xoves, 10 de decembro de 2009

Con moitas "agallas"

Na noite de onte todos os que formamos parte do plantel do Pub Kemais que disputa a Liga de Salesianos da Coruña levamos a alegría máis grande no que levamos de competición; derrotamos ó ata onte líder invicto do Grupo II de 2ª División, o Vinoteca Confort. Un equipo o líder que foi moi superior a nós e que nos levou ó descanso derrotados física e anímicamente. No tempo de lecer perdiamos 3-0, e non dabamos visos de reacción. Dicir que a Vinoteca ten un bo plantel con un tal Alejandro (o seu número 14) que parece ser que xogou 8 anos en División Nacional de Plata (o que sería a segunda división de fútbol) e que nos troixo pola rúa da amargura, non so polo seu "hat trick" senón tamén polos seus amagos e regates que facían imposible quitarlle o esférico.
Na segunda parte reaccionamos, apelamos o orgullo, e o igual que as pocimas máxicas que tomaban Asterix e Obelix a auga que nos regalou amablemente o adestrador da Vinoteca Confort fixo en nós unha reacción moi positiva, e segundo ían pasando os minutos o marcador ía variando: 3-1, 3-2, 3-3, 3-4 e un 3-5 final que fixo que todos saltasemos de alegría cando soou o silbato que anunciaba o final do encontro..., eramos sabedores que acababamos de facer unha proeza e por riba sen dous dos nosos mellores xogadores, Esteban e Chino.
Hoxe o DXT Campeón pon como nova máis resaltable da xornada local na Coruña a nosa victoria sobre os líderes invictos da competición que nos aupan na segunda posición momentanea (en postos de ascenso) pero con un partido máis sobre o terceiro clasificado, a Cafetería Dino´s.

Noraboa o resto de compañeiros do Pub Kemais F.S.

Ningún comentario: