xoves, 5 de novembro de 2009

Novo disco de Barricada con temática da Guerra Civil

Un dos grupos máis grandes de rock que deu este país, Barricada, ven de quitar novo disco que se titula "La Tierra está Sorda" e que basa a súa temática na Guerra Civil Española. Entrei en www.barricada.com.es e traducín ó galego o resumo que na propia web se fai do novo álbume.

La Tierra está Sorda
Tras case tres anos de xestación, La Tierra está Sorda (Warner Music 2009), ve por fin a luz logo de un apaixoante percorrido que levou a Enrique Villarreal "O Drogas", a sumerxirse nas entranas da historia, ler decenas de libros e visioar outros tantos documentais, recabar numerosas testumuñas vitais e empaparse ademáis das ruinas aínda visibles de aqueles lugares onde un día a dor fixo da senrazón humana a súa máis clarividente extensión. La Tierra está Sorda, moito máis que un traballo discográfico, é a exploración de un pasado enterrado e desterrado, unha viaxe conmovedora alentada nunha constante alfombra de vágoas e rabia.
Macerado e condensado en 67 entrelazados minutos, para entender este disco o traballado libreto supón o punto de partida desde o que explicar e introducir cada composición, que entre historias persoais, "Hasta siempre, Tensi" ou "Es una carta", e denuncias xerais, "Sotanas" ou "Los Maestros", alberga a súa pedra angular na triloxía Ezkaba e a doble semente recollida de La Voz Dormida, de Dulce Chacón. Referencias históricas e emocións persoais, desvestidas na crudeza de unha realidade tallada no sufrimento, conciben na súa conxunción un álbume de longo percorrido, de tensión interpretativa e envolvente emotividade, que nos levan dende a acústica ata o ritmo salvaxe, unha nova dimensión a que Alfredo, Boni, Ibi e Drogas son capaces de transportarennos a través de unha obra conmovedora desde a primeira ata a última nota, desde o primeiro ata o último renglón de unha torta historia que xamáis debiu existir, pero, sobre todo, que xamáis deberá olvidarse.
Ten moi boa pinta este novo álbume, en breves tereino no meu poder. Saudos musicais.

Ningún comentario: