mércores, 13 de xaneiro de 2010

Grandes recordos



Hoxe celébrase o partido de volta de oitavos de final da Copa do Rei que enfronta a Deportivo e Valencia no Estadio de Riazor.
Os camiños de estes dous equipos enfrontaronse o día do recordado e fatídico "penalti de Djukic" con infausto recordo para todos os deportivistas..., corría o ano 1994.
Un ano despois e logo da amarga experiencia de perder a Liga na derradeira xornada, no último minuto e de penalti, con uns xogadores do Valencia celebrando a "non consecución" da Liga por parte do Deportivo coma se lles fora a vida nelo (a vida non pero a os cartos da prima sí) o equipo de Arsenio tomouse pola súa man e do mellor xeito posible a súa venganza..., en xuño do ano 1995 o Deportivo chegaba a primeira final copeira da súa historia e o equipo rival era... o Valencia.
Os pupilos de Arsenio sairon co coitelo entre os dentes sabedores do moito que se xogaban e coñecedores de que o Deportivo merecíase un título polas excelentes campañas que estaba a facer..., un equipo humilde, unha cidade pequena, un presuposto ridículo comparado cos "grandes"... e na primeira metade Manjarín logo de roubarlle o esférico a Giner vatía a Zubizarreta poñendo o balón esquinado lonxe do alcance do porteiro internacional. Co 1-0 chegouse o descanso e a líbido e os nervos de todos os deportivistas estaba a flor de pel...
Na segunda metade o que parecía unha tarde soleada e de bochorno en Madrid tornouse nunha incrible tronada coa forte saraiba coma protagonista. Baixo a tempestade, Pedja Mijatovic tivo tempo para marcar o empate de falta, aproveitando o campo mollado e non dando opción a Paco Liaño a deter o lanzamento..., as vellas pantasmas do ano anterior aparecian outra vez no entorno branco e azul...
E así, uns minutos despois o colexiado visto a que estaba a caer decidiu suspender o encontro...
Os poucos minutos restantes xogaríanse 4 días despois noutra tarde soleada..., o pouco de reanudarse os minutos restantes, Manjarín recolle en banda esquerda un balón e logo de regatear a dous defensas lanza un centro a área que parecía que a defensa valencianista non ía ter problema en parar o ataque pero de repente, un anxel chamado Alfredo Santaelena apareceu da nada, fai un primeiro control co peito adiantandose a defensa e ante a saida de Zubizarreta remata de cabeza anticipándose e mandando o balón ó fondo da rede..., era o 2-1 e tan so quedaba defender e ter calma (algo moi difícil) para traer o primeiro título da historia da Coruña e de Galicia para a casa..., e así foi, o colexiado decretou o final e os membros deportivistas e os seus afeccioados explotamos de xúbilo, tanto no Bernabeu coma na casa ou no bar, era incrible, o Deportivo acababa de gañar un título, incrible!!! tan incrible coma a venganza, que din que se sirve fría para un Valencia que igual ese día douse conta que a actitude de celebración do ano anterior igual non estivera tan ben. Dende aquela, ambos equipos e ambas aficcións son enemigas, afortunadamente xamáis houbo que lamentar incidentes graves.

Hoxe é un bo día para volverse a vengar de aquel 94,de Djukic, de Arsenio, de Lendoiro e de tantos corazóns deportivistas que quedaron desolados e que non calmaron a pena ata 6 anos despois.

FORZA DEPOR

Ningún comentario: