mércores, 20 de xaneiro de 2010

Hoxe toca caña



O We will rock you de Queen é un himno da historia do rock, e se falamos da versión que executaron no estadio de Wembley aló polo 1986 poderíamos a dicir que seguramente ten máis forza e máis caña aínda que na versión orixinal. No estadio de Riazor, esta canción e este video póñeno xusto antes de cada partido no momento en que os xogadores van saltar ó céspede..., é coma un prolegómeno xenial co agallo de prepararse para o espectáculo que ven a continuación. Hoxe hai importantísimo partido de Copa do Rei que tanto nos está a facer soñar os deportivistas, a ninguén se lle escapa que quen máis e quen menos e visto que Barcelona, R. Madrid, Valencia e Villarreal xa non están en liza,pensa que se eliminamos o Sevilla temos moitas opcións de levantar título este ano. Por eso HOXE TODOS A RIAZOR PARA ALENTAR O DÉPOR!!!

FORZA DEPOR!!! A POR ELES

Ningún comentario: