xoves, 7 de xaneiro de 2010

E agora qué?


Rematou oficialmente o Nadal, e con él suponse que rematan tamén as boas intencións das persoas (porque parece ser que no Nadal é obligatorio ser bo aínda que o resto do ano te comportes coma un energúmeno eso non importa, o básico é ter boas intencións no Nadal); tamén rematan os excesos nas comidas, a febre das loterías, o gasto cada día máis esaxerado en alumeado conmemorativo das festas, as semanas partidas por festivos, as saidas ata altas horas en días pouco habituais para esta actividade..., e así un sinfín de cousas que podería seguir enamerando ata mañá.
Chega a costa de xaneiro, segundo din os críticos económicos "máis empinada que nunca" a causa da crise aínda que o meu parecer a verdadeira costa é a de decembro pois polo menos a nivel persoal os meus gastos son moi superiores o derradeiro mes do ano que acaba que o primeiro mes do ano que comeza. Tamén chegan as consabidas Rebaixas que moita xente agarda de maneira case enfermiza, a min se Deus quere estes días non me han de pillar por alí pois se algo non soporto é a aglomeración de xente, tampouco soporto as longas colas dos probadores a reventar que case tes que abrir os codos para pelexar con outros do teu igual para poder ter un sitio onde vas descubrir que aquelas 3 prendas que elexiche e polas que agardache máis de 30 minutos non che quedan tan ben como pensabas..., se por riba algunha te "semiconvence" volves a ter que agardar outros 30 minutos para pagar..., eu paso, négome, tolo sí pero tonto non!
Dame boas sensacións este 2010, veremos o que depara, agardemos que saude e felicidade para todos, se non é peor que o 2009 xa non será mala nova...
Saudos

Ningún comentario: