mércores, 11 de novembro de 2009

O "Toi" e o "Botiboing"

Hai xa dúas décadas, nun mundo onde os nenos conviviamos sen "playstations" nin "wiis", nin ordenadores portatiles, nin "tuentis" nin nada que se lle parecera tiñamos uns "amigos" inseparables que se chamaban "tois" e "botiboings".

Estos amiguiños imaxinarios proporcionabanolos as "dulcicalladas" que nesa época devorábamos axiña para saber que premio traian os Bollycaos e os Phoskitos.

Non houbo neno nin nena da miña época que non tivese pegado algún "Toi" na libreta, carpeta ou estuche, incluso algun/algunha na espalda (quizais víctima do bromista de turno). O "Toi" foi unha febre o igual que no seu momento foron os cromos de fútbol, e todo o mundo coleccionaba e cambiaba os "repes", teño lenes recordos de que o "Toi pescao" era moi difícil de conseguir, digamos que rareaba, e todo aquel que conseguia o prezado adhesivo recibía aquela cariñosa frase de: "jo, que chorraaaaaaaaaaaaa". A febre do "toi" chegou a ser tal que incluso se chegaron a facer camisetas e suadoiros co lema de "toi", sen duda que foi un bichiño emblemático.
Os botiboings formaron parte importante tamén dos nenos daquela época era o producto regalo de Phoskitos, tratabase dunhas gomiñas de material flexible que se doblaban, poñíanse sobre unha superficie dura e nuns poucos segundos saltaban. Eran tamén estrelas nas clases, e máis de un profesor nos ten restrinxido a entrada destes elementos voadores ou ben confiscárnolos directamente. Recordo facer competicións de a ver que botiboing saltaba máis entre os compañeiros. Os botiboings, o igual que os aparellos que van moi usados, conforme ía pasando o tempo ían perdendo forza e había que facer "plan renove" para poder seguir competindo dignamente sen ser o neno ó que o seu botiboing quedaba de último naquelas apaixoantes competicións. Logo outros tipos de productos quitaron imitación dos botiboings pero nada coma os orixinais de Phoskitos.

Se a maioría dos que ledes esto buscades no baul dos recordos das vosas casas seguro que aínda atopariades un adhesivo de "toi" ou un "botiboing" metido no seu peche de plástico listo para usar. Son obxetos que por insignificativos que parezan, marcaron unha parte importante da nosa infancia.

Ningún comentario: