martes, 13 de outubro de 2009

Italia: qué experiencia!

(Imaxe de Poggio Bustone dende a capela de San Francesco)
Xa estamos de volta e vimos coa cara de satisfacción que che da coñecer preciosos lugares, facer un Irmandamento tan belo coma o que tivemos o Concello de Sobrado e o Concello de O Pino con Poggio Bustone na provincia de Rieti (agora teremos actividades conxuntas) e o mellor de todo, coñecer a unha xente que nos tratou coma se nos coñecesen de toda a vida e que tiveron unha atención con nós digna de ser admirada.
Poggio Bustone é unha pequena "comune" do centro de Italia de 2.200 habitantes situado a uns 100 kilometros de Roma, un concello pequeno coma o noso onde todos os habitantes se coñecen e te fan sentir coma na propia casa. Asentado na falda de unha montaña que na súa cima acada os 1800 metros de altura con respecto ó nivel do mar non difire moito da paisaxe rural galega.
Foron moitas as experiencias que vivimos e moitos os lugares que visitamos ademáis de "convivir" por unha semana en Poggio Bustone: Rieti, Asís (un lugar máxico), Roma, Terni..., paisaxes belas, monumentos únicos e unha natureza que axuda a que todo sexa aínda máis fermoso: natureza, arte e historia unidos para formar unha zona (a do Lazio) que sen lugar a dúbidas merece moito a pena.
Recibironnos con unha festa: a 59ª Sagra della Porchetta (Cochinillo asado) e despedironnos na noite do venres con unha festa sorpresa logo de cear: unha charanga tocou para nos e a carretera quedou literalmente cortada con todo o pobo de Poggio Bustone e a representación galega bailando sen parar o son da música.
O acto central de "Irmandamento" tivo lugar o mércores pola mañán e logo das verbas de Esteban como representante do Concello de Sobrado tocoume a min como técnico de Turismo resaltar as cualidades do noso Concello, a verdade é que o principio non é fácil cando ves que cámaras de televisión te están a grabar, cámaras de fotos apuntante e eres centro de atención do salón de actos do concello baixo a vixilancia da bandeira italiana, da europea e da española..., (a verdade que "acongoja" ver o que representas nese momento, na súbida dende o hotel ata a casa consistorial, uns 2 kilómetros, bandeiras españolas e italianas danzando o son do vento, nese momento daste conta que vas asistir a un acto que pode marcar o futuro dun lugar, dun pobo, de unha zona e que seguro que ha de ser moi positivo no devir dos vindeiros anos) pero segundo avanza o acto os nervos vanse calmando sabendo que está a chegar o fin da exposición e que axiña se proxectará un video do noso municipio. Un video que por certo gustou moito as autoridades italianas e que cando visiten o noso territorio poderanas ver in-situ. Agardamos darlle unha acollida tan calurosa coma a que alí nos brindaron.
Quero agradecer a esta maravillosa xente italiana: Staffania, Emilio, Angelo, Andrea, Francesco, a xente da Asociación Pro Loco de Poggio Bustone e en especial a Flora (que comezou sendo a nosa traductora e que en apenas 1 día se convertiu en nosa amiga) o seu bo facer para con nos. Estamos desexando xa que veñan a Galicia para comezar a traballar xuntos e amosarlles as nosas maravillas (que tamén as temos e moitas).
Tamén quero resaltar que coñecimos a Ana e Raquel (técnicas de cultura e turismo respectivamente do Concello de O Pino e que a verdade é que son unhas rapazas excelentes).
Destacar o bo comportamento do alumnado de relixión do Instituto de Melide que tiveron a función de vir apoiar este acto ademáis de compartir convivencia e que a verdade é que responderon con creces non creando nin un so problema e portandose de maneira moi educada en todo momento: un 10 para tod@s.
P.D. teño case 300 fotos polo que sería imposible poñelas eiquí, polo tanto están todas descargadas en Facebook, os que desexedes velas agregademe sen ningún problema.
Grazas pola vosa atención.
Saudos


9 comentarios:

Raquel dixo...

Hola Lato!

Ya me he enterado de lo del viaje a Italia! Cubierta la curiosidad! Qué guay no? a ver si los/as italianos/as van tb a Sobrado para darle un toque de color!Una experiencia chula, no? qué cosas más interesantes se hacen desde el Ayto.! Me encanta saber que tú y Esteban representáis al Concello en el 'extranjero'. Es una buena representación, tenéis........presencia, saber estar, habilidades sociales, don de gentes...en fin, perfecto!
Ei! y esos chavales/as de Melide.......vaya boleto! ojalá me hubiera tocado a mí, de estudiante, embarcarme en una historia de estas! como pa'no portarse bien!

Que siga habiendo cosas de estas...es bueno pa'l pueblo! Me encantaría ver ese video que pusisteis!

Un abrazo.

vero86 dixo...

Agora entendo!! Esto máis que vacacións, foi unha viaxe institucional!! jaja
que guay! que envexa!!

Unknown dixo...

Raquel: si Dios quiere los italianos vendrán en 2010 (aún no está confirmado el mes) y trabajaremos de forma conjunta en busca de unos objetivos comunes. Gracias por el apoyo mostrado. El vídeo a ver si tengo manera de mostrartelo, dura unos 15 minutos y yo creo que merece mucho la pena.

Vero: estás no certo, a viaxe foi institucional marcada por un acto central de convenio entre concellos, pero ademáis tamñen tivemos visitas guiadas a diferentes puntos do centro de Italia que dende eiquí lle recomendo a todo o mundo que poida que os visite porque merecen moito a pena.

Saudos.

lorena dixo...

me lo pase mu bien kon vosotros,soys todos geniales....y aora.....os exo de menosssss.jeee

bsiños a todos

vero86 dixo...

daquela xa teño apuntado mentalmente outro proxecto de viaxe... non hei dar feito!! teño que visitar taaaantos sitios...

Unknown dixo...

Lorenniiiiiiiiiiii, jajajaja. Qué risas!

Vero: se che gusta viaxar, os lugares que propoño penso que non te van defraudar.

Saudos.

vero86 dixo...

A min encántame ir ver sitios novos, a donde sexa. Se non o fago máis é porque non podo jeje, que se por min fóra... non paraba!
Teño unhas ganiñas de volver ás Canarias... aisss

Unknown dixo...

De Canarias coñezo as illas de Santa Cruz de Tenerife e a Gomera. Teñolle gañas a Lanzarote e Fuerteventura. Saudos.

vero86 dixo...

Pois eu ó revés!! Xustamente as que visitei foron Lanzarote e Fuerteventura! jeje Encantáronme!
E agora téñolle ganas a Gran Canaria e Tenerife...