mércores, 23 de decembro de 2009

Felices Festas

Quérovos desexar de todo corazón a tod@s os que vos pasades por eiquí habitualmente ou de cando en vez que teñades unhas felices festas nas datas tan sinaladas que se aproximan. Ogalla poidades disfrutar de estes días coa vosa xente máis querida: familiares, amigos, parella..., etc, etc e de paso pedirlle a Papa Noel que se porte ben con todos vos que ben o merecedes (seguro que así ha de ser, non teño a menor dúbida).

Mañá é Noiteboa, un día dos máis festeiros en Sobrado xa que dende metade da tarde a xente xa comeza a facer as habituais rondas polos bares e cafeterías do pobo antes de ir cear. A tarde sempre está moi animada..., pero máis tarde de cear coas familias e de atiborrarse a comer, moita xente se anima a baixar a celebrar esta noite máxica tamén cos amigos (como non, pois son tamén parte importante da familia) de ahí que moitos locais abran as súas portas unha vez pasadas as 12 da noite para poder tomar uns xeos en vaso ancho (ou estreito dependendo do gusto).

A nivel particular debo dicir que é un día dos máis bonitos e especiais do ano para min porque o pobo vístese de un ambiente festivo unicamente equiparable a festa dos Dolores e iso é algo que me irradia felicidade. Ver Sobrado de festa rachada é unha sensación indescriptible e que só os que nacemos eiquí o pode entender(sería para facer un estudio pormenorizado da relación Sobrado: festa, eu penso que hai centos de anos algun rei pasou por Galicia e foi elixindo os mais marchosos e marchosas de cada lugar mandando crear un novo pobo que se chamou Sobrado, non sei se quizais porque de festa iban "sobrados").

O caso é que mañá e día grande, día de festa, de carallada, risas e añoranzas; dádelle leña ó marisco e o champán (a quen lle guste claro está), cuidado co turrón e as noces que igual os dentes e moas sufren algún que outro accidente, e o que lle toque conducir, moito coidadiño na estrada, ide amodo que os regalos van chegar igual.

O dito, felices festas, e vémonos o luns 28, Día dos Santos Inocentes e cumpleanos de Pitus para máis señas.

Sede bos!

P.D: mañá os non fumadores encenderemos o puro da paz, tamén chamado "lamparilla".

Unha aperta

4 comentarios:

pepetrola dixo...

Felicidades para vostede tamén, Don Víctor. ;)

E levas razón, en Nadal o pobo de Sobrado reluce cunha cor que de seguro é única.

Veña, felices festas e a ver se cun pouco de sorte nos atopamos estos días para fumarlle un puro da paz máis tomar un choio. :)

Saúdos

vero86 dixo...

O 24 e o 25 xa pasaron, pero... FELIZ NADAL A TODOS!!!!!!!
Desfrutade moito destas datas que non fixeron máis que comezar! ;)
Un bico e unha aperta!

Raquel dixo...

Feliz Navidad a todos/as!

A mí tb me gustan estas fiestas porque provocan encuentros estupendos tanto con familia como con amigos/as en los que siempre suele reinar el buen rollo. Este sábado todos/as los/as primos/as Freire-Tarrio nos hemos juntado para celebrarlo, y todos/as hemos tenido un recuerdo muy especial hacia vosotros/as y hacia Sobrado. Ese Rey que dices que pasó por Sobrado elegió representaciones de 'festeiros' repartidas por ahí, y en Bilbao se quedó 'a gusto!'.

Pasadlo muy bien en estas Fiestas!Aprovechad al máximo el tiempo con la gente que queréis y llenar la bateria para un nuevo año que seguro será estupendo.

Un abrazo!

Unknown dixo...

Pepe: a ver se nos vemos e tomamoslle un jarrillo home!

Vero: igualmente, que disfrutes a tope de estes días festivos.

Raquel: feliz navidad para ti y toda tu familia que sabes que aquí en Sobrado se le quiere y aprecia un montón. Os deseo todo lo mejor. Estoy seguro que en Euskal Herria hai una representación de "festeiros" de Sobrado amplia y de calidad suprema, doy fé!

BO NADAL A TOD@S