venres, 30 de outubro de 2009

Sobran as palabras

Estaba claro que o ridículo máis grande da historia do fútbol actual non ía ser pasado por alto para os bromistas e xa está a circular pola internet todo tipo de bromas e mofas para os seguidores madridistas.
Das que vin esta é a que se leva a palma..., que mala uva...

mércores, 28 de outubro de 2009

A humillación futbolística máis grande

Crea tus propias portadas en soyportada.comCrea tus propias portadas en soyportada.com

O que onte puidemos ollar no partido de Copa do Rei Alcorcón 4 - Real Madrid 0 parece o guión quitado de unha película americana onde o pequeno e torpe se come o grande e habilidoso.
O partido de onte quedará nos anais da historia como a humillación futbolística máis grande que se recorda xamáis. Un equipo pequeno de 2ªDivisión B, onde os seus xogadores son semiprofesionais e non viven so do fútbol merendouse (e non digo gañar, que eso xa o fixeran outros) literalmente o Real Madrid "dos 250 millons de euros invertidos en fichaxes" con unha goleada de escándalo que puido ser aínda máis grande se o equipo marelo chega a estar máis atinado. Certo é que os merengues tamén tiberon opcións de marcar pero o porteiro Juanma encargouse de evitalo.
De verdade que o xogo de onte do Alcorcón foi de auténtico luxo, xamáis se votou atrás e foi co coitelo entre os dentes a por máis goles. Un baño en toda regla.
Tachar, borrar e denunciar unha vez máis e xa van non sei cantas a actitude de un Guti impotente, que cada vez que as cousas van mal emprendea e empurros e a insultos cos seus rivais e con un prepotencia que deixa ben as claras a impotencia de este "energúmeno". Sen lugar a dúbidas leva moitos anos sendo o futbolista máis maleducado a nivel mundial e con 32 anos non ten moitas pintas de cambiar.
Agora faime gracia que todas as culpas son de Pellegrini, o Marca e a prensa madrileña en xeral xa se está encargado de querer votar ó chileno. Unha prensa que non aprende e leva nos fuciños unha e outra vez. A semana pasada daban o Barcelona por morto cando empatou con todo un Valencia que non é manco e perdeu co Rubin Kazan en Champions League (nin que os xogadores blaugranas non fosen humans e puidesen ter días mellores a peores), a contestación dende o Camp Nou fíxose da mellor maneira posible: con un 6-1 ó Zaragoza en Liga. En xullo ían ser campións de todas as competicións queréndose comparar coa campaña anterior que fixera o F.C. Barcelona e non se dan conta que os cataláns xa teñen o equipo feito, que non teñen xogadores do montón coma Marcelo, Drenthe, Albiol, Metzelder, Guti ou Diarra e que en Concha Espina xamáis hai estabilidade, nin social, nin deportiva. A prensa segue a ter moito que dicir na dirección do equipo e así as cousas van como van..., que sigan vendendo glamour, que sigan sendo o mellor equipo económicamente falando pero a final de tempada o que lles importa os afeccioados e socios é o bo xogo e sobre todo (non nos imos enganar) os resultados.

Toca reflexionar...

martes, 27 de outubro de 2009

Porra de fútbol


Para que os lectores interactuen un pouco máis neste blog ocurriuseme a idea de facer unha porra de fútbol semanal acertando 4 resultados (non vai estar doado xa que o premio non mo regalan..., jajaja). Tedes que poñer os resultados, o voso nome e un correo electrónico para estar en contacto. Os acertantes que houbese terán un premio sorpresa.

* Se non acertades todos os resultados non vos preocupedes, pois sumaranse os resultados acertados cada fin de semana facendo unha clasificación, e o que gañe a clasificación final terá un "gran regalo de fin de tempada". Animádevos a participar.

Estes son os encontros da primeira porra:

Real Club Deportivo - Real Sporting

C.C.D. Curtis - Atl. Sobrado Xuventude

R. Madrid - Getafe C.F.

Atl. Osasuna - F.C. Barcelona

QUE HAXA SORTE!!!




Primicia



O Rei de España xa grabou a habitual mensaxe de Noiteboa para o ano 2012, votadelle unha ollada a ver que vos parece...

luns, 26 de outubro de 2009

A pregunta da semana


Está moi claro que cando se colle a boa racha en calqueira faceta da vida, aparece unha alegría tras outra: Óscar e Mary foron pais a semana pasada, Pirulo e María serano tamén dentro de uns meses..., que outra parella de Sobrado será tamén papás dentro de uns 5 meses?

Noraboa a tod@s

venres, 23 de outubro de 2009

Findeeeeeeeeeeeeeeeeeee




Música cañeira de Master Blaster e o seu tema "Come Clean" para animar este comezo de fin de semana. Que o disfrutedes!

xoves, 22 de outubro de 2009

Eugenio, "o xenio" dos chistes



Xa hai algúns anos que deixou de estar entre nos pero o humorista catalán Eugenio, para min o mellor humorista que dou o pais deixounos algúns chistes imborrables dándolle o seu toque persoal. Inconfundible o seu estilo: sentado nun taburete, fumando e co zumo de laranxa a súa dereita (ou era un combinado?). Deixovos eiquí un dos seus chistes máis coñecidos "O da Estepa", un chiste no que a min non me fai rir solo o final, senón toda a interpretación que sen lugar a dúbidas é sublime.

Que grande era Eugenio!!!

mércores, 21 de outubro de 2009

Parabéns a Óscar e Mary

Na tarde de onte saltaba unha gran nova no entorno de Sobrado. Óscar e Mary por fin foron pais. Dende eiquí quérolle dar a miña máis sincera noraboa. Rapaces, agora xa sabedes..., chega a época dos pañales..., jajaja.

Bicos e abrazos.

Buraka som Sistema, temazo!



Hai apenas unhas horas que descubrín esta canción e pareceme un temazo impresionante. De estas cancións que a primeira vez que as escoitas daste conta que vai triunfar. Penso que non me vou equivocar. Ten moita forza... disfrutadea.

martes, 20 de outubro de 2009

O artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón,de cumpre

Crea tus propias portadas en soyportada.comCrea tus propias portadas en soyportada.com

34 aniños o contemplan dende hoxe, aquí o tedes nunha foto de arquivo. Segundo palabras textuais di que "cumpre máis anos que Cristo"..., duras declaracións de O Múxico. Seguro que hoxe o cumpleanos celebrarase por todo o alto.

A disfrutar figura!

luns, 19 de outubro de 2009

A pregunta da semana

Quen vai celebrar por todo o alto que tras longos e duros meses de espera por fin lle chegou un bolso que tiña encargado?

00659, insistimos


Dende que formamos parte da Comisión de Festas Sobrado 2007: Lisardo, Pazitos, Calvete, Manolo, Javier e un servidor xogamos cada ano na Lotería de Nadal o número que tivemos a venda nese inolvidable ano: 00659; un número doado de lembrar e que nos 2 últimos sorteos tivémolo que importar de fora de Galicia pois non estaba a venda na nosa comunidade. Hoxe chegaron a miña casa 8 décimos procendentes de unha das Administracións de Lotería máis coñecidas de España: Doña Manolita, ubicada na Gran Vía madrileña.
Constame que aínda hai décimos de este número a venda así que se o desexades buscadeo na web da Organización Nacional de Loterías www.onlae.es e pedideo. Non vaia ser que o día 22 de decembro en canto saia premiado co "Gordo" o 00659 vos acordedes que caeron 2.400.000 € en Sobrado a uns rapaces que foron da Comisión hai un par de anos.

Saudos.

venres, 16 de outubro de 2009

Hoxe homenaxe a un "grande" do dance



Chega o venres, e como levo toda o día con esta canción na cabeza pois eiquí a tedes. Ultimamente dáseme por recordar cancións que xa teñen uns anos..., esta concretamente 8. O gran dj italiano Gigi D´Agostino creou no ano 2001 está canción con un ritmo pegadizo e un título en frances dificil de pronunciar: "L´Amour Toujours".

Que a disfrutedes, boa fin de semana.

xoves, 15 de outubro de 2009

O verme sempre está ahí


Pasaron 8 longos anos dende que me plantexei deixar o fútbol sala federado por mor de que unha rodilla me daba bastante a lata. O fútbol e o fútbol sala sempre foron 2 das miñas paixóns e sempre que vexo os amigos xogar sinto envexa sana deles de ver como disfrutan sobre o terreo de xogo. Está claro que como espectador tamén se disfruta, pero de outro modo.
Pois ben, logo de falalo entre un grupo de amigos este ano conformamos un equipo para xogar en 2ª división da Liga Federada de A Coruña (Salesianos). Chegamos o equipo Esteban, Pirulo, Chino, Diego e eu para intentar axudar ó equipo que xa conformaban Cachi, Alvaro, Pichi, Diego o Gemelo e Víctor Gómez. Xa van dous partidos disputados e por motivos de viaxes eu aínda non debutei. O primeiro partido gañaose 4-0 e o no segundo acadouse un empate a 4 goles. Está claro que o verme de xogar sempre está ahí polo que hoxe é un día diferente pois logo de tanto tempo sen participar en competición federada volto os terreos de xogo coa ilusión de un principiante. Seguro que as primeiras xornadas me costará adaptarme pero confio en que pouco a pouco a cousa vaia indo ben e que todo o plantel disfrutemos enormemente de este belo deporte.

Saudos.

mércores, 14 de outubro de 2009

A pregunta da semana


A quen lle ofreceu un encargado da empresa italiana Aqua ser o representante da marca en España?

martes, 13 de outubro de 2009

Derradeiros coletazos do Sobrado On Tour 2009

O Sobrado On Tour 2009 está chegando o seu fin e hoxe terá unha das derradeiras citas da tempada en Folladela (Melide). Alí está preparada unha gran festa como remate as festas na honra a Virxe do Pilar desta parroquia melidense. O cartel firmaríano moitos grandes pobos galegos:

FANIA BLANCO SHOW
PANORAMA

Unha expedición sobradesa desplazarase ata Folladela (14 kilómetros non son nada) para disfrutar e poder ver unha das derradeiras actuacións de Irene con Panorama xa que para a vindeira tempada pasa a formar parte da orquestra Marbella. Por certo, ollo co plantel de músicos que está a formar Marbella, a orquestra dirixida por Víctor xa ten fichado ademáis de Irene, a Christie (ex-Olympus) e Yosvel (ex-Philadelphia e París de Noia) entre outros..., sen lugar a dúbidas Marbella vai ser unha das sensacións da campaña orquesteira 2010.

Saudos.

Italia: qué experiencia!

(Imaxe de Poggio Bustone dende a capela de San Francesco)
Xa estamos de volta e vimos coa cara de satisfacción que che da coñecer preciosos lugares, facer un Irmandamento tan belo coma o que tivemos o Concello de Sobrado e o Concello de O Pino con Poggio Bustone na provincia de Rieti (agora teremos actividades conxuntas) e o mellor de todo, coñecer a unha xente que nos tratou coma se nos coñecesen de toda a vida e que tiveron unha atención con nós digna de ser admirada.
Poggio Bustone é unha pequena "comune" do centro de Italia de 2.200 habitantes situado a uns 100 kilometros de Roma, un concello pequeno coma o noso onde todos os habitantes se coñecen e te fan sentir coma na propia casa. Asentado na falda de unha montaña que na súa cima acada os 1800 metros de altura con respecto ó nivel do mar non difire moito da paisaxe rural galega.
Foron moitas as experiencias que vivimos e moitos os lugares que visitamos ademáis de "convivir" por unha semana en Poggio Bustone: Rieti, Asís (un lugar máxico), Roma, Terni..., paisaxes belas, monumentos únicos e unha natureza que axuda a que todo sexa aínda máis fermoso: natureza, arte e historia unidos para formar unha zona (a do Lazio) que sen lugar a dúbidas merece moito a pena.
Recibironnos con unha festa: a 59ª Sagra della Porchetta (Cochinillo asado) e despedironnos na noite do venres con unha festa sorpresa logo de cear: unha charanga tocou para nos e a carretera quedou literalmente cortada con todo o pobo de Poggio Bustone e a representación galega bailando sen parar o son da música.
O acto central de "Irmandamento" tivo lugar o mércores pola mañán e logo das verbas de Esteban como representante do Concello de Sobrado tocoume a min como técnico de Turismo resaltar as cualidades do noso Concello, a verdade é que o principio non é fácil cando ves que cámaras de televisión te están a grabar, cámaras de fotos apuntante e eres centro de atención do salón de actos do concello baixo a vixilancia da bandeira italiana, da europea e da española..., (a verdade que "acongoja" ver o que representas nese momento, na súbida dende o hotel ata a casa consistorial, uns 2 kilómetros, bandeiras españolas e italianas danzando o son do vento, nese momento daste conta que vas asistir a un acto que pode marcar o futuro dun lugar, dun pobo, de unha zona e que seguro que ha de ser moi positivo no devir dos vindeiros anos) pero segundo avanza o acto os nervos vanse calmando sabendo que está a chegar o fin da exposición e que axiña se proxectará un video do noso municipio. Un video que por certo gustou moito as autoridades italianas e que cando visiten o noso territorio poderanas ver in-situ. Agardamos darlle unha acollida tan calurosa coma a que alí nos brindaron.
Quero agradecer a esta maravillosa xente italiana: Staffania, Emilio, Angelo, Andrea, Francesco, a xente da Asociación Pro Loco de Poggio Bustone e en especial a Flora (que comezou sendo a nosa traductora e que en apenas 1 día se convertiu en nosa amiga) o seu bo facer para con nos. Estamos desexando xa que veñan a Galicia para comezar a traballar xuntos e amosarlles as nosas maravillas (que tamén as temos e moitas).
Tamén quero resaltar que coñecimos a Ana e Raquel (técnicas de cultura e turismo respectivamente do Concello de O Pino e que a verdade é que son unhas rapazas excelentes).
Destacar o bo comportamento do alumnado de relixión do Instituto de Melide que tiveron a función de vir apoiar este acto ademáis de compartir convivencia e que a verdade é que responderon con creces non creando nin un so problema e portandose de maneira moi educada en todo momento: un 10 para tod@s.
P.D. teño case 300 fotos polo que sería imposible poñelas eiquí, polo tanto están todas descargadas en Facebook, os que desexedes velas agregademe sen ningún problema.
Grazas pola vosa atención.
Saudos


venres, 2 de outubro de 2009

Ata a volta

Mañá as 13.30 horas embarcamos rumbo a Italia dende o aeroporto compostelán de Lavacolla, polo que o longo de estes días o blog estará parado. Agardo que o pasedes todo moi ben e xa vos contarei á volta como foron as experiencias.

Grazas por estar ahí.

Saudos.

xoves, 1 de outubro de 2009

Dolores 2009: domingo, broche de ouro (cando os espectadores foron os músicos)

Foto moi importante no devir da noite
Mecano xa ten nova formación

Futbolín sen bola, un novo xogo inventado en Sobrado


Fernando García a la batería... de Jerusalén: crack!!!



Gelito: Voz e Nando: Batería interpretando "Dolores se llamaba Lola, Versión 0.9"




Eu traioooooo, unha borracheiraaaaa, Pazitos, que auga non bebo mira, eh!



O luns á tarde improvisouse unha "terraciña" na parte superior do posto de churros






Bo Quinteto...







Olé Olé con Marta Sánchez (foto de archivo)








Dirty Dancing









Marcha, marcha, queremos marcha, marcha...











Un 70% de lectores prefire os nomes simples os compostos


Corren malos tempos para os nomes "de culebron" ou compostos, como vos queirades. A enquisa do mes de setembro reflicte que un 70% dos lectores de este blog prefire os nomes únicos os compostos. 17 votos a favor dos nomes únicos e 7 votos a favor dos nomes compostos é o resultado definitivo.
Grazas a tod@s por participar na enquisa.
Axiña a do mes de outubro