "Move Your Body" para máis señas..., polo tanto, a bailar... a saltar... ou a facer o que máis vos guste a cadanseu.

Saudos

Ningún comentario: