martes, 13 de outubro de 2009

Derradeiros coletazos do Sobrado On Tour 2009

O Sobrado On Tour 2009 está chegando o seu fin e hoxe terá unha das derradeiras citas da tempada en Folladela (Melide). Alí está preparada unha gran festa como remate as festas na honra a Virxe do Pilar desta parroquia melidense. O cartel firmaríano moitos grandes pobos galegos:

FANIA BLANCO SHOW
PANORAMA

Unha expedición sobradesa desplazarase ata Folladela (14 kilómetros non son nada) para disfrutar e poder ver unha das derradeiras actuacións de Irene con Panorama xa que para a vindeira tempada pasa a formar parte da orquestra Marbella. Por certo, ollo co plantel de músicos que está a formar Marbella, a orquestra dirixida por Víctor xa ten fichado ademáis de Irene, a Christie (ex-Olympus) e Yosvel (ex-Philadelphia e París de Noia) entre outros..., sen lugar a dúbidas Marbella vai ser unha das sensacións da campaña orquesteira 2010.

Saudos.

Ningún comentario: